Páginas vistas en total

miércoles, 26 de septiembre de 2018

A pantasma do Rebullón

Hoxe estiven no Rebullón. Nunca antes estivera. O vello psiquiátrico da área de Vigo ubicado en Mos naceu como colonia de verán para nenos con escasos recursos en Nadal de 1928, con proxecto do arquitecto galeguista Manuel Gómez Román. No trinta e seis as autoridades militares cederon o edificio ó exército como hospital de evacuación. En outubro chegaron os setenta e un feridos. Foi logo a partir do trinta e oito un hospital para tuberculosos ata o sesenta e tres.No setenta e seis xa propiedade da Deputación converteuse en Psiquiátrico.Foi a súa última vida antes de ser almacén. Alí segundo conta a lenda oral, segue habendo “ presenzas” Durante unhas obras apareceron ósos humanos baixo esa solleira galería que vén. Pero hai quen notou outra presenza: de súpeto correntes frías, estranos sons e crepitacións, hai quen non quere ir só. Hai quen notou como alguén o empurraba escadas abaixo. Hai quen pensa que son só sensacións. Pero proben, proben se poden e queden sós uns intres naquel vello casarón. A impresión aínda non se me pasou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario