Semella que moitas grandes fortunas da cidade buscan acubillo fóra das nosas fronteiras e o tráfico offshore en Vigo xa non é só por vía marítima.
Esta semana xulgouse nos xulgados vigueses unha suposta estafa que podería afectar aos apelidos máis senlleiros da nos cidá* ,eses que se escriben con "de"ou con guión.
O asesor fiscal da Praza de Compostela supostamente quedábase cos cartos que tiña que agochar en paraísos fiscais.O negocio pode ser redondo,porque quén denuncia que ten cartos en negro e que os quixo depositar noutro país.Os alicerces de Club de Campo ou do Marítimo de Canido poderían estar a tremer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario