Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta historias de familia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historias de familia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de julio de 2017

Un Malvido menos

Na nosa familia non somos de morrer cedo, mórrese pouco, tarde e mal, non temos présa para encetar esa viaxe de non retorno;pero ás veces ocorre. Para nós morrer é algo de bastante mal gusto.
Hai case dous anos pasou e onte volveu pasar.
Son vidas longas como a do primo cura da miña nai, que casou a toda a nosa familia, menos os que estamos solteiros.
Miña nai adoraba a aquel curmán que tivo unha vocación clara e temperá.Unha gran paixón polos libros e pola alta cultura en xeral, que non esquecía ningún dos nosos aniversarios. E que tamén tivo paixón polo militar( cadaquén ten as súas afeccións).
O caso é qu desde onte, aínda que non nos toque moi de preto, somos un de nós menos!

domingo, 10 de noviembre de 2013

O Cable inglés de meu pai

O meu pai que ten hoxe oitenta e tres anos traballou no Cable Inglés de Vigo. Apenas seis anos entre o 49 e o 55 supoño. Porén foi unha experiencia que o marcou. Sempre fala diso: dos ingleses, do "revirados" que son. Da férrea disciplina, das broncas que lle metían. E de como o deixou para poder estudar. Acaba de saír un libro que puxo a nosa casa do revés. " O mundo vía Vigo". O Vigo do Cable Inglés, de José Ramón Cabanelas. Tiñamos que ter actuado antes, meu pai deixou aquilo o máis tardar nos 60, sen se decatar de que "aquilo" era un "niño" de espías e "vendettas". O ruxe-ruxe do libro era un segredo a voces: no faro saía día sí e día non que Cabanelas andaba tralo rastro do Cable Inglés: e alí atopou a Skinner, ós Merino ou a Serafín Otero... á viúva do mítico míster Mann adourado en moitas esferas sociais viguesas e a moitos máis. Quixen levalo a presentación do libro pero un ataque de melancolía nolo impediu. Que menos que mercarlle o libro e poñelo en contacto co autor. E alí, no libro, estaban todos: os seus compañeiros de "chollo" moitos deles vivos o Serafín Otero, o Staton e outros máis... Meu pai non se parece a min, é un home metódico e ordenado que garda aquela carta de admisión de 1949 cando lle pedían autorización ós seus pais porque con dezanove anos era menor para traballar alí a quendas. E está nervioso, pero está feliz, esculcando naqueles papeis vellos, naquelas mensaxes amarelecidas gardadas en carpetas vellas, e mesmo se mosquea se non atopa algo de hai 64 anos?????? Porque alí ten o seu carnet, a súa carta de admisión e se cadra alguna nómina. Naquel andel onde algún día me ensinou un vello billete da república, algún carnet da mili, e alguna cousa máis á que eu non lle prestei atención...