domingo, 11 de enero de 2015

Miss Matamá

Ola son Miss Matamá. Nacín nesta mítica parroquia, famosa polo seu churrasco.Agora vivo no Calvario, en Merlo's Place;) un lugar axeitado para unha diva coma min. Vou de moderna, aínda que para moitos non o son.O pelo cardado, as mechas, o animal print e o veludo son os meus outfits favoritos. Non perdo ningunha das feiras da contorna, vivo no Lefties e no Berska, aínda que molaban måis cando tiñan mūsica.O ano pasado tiven unha crise existencial.Deixei de usar o pote de sempre e paseime a BBCream. A desgracia foi cando naperruquería me dixeron que non se podía usar sen "prebase"... ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario