Vistas de página en total

lunes, 20 de diciembre de 2021

En perigo a vivenda histórica do veterinario de Salvaterra











É necesaria unha rúa nova no centro de Salvaterra? Estragando a vella vivenda do veterinario González que xa fóra dos seus sogros, as froiteiras e o vello magnolio con máis de medio século de vida. Non é parte do encanto da vila esas vellas propiedades con finca na avenida Castelao? Hai que arrasar con boa parte desa finca, accesos e zona verde? Non se poden repartir as cargas coa finca lindeira ou non interesa? A casa chega á Cristina, a terceira xeración con moito esforzo e traballo, e é símbolo do século pasado desta vila, sería unha pena estragala. Hai outros xeitos de facer as cousas. Debemos protexer a nosa historia, o encanto da nosa vila, porque Salvaterra é Salvaterra porque non se parece a Salceda onde se construíu sen respetar volumes nun momento determinado.
De levarse a cabo Cris quedará, sen finca, sen garaje e perderá unha das entradas da casa. De todas as demais fincas afectadas ningunha ten vivenda como a de Cris.
Ela pide unha modificación do trazado para non estragar totalmente a súa propiedade; non é tanto pedir, se lle fan este estrago igual lle compensa irse para Vigo a un piso, sen finca, sen árbores coa estrada pegada... con toda a parte de abaixo inutilizada; tendo que abrir outro acceso ;así se estraga a validade de vida de xente como Cris que apostou por vivir na vila dos seus avòs, tendo unha vida máis doada en Vigo.

3 comentarios: