viernes, 31 de marzo de 2017

Os días vigueses de Víctor Freixanes

Que sí, que sí, que Víctor Freixanes tamén vivíu en Vigo, coido que foi nos oitenta. Vivíu no que podería ser o noso barrio das letras, case no mesmo cuarteirón en que viviron logo Agustín Fernández Paz e Ramiro Fonte. Daquela traballaba en Xerais. E facía algo de vida de barrio. O seu fillo Denís estudou no García Barbón. A escasos metros da casa en que vivían en Rosalía de Castro entre o Gadis de agora e a Parroquia do Sagrado Corazón. Daquela xa existía a librería Gami,e Denís que aínda era un neno, refocilábase polos trinques limpando a merda toda,ata que a súa nai lle dicía: Denisiño, porcallón!Pero isto ocorreu xa hai ben de tempo.

4 comentarios:

  1. Era xerais. De alí pasou a anaya en Madrid, e co tempo chegou a galaxia, pero xa vivindo nos arredores de Santiago.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, tamén coñecemos á profe que Denis tivo no García Barbón...

    ResponderEliminar
  3. Ah, Grazas Raquel agora o cambio!Tes razón en Xerais do 89 ó 93 e tras morrer Casares debeu estar un tempo en Galaxia no 2002. E sobre dona Pepita que tanto ensinou a Denís haberá que escribir outro post!

    ResponderEliminar