-Baixada ou eliminación de peaxes que se triplicaron nos últimos anos.
- Baixar os combustibles entre os máis caros do estado.
-Subir soldos e pensións: os máis baixos de España.
-Baixar o custo da electricidade galega: a máis cara de España nunha comunidade produtora de enerxía e que hipotecou ríos encoros, monte e natureza en xeral para xerala.
-Desprivatizar e mellorar a sanidade.
- Crear unha rede ferroviaria de cercanías da administración galega como hai en Euskadi, Madrid e Cataluña.
- Construír máis centros da terceira idade de prezos asequibles.
- Non intentar distorsionar con axudas o libre mercado: o mercado aeroportuario, de cruceiros ou os festivais musicais.
- Libros, taxas ou matrículas de balde para o terceiro fillo? Quén é o superheroe que ten en Galicia un terceiro fillo?
-Que o goberno galego abandone a tutela: política e ideolóxica dos medios públicos galegos e dos privados tamén.
-Que a Xunta pule porque quede en Galicia toda esa xeración ou xeracións de mozos galegos universitarios e con gran formación e que non atopan en Galicia traballos decentes sen soldos ridículos.
- Un goberno responsable que afronte os problemas, non eluda responsabilidades e afronte consecuencias que non estea botando sempre a culpa ós demais.
- Unha política seria contra os lumes: de xaneiro a novembro e non só contratando avións e brigadas en agosto.
-Protexer o noso sector agrario e mariñeiro. Blindar o prezo do leite, da pataca ou os cítricos do país . Mimar o sector.
- Favorecer un turismo intelixente que deixe cartos no país e non potenciar unha ocupación desmesurada que apenas deixa cartos e que estraga o medio.
-Baixar os impostos e as matrículas da universidade.
- Máis garderías con horarios máis amplos e prezos máis baratos.
-Clara aposta pola cultura, a creación, o cinema e o téxtil do país.
-Eliminación dos impostos ás herdanzas e transmisións.
-Apoiar ó rural galego cuxos habitantes resisten teimudos en moitos lugares sen apenas servizos.
- Mellorar os contratos no SERGAS, non con contratos dun ano, senón polo menos de cinco ou indefinidos.
Preséntate ás eleccións. Contas co meu voto!!
ResponderEliminarBicos
Eso es mucho pedir,con que cumplan con alguno nos conformaremos.
ResponderEliminarSaludos
Puri