viernes, 16 de octubre de 2026
Caeu a casa de Isabel Miranda
As casas son máis que casas. Son os espazos en que vivimos, somos felices ou non. Personalizamos coas nosas cousas, gardamos as dos nosos devanceiros e están cheas dos nosos recordos e historias.
E onte caeu, o terceiro andar da casa en que vivíu de nena Isabel Miranda, unha amiga da miña nai.
Alí xogaban, alí deberon instalarse os seus pais logo de casar digamos en 1920 aprox. Alí deberon recibir a creba da súa empresa madereira. Tamén cando a filla pequena agora xubilada foi detida wn tempos de Franco por repartir pasquíns do partido comunista na rúa do Príncipe ou no Preguntoiro.
Qué ben se vivía con Franco eh?
Seu pai que tiña contactos debeu chamar ó gobernador civil o similar e a ela deixárona libre, non ó seu daquela mozo que coido que acabou sendo o seu home.
Cando morreu seu pai e fun canda a miña nai, de visita a aquel casa, aínda non había tanatorios, e alí estaba o cadáver do bo do home no cadaleito co seu chapeu.
Coido que foi o primeiro cadáver que eu vin. A súa viúva contaba desolada que o día anterior estaba tranquilamente vendo os touros na televisión.
Coido que logo vivíu alí a tía Nanci, aquela tía solteira que adoitaba haber en todas as familias e que non sei por qué acabou traballando con Fernández del Riego na Fundación Penzol.
Todos eles morreron,bo non todos, a casa era de alugueiro, non sei quen era o propietario. Sei que tamén houbo okupas e incendios.
E a amiga da miña nai casou supoño que nos 60 cun señor de Valencia e fóronse para alá.
Miña nai mandáballe cartas, contáballe todo o que pasaba en Vigo ata que un día a chamou seu home, penso que non foi por mal.
Por favor María Victoria non lle mandes ningunha carta máis,que morre coa pena. Eles seguen estando vivos alá na localidade castellonense onde residen.
jueves, 15 de octubre de 2026
África, os nosos fillos, o cancro e nós…
Queixámonos aquí no primeiro mundo: qué plastas cos cribados, non me puxeron a epidural! Pero non sabemos a sorte que temos de momento.
Non falo de política pero sí vou falar de Cuba e do Sáhara, alí viven mulleres coma nós pero que non teñen as nosas facilidades.
Por iso un marabilloso equipo de voluntarias anda estes días polo Sáhara comandado por Natalia Porto Isla e profesionais do Hospital Clínico de Santiago.
Traballarán coas matronas dos campamentos saharauís que axudan a parir en condicións extremas para garantir a seguridade de nais e naipelos e previr secuelas.
Tamén reciben o apoio da xinecóloga cubana do Hospital de Rabuni,María Ofelia.
Axudan e educan as futuras nais durante o embarazo, parto e postparto vivindo nun campamento.
A educación e os cribados de cancro de cérvix son outra das actividades, e tamén clases para previr as hemorraxias obstétricas e a reanimación neonatal.
Unha iniciativa marabillosa na que está como non, Maite Isla, presidenta de SOGAPS.
E como todas as grandes historias alí temos a unha gran xornalista amiga nosa empotrada neste proxecto e que está disposta a contarnos máis: Natalia Fernández de Vigo al minuto.
O evento denominouse Congreso Internacional Materno Infantil de Cooperación Hispano Cubana-Saharauí.
miércoles, 14 de octubre de 2026
Qué hará el PP si gobierna?
Reducir las vacaciones porque están sobrevaloradas como dice Feijóo?
Arreglar el problema de la vivienda vendiendo la vivienda social a a los fondos buitres como hizo Ana Botella?
Privatizar las pensiones como sugiere la portavoz?
Y lo de Ceuta cómo hará? Mandará un barco lleno de Piolines como hizo en Barcelona Mariano y Soraya o se marcará un 155?
Queremos saber cómo lo hará, bueno o quizás no!
martes, 13 de octubre de 2026
El legado del Tibu
Querido Capitán! Qué bien te lo montaste, que apenas rastro dejaste. Ni de tu vida, ni de tus negocios. Quizás fue la suerte de tener apellidos sencillos ou una gran ingeniería financiera de un lado y del otro de nuestro océano.
Que es raro sí, porque al fin y al cabo muchas grandes empresas y haciendas decían por ahí que seguían siendo tuyas...
Un día no Cárcere….
Bo, non estiven no trullo. Estiven nun xuízo en Pontevedra; e alí xa saben sempre se aprenden cousas.
A Lama: módulo 8: terapéutico, módulo7: de traballo; e o 3 ou 13 módulo de estudos.
Xa saben ás veces nos xuízos non se escoita ben.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
