miércoles, 10 de septiembre de 2025

Os últimos do wolframio…

Este é Antonio Penas naceu en Vila de Cruces e reside en Mos ten preto de oitenta anos . Con quince anos andou ó wolframio nas xa míticas minas de Fontao, o seu xefe aínda vive alí don Amable que se fixo cargo da electricidade das minas. Convídanos a ir canda el a velas minas e o vello poboado. O seu pai morreu de silicose. O Wolfram provocou en Galicia algo así como a febre do ouro.Os cartos abondaban e había xente que liaba os cigarros con billetes. O contrabando era habitual neste mundo. Antonio traballou tamén nas obras do Rebullón cando se converteu nun psiquiátrico.E tamén na construción do polígono de Coia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario