Vistas de página en total

jueves, 15 de octubre de 2026

África, os nosos fillos, o cancro e nós…

Queixámonos aquí no primeiro mundo: qué plastas cos cribados, non me puxeron a epidural! Pero non sabemos a sorte que temos de momento. Non falo de política pero sí vou falar de Cuba e do Sáhara, alí viven mulleres coma nós pero que non teñen as nosas facilidades. Por iso un marabilloso equipo de voluntarias anda estes días polo Sáhara comandado por Natalia Porto Isla e profesionais do Hospital Clínico de Santiago. Traballarán coas matronas dos campamentos saharauís que axudan a parir en condicións extremas para garantir a seguridade de nais e naipelos e previr secuelas. Tamén reciben o apoio da xinecóloga cubana do Hospital de Rabuni,María Ofelia. Axudan e educan as futuras nais durante o embarazo, parto e postparto vivindo nun campamento. A educación e os cribados de cancro de cérvix son outra das actividades, e tamén clases para previr as hemorraxias obstétricas e a reanimación neonatal. Unha iniciativa marabillosa na que está como non, Maite Isla, presidenta de SOGAPS. E como todas as grandes historias alí temos a unha gran xornalista amiga nosa empotrada neste proxecto e que está disposta a contarnos máis: Natalia Fernández de Vigo al minuto. O evento denominouse Congreso Internacional Materno Infantil de Cooperación Hispano Cubana-Saharauí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario