Vistas de página en total

jueves, 29 de diciembre de 2011

Morreu Sor Carmen

Acabo de decatarme de que Sor Carmen forma parte dos meus inmortais, dese tipo de persoas que pensei e penso que nunca van morrer.
Son esa xente que forma parte da túa vida, da túa historia, aínda que ás veces non as comprendas. Hai xente que pola súa apariencia, pola súa forza, pola súa personalidade parece que non vai morrer nunca. Pero ás veces ocorre. E pasou; Sor Carmen morreu, malia a súa enerxía alucinante, malia ser quen de opoñerse á dirección de Educación ou non darnos aquel mítico ERPA nos anos oitenta.
Coa súa voz clara, castelá e rotunda, Sor Carme adouraba a xeración do noventa e oito, caía sempre nos exames...
Daba sempre aqueles apuntes...
"Artículo es la parte variable de la oración que acompaña al número para informarnos de su género y número".
Non sei que pensaría Sor Carmen dos cambios gramaticais e dos mamoneos de hoxendía de chamar determinantes ou e mil paridas máis os demostrativos e demais.
Porque ela era unha muller de raza que non debía morrer.Nunca penséi que a queriamos tanto. Foi parte da nosa vida, da nosa infancia que morreu este martes cando ninguén o agardaba.
Canda ela morre esa parte de nós que moitas veces non queremos perder, aquela inocencia de cando xogabamos á goma, á corda ou á "mariquitilla" ,que tivemos cando eramos nenos e desapareceu tamén.
Alí no noso colexio se cadra deixou pendurada aquela chaqueta de punto que sempre levaba cos petos sempre cheos de mil trangalladas que nunca soubemos moi ben que eran...
Hai xente que non debería morrer...

sábado, 10 de diciembre de 2011

Vigo no !

En días coma hoxe entendo máis que nunca esa frase que como un mantra uns pronuncian sotto voce e outros a voz en grito: VIGO,NO!
Houbo mesmo un político vigués que o escoitou en San Caetano hai case unha década.Era un segredo a Voces, a Vigo nin auga!Nin tren, nin nada...
E agora a historia repítese. Uns din que a culpa é nosa, que imos de "Patito feo"e que o debatemos, analizamos e alegamos todo ata a extenuación, que non somos nin bos, nin xenerosos, que somos localistas...
Pero imaxinades que o tren de alta velocidade chegara antes a Cáceres que a Madrid? A Huesca que a Barcelona?
Debe ser para que nós os de Vigo sigamos coñecendo o país, apeadeiro a apeadeiro, golpe a golpe...
Porque no eixe sur de Galicia somos máis: os de Vigo e os de Ourense; e seguimos aillados por tren, sen apenas low cost e sofrindo ata agora tarifas de Iberia que penalizan a Peinador. Sofrindo que a única conexión internacional internacional que ten Vigo con París sofra a competencia desleal con liñas de baixo custe noutras cidades.
Ás veces penso que se fose por algúns, levaríannos as Cíes e o noso peculiar anticiclón; pero de momento non poden.

martes, 6 de diciembre de 2011

To be blue

To be o no to be blue that is the question. But the answer is to be blue.
Deu igual o 15 m, deu igual o 20 n...
Spain is blue, true blue.
E agora unha fonda melancolía invádenos.E agora que?
A primeira vez que gañou ZP os móbiles fervían coas mensaxes falando do futuro de Urdaci e doutros máis.
E agora, que?
Convertirase "La roja" na azul? Iráse Ana Pastor dos almorzos de TVE? Volverá Pepa Bueno ós sucesos?
Revirará de novo Antonio Alcántará nun facha recalcitrante? Volverá Carlos Dávila a facer entrevistas? Volverá Urdaci a Ceceoar? Volveremos fumar nos bares?
Volverá a publi a TVE? Desaparecerá a TVG?
A "ola azul" o tsunami asulagaráo todo?
Polo de pronto a SER xa adoptou o ton catastrofista propio das trincheiras da oposición, aínda que a prima de risco empezou a baixar. Os medios de dereitas parecen ve-la luz ó final do túnel, pero din que o funil é moi estreito... e se cadra non cabemos todos...

miércoles, 30 de noviembre de 2011

"Yo soy la Choni", spin off de " Perdidas nas Cíes"

Despois de que HBDO, Divinity e a Sexta 3 se interesaran pola sitcom de "Perdidas nas Cíes". Ábrese un tempo de reflexión, un stand by que diría o outro.
Pija e Maruja reciben unha sustanciosa oferta de Sálvame de Luxe para participaren nas tertulias, logo da fuxida de Mila Ximénez e dunha nova crise de hiperglucemia de Belén Esteban.E Pija e Maruja plantéanse coa ética profesional que as caracteriza, canto me pagarán? por un cartiños, eu vou...
A vida sigue...e a pequena produtora Caramuxo decide seguir co pouco que lle queda;así comeza a nova spin off.
" YO SOY LA CHONI"
Logo da denuncia de Pija porque lle perderan o Rolex, a Pandora e a pulseira de Tous na Illa Sur e d8n ataque premenopáusico de Maruja, Choni atópase SOA na gran cidá.
Agora estrea nova situación laboral e decide renova-lo armario para estar ad hoc coas novas circunstancias.
Decide ir de compras con Maruja porque non ten amigas en Vigo, se cadra en ningures;e non sabe ir de compras soa...
O primeiro que fai é ir recurta-la melena ó salón de peiteados. Quere facerse unha "perreira" Maruja desaconséllao porque considera que o "flequillo" é un peiteado" moi socialista e "progre" e os tempos non che están para isto; e xa sabes hai quie ir cos tempos...
Choni decide ir de compras e Maruja como está aquí como un baixo continuo ( en música) e un baixo existencial (en filosofía) decide ir canda ela ( eu sempre vou con quen manda pensaba canda Maruja ese narrador omniscinete de Cela).
Logo de saír do chollo Maruja e Choni van de compras por Príncipe e Urzáiz.
Comezan como non por Berska. o templo das compras da Choni.
Maruja quere entrar en Punto Roma e Cortefiel; pero Choni non lle deixa.
Están a piques de entrar en Stradivarius pero o cheiro dálle náuseas a Maruja, algo que Choni non entende porque Maruja é unha ionqui dos ambientadores .
Tamén recalan en Blanco onde Chony adquire unha chea de complementos e botas de tódalas cores, pero sobre todo brancas.
Tamén compra un bo feixe de leggins e de cazadoras de veludo artificial; porque Choni aínda sentía arrepíos de cando foi a unha rolda de prensa de Liberación Animal cunha zamarra de veludo de coello e case a matan da malleira que lle deron. Maruja non atura aquel tipo de tendas. Parécenlle de marulo, paletos e cuníns pero non se atreve a llo dicir á Choni.

Xa moi cannsas do día de chollo e das compras deciden tomar un sandwich no Scala da Porta do Sol, pero "hete aquí" que de camiño descobren unha tenda que fascina á Choni: chámase q M& M e está a carón da farmacia da Porta do Sol, fronte á Praza da Princesa. Aí venden roupa para despedidas de solteirae looks caribeños.
Que mágoa que non a descubriramos antes di Choni; isto é o que precisamente andaba buscando...
Continuará, ou non.... a mítica vertixe, a ditadura das audiencias...

domingo, 27 de noviembre de 2011

Perdidas nas Cíes, capítulo uito

O concerto de Bisbal no auditorio Mar de Vigo volve aqueloutrar ás protagonistas de Perdidas. Maruja non para de chamar ó concello para consegui-las acreditacións pola cara. Non é que lle guste moito facer xestións pero a ocasión pagaba a pena.
Agora tiñan que convencer alguén para que as volvese a traer a Vigo e chamaron ó Club Náutico.
A dirección de programa tiña previsto sancionalas porque estaban indo e vindo e iso que conseguiran unha televisión para ve-lo programa favorito: "Homes, mulleres e viceversa"

Echar un polvo

Grazas a esta casa de tolos na que traballo, este venres puiden experimentar de novo* aquela vella ancestral e cotiá sensación de "echar un polvo".
O destabicado da empresa na que traballo conseguíu encher de po, persoas, ordenadores, obreiros e cartafoles.
Claro que si, sempre que hai po, ou case sempre, hai plástico protector, pero desta vez non valeu de nada.
Parece que quedan xeiras salvaxes de aquí o 17 de nadal. Tabiques, falsos teitos, aí onde sempre crimos que psicotrhriller gardaba unha cámara no baño.
Ai, meu Deus! Quen era a tola aquela? A Chunga? que cando estaba estresada optaba por tira-las paredes da casa...

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Adianto capítulo VII, Perdidas nas Cíes, pero sobre todo na vida

Con máis liortas que en Estudio Estadio, malia terse apuntado a un curso de golf impartido por un monitor que se achegaba ás illas en helicóptero cada dous días: luns, mércores e venres. Seguen as treboadas existenciais na illa de Perdidas.
A situación que vive o país, a piques diun cambio político e antes dunhas eleccións xerais fai que as nosas protagonistas queiran achegarse a Vigo para votar.
Pija chama a Papuchi para que as vaia buscar no seu barco aínda que iso supoña un expediente do programa. Xa de "Perdidas" á ría pensa Choni. Imos organizar unha "terapia de grupo" para ve-los resultados electorais.
Vale, vale di Maruja; encargamos uns canapés ó Molino e unha torta á Gloria Bendita que son amigas miñas. A ocasión ben o merece.
- Jo tía, vai mandar un de Pontevedra, que guai! ( Di Maruja)
-Eu quero ir de xefa de prensa de Ana Pastor ( Di pija), e fíxate que aquí en Vigo estamos rodeadas de roxos por tódolos lados. Pija sempre chmaba roxos ós de esquerdas como Franco facía.
- Eu quero irme a Zona Franca dixo Choni é o máis faksion que hai!Choni volvera ó rego, volvera a dicir que era do PP desde sempre e non cando o bipartito xuraba imparcialidade, profesionalidade e formación; malia ter pasado longas temporadas na deputación de Pontevedra; pero é que non se pode xurar en van...
Que ben! Por culpa do programa que estaba moi ben pagado sí, perderan a oportunidade de ve-lo debate electoral, a voda de Cayetana de Alba e a prevoda de Paquirrín e Superviventes ademais dun concerto de Hombres G. Jo que duro é o traballo no audiovisual.
Pija poría a mantilla, e Maruja un pichi azul como ó réxime, a Choni sacaría do fondo do "placard'" os pantacas de vinilo e aquelas botas brancas que tanta sorte lle daban!
E logo das onde a seguir de festa by the face; a ir á sede do partido que gañara a tomar copas e petiscos de clo-clo. Menos mal que ganan os que deben pensaba Maruja, os de sempre, os do Casino de Pontevedra e os que xogan ó Brigde...
Botará a dirección do programa a Pija, a Maruja e a Choni por incumpri-las normas? Acabarán nas máis altas elites do aparato do estado en Galicia? Suprimirán o programa pola fuga de anunciantes? Puf cantos dilemas! O primeiro que ían facer é gozar relaxadamente do trunfo de Mariano...

domingo, 13 de noviembre de 2011

Perdidas nas Cíes, capítulo VI

Hai hoxe nove anos as gaivotas das Cíes tiñan medo de quedar refociladas con combustible do Prestige. Hai hoxe nove anos, aínda había alá un monolito que conmemoraba a vitoria de Franco aquel outro 20 N. Que ben quedaba o monolito, que pena que o botaran abaixo pensaba Maruja.Pero axiña volveu á realidade!
A chegada dun cámara novo á illa de Perdidas desestabilizou ás nosas tres protagonistas, sobre todo á máis vella que non llo quería presentar a ninguén co pretexto de que estaba casado.
Maruja controlaba cada paso do rapaz, se botaba un pitillo coas rapazas de realización ou se tardabaun pouco máis en enfocar ou en subir ó faro. O xoves pola tarde caeu a luz eléctrica no bar do Porto por un problema de fontanería; axiña a media tarde veu ó fontaneiro no Carramexo o barco que recolle o lixo do arquipélago.
Pija botouno a caixas destempladas porque estaba botando a sesta.
-Tes que vir de tres a catro, non podes molestar deste xeito, non nos podes estraga-a sesta.
Maruja enfadouse con Pija porque por culpa dela estiveron sen luz e sen auga doce catro días.
-Tía,pero muller en que planeta vives? Nas casas normais cando por fin chega o fontaneiro despois de chamalo catro ou cinco veces, réndeselle preitesía, ríeslle as bromas, invítaslle a un coñag e e págaslle o que che pide sen rechistar. Iso é o que pasa no mundo real, non sei de onde vés ti?
Maruja estaba pasando unha idade difícil e molestáballe moito a calor e algúns olores, por iso inzou toda a illa de ambientadores que se activaban sós cando detectaban algún movemento.Dicía que non lle gustaba o cheiro a marusía. A Pija dábanlle arcadas e á Choni porducíanlle alerxia....

martes, 1 de noviembre de 2011

Unhas eleccións sen morbo

Non sei se irei votar, téñenme farta todos, os tres. Os da G porque parecen os da P, os da O porque saben que os da P van gañar e andan de xeonllos facéndolles favores para que cando gañen non os traten mal.
Xa todo o mundo sabe que o rexistrador de Pontevedra vai gaña-las eleccións; xa ten preparada a tesoira de podar na casa de Sanxenxo. Os seus amigos xa fregan as mans e preparan caixas de puros pra lle regalar.
Os figurantes, eses seres patéticos que cambian de beirarrúa política con cada cambio de goberno xa están escorando a dereita e xurando que sempre estiveron aí.
O único que non sabemos é o que este señor nos ten preparado, aínda que o intuímos.
O 20 N como hoxe veremos pasear polos colexios electorais eses vellos en formol que só saen para votar ou para ir de camposantos. Hai quen di tamén non exento de mala hostia que tamén eses habitantes dos cemiterios, sobre todo os de alén mar tamén van ir votar.

domingo, 23 de octubre de 2011

Os puntos sobre as Cíes

Este é o último capítulo de "Perdidas nas Cíes". De momento. Íase chamar "Rotación e traslación", pero ó final non foi.
Choni axústase na súa casa de Beade uns pantalóns novos de vinilo comprados nas rebaixas de Berska, pero nos andeis de nova temporada. Maruja está desexando que chegue ó nadal para face-la cea de empresa e poder ir ó bingo. E Pija acaba de chegar de Londres e non dá feito. Choni pregúntalle se lle gustou e como é, pero Pija aturulla, di que Londres é Londres e que non se pode explicar con palabras. No fondo Pija sempre odiara a Choni, por hortera e por chachuna e por envexa, porque Pija aínda que sempre alardeaba de telo todo sempre andaba envexando o dos demais.
E iso que Pija non se decataba de que para Choni calquera persoa era un chanzo no que pisar e un peldaño para subir con aquelas botas brancas.
Pouco antes de abandona-la Illa o ambiente volvérase irrespirable entre aquelas tres. Foi cando Maruja decidiu que podían saír de copas para limar asperezas.Pero tampouco se puxeron dacordo, Maruja quería tomar un cup no bar do porto, Choni quería tomar champagne no bar do cámping e Pija quería tomar un Gin Tonic no outro peirao da illa,case acaban a hostias. Ó final como xa remataba a temporada e os barcos de Mar de Ons apenas ían ó arquipélago tiveron que brindar cunhas latas de Estrella Galicia.Que aquilo máis parecía un spot do Gadis que un fin de temporada!
A idea de volver á casa a Vigo tivéraa Choni, quería volver para saber que estaba pasando, sentíase responsable. Pero Maruja que estaba toda contenta nas Cíes, sen exercer de tal (de Maruja) dicíalle pasa de todo muller se xa nos enteraremos do que pasa pola radio... queda tranquila aquí tomando o cafeciño comigo....

martes, 11 de octubre de 2011

Perdidas nas Cíes, capítulo 3; "Terra de lobas"

Logo do impasse da folga, e da proliferación de secuelas, esta serie tributo a "Mulleres desesperadas" chega ó seu terceiro capítulo. Sen spoilers, sen guión,sen director de arte e case e case sen escaleta.
No capítulo de hoxe Choni colle da fresqueira os poucos víveres que quedan para remata-la semana na illa e decide facer dúas tartas de queixo descremado ó director de programas que está a réxime.
As súas compañeiras mentres recollen croques da praia e deciden facer á grella unha faneca brava que atoparon na praia de Figueiras. A fame fixo adelgazar a Maruja que pensaba 90 quilos e agora non chega a 60.
A melancolía logo de tres semanas de aillamento apodérase das tres. Choni bota de menos os colos que lle daba o director de programas en Vigo,Maruja quere pedi-lo día libre para ve-la voda da Duquesa de Alba, pero como xa dixo que ía ó médico o día da folga para que non lle descontasen o salario, dálle pau coller tantos días pola cara, ou non?
E Pija, pobre Pija! pasa os días facéndose o Predictor ( gastou toda a asignación semanal neste produto farmacéutico) Soña con ese día no que o aparello se pon rosa, para colga-la foto no feisbú. Emulando a gran Arancha Benito que o fixera no plató de Crónicas Marcianas? Non lembra ben; a emoción dos últimos días tena bastante aturullada. Axiña pediría a baixa e logo a conciliación, sí, aquilo sí que era vida... daba igual vivir a 93 quilómetros do seu home e quince euros de peaxes....

viernes, 30 de septiembre de 2011

Perdidas nas Cíes Seguinte Capítulo ( 1?, 2?)

En capítulos anteriores coñecimos a Pija, a Maruja e a Choni.Volvemos agora á illa logo dunha semana de adaptación. Na proba de hoxe a tríada debe subir ó faro das Cíes e pescar luras no Lago dos Nenos. A pija esvara porque levaba todas refociladas as chanclas de autobronceador de IsDin, e a Choni case queda chantada á altura do cámping porque se lle cravaron os tacóns das botas brancas na pista forestal.
É entón cando Maruja empeza a repeti-la súa frase favorita, o seu mantra: "Cóllete unha baixa, cóllete unha baixa... etc" Dillo sobre todo á Pija que lle cae mellor.
Aínda está a remata-lo verán nas Cíes e Pija bota de menos Baiona, lembra aqueles anos nos que tiña pelexas cos seus amigos porque non quería que ninguén a vise en Vigo no verán. Eu paso de quedar en Vigo a comer, eu no verán non saio de Baiona. E agora alí estaba nunha illa deserta, sen Nespresso e sen "chica" de servizo.Maruja tamén se lembra do moito que se aburría en Coruxo, o que mola é Baiona.
Choni estaba algo arrepentida de aceptar aquel reto de supervivencia. Antes de empeza-lo programa xa se pelearan pola compra; Choni quería investi-los 120 euros da compra en barriñas enerxéticas e froita, Pija quería mercar nécoras e percebes( que manda carallo, na illa podíanos extraer) e Maruja quería comprar verdura para facer Vichyssoise.
Logo á Pija déralle un ataque de ansiedade porque o segundo día quedaran sen cobertura á altura da cadeira da raíña e non puido chamar á "chica" para elixi-lo pixama que lle tiña que poñer ó neno. Pasou toda a noite en vela pensando se lle poría o de Pocoyó ou o de Bob Esponja. E ademais non puido chamar a papá. Ademais doíalle a cabeza porque pasara media hora pensando se puña os peep toes de cor "nude" ou tods vermellos.
Todo foi culpa da organización do programa, non lles deixaran levar máis que unha mochila. Que noxo, como os de Ryanair!!! Que paciencia hai que ter!
Pija segue agobiada porque quedou sen argumentos, non se lle ocorre nada e quere chamar ó seu redactor, pero malia o I Phone 8 non consigue atopa-la cobertura.
A Maruja di que está farta de tanto traballar aínda que nunca ninguén a viu facelo. Ademais entre o Farmatint e a salitre o pelo quedoulle totalmente queimado como se lle botara lixivia. Séntese como se fose Karmele Marchante ou Rosa Benito, o único pracer que lle queda é sacar de cando en vez o cortaúnllas do neceser e escoitar aquel clic, clic rítmico que para ela é como música new age.
A Choni resultou, unha gobernicha, unha goberneira ou un gobernillo de Cangas que hai mil xeitos de chamar esa paranoia nesta lingua nosa. E non lle chega con mangoletear na Illa Sur que quere mangonear tamén na Illa do Medio e na de San Martiño e non ten permiso de Parques Nacionais... E aquí nas illas no hai cuarto de baño, nin sala de xuntas para desatasca-los conflitos que xera...
Continuará? Ou na Canle e na produtora acabarán fartos da xentiña esta...

domingo, 25 de septiembre de 2011

Capítulo Piloto

Dos produtores de "Matalobas", do equipo de "Mujeres ricas", dos guionistas de "Aquí no hay quien viva" e de "Betty la Fea" e "Tiburón 3" xorde "Perdidas nas Cíes" e un reality show, un programa de supervivencia en circunstancias adversas con tres protagonistas que traballan nunha empresa a piques de facer un ERE.
Son unha pija, unha maruja e unha choni e non é un chiste; a vida fai estraños compañeiros de cama e de illa.Son amigas daquela maneira, son amigas do feisbú.
A historia máis delirante da televisión universal, onde as reunións de empresa se fan no cuarto de baño, como en Ally McBeal.
A Maruja ten o bolso cheo de receitas de Dalsi e varias caixas de tranquimazín. A pija ten no bolso o catálogo de Tommy Hilfiger e o IPhone 8 co was app activado, e a choni ten catro camisetas engruñadas de Berska e un peite de cardar. Pasa o tempo axustándose as botas brancas de plástico coas que vai chegar ó peirao de Rodas.
Os problemas comezan xa no barco de Mar de Ons.A pija decide que non vai comezar a currar ata que tome café. A choni dille que ten que facelo porque lle manda ela e a Maruja sorri mentres bota man do bolso para coller unha pílula de tranquimazín. Bota de menos os cocidos que tomaba no Aqua Terrae, e pensa que axiña terá que volver ó 18 de xullo do Calvario a por máis pílulas. A Maruja chámalle 18 de xullo a tódolos ambulatorios de Vigo.
Ó chegar a Cíes a pija decátase de que non ten maquillaxe e que produción adquiriuno no Mercadona.Vaia merda! Eu non sei por que non o compran de Estée Lauder?
Ademais o café é de pota e o seu estómago só atura o Nespresso, inda por riba cortáronlle o pelo de máis, porque os de estilismo pensaron que así daría unha imaxe máis casual... puff, que vida máis dura!!
A Maruja e a Pija deciden contratar unha persoa para que pesque e recolla as algas da praia, pero acordan que xa non hai empregadas do fogar que traballan de tarde.

Continuará... ou non?

lunes, 12 de septiembre de 2011

O gran bisnes dos colexios privados "concertados". Un exemplo en Vigo.

Hai un colexio en Vigo, seguro que hai máis,que duns anos acó obriga ós pais a adquirir o uniforme mo centro.É un cole privado concertado dun barrio do centro; que se converteu daquela nun cole de nenos lambidiños co seu ecudo na peteira, nas lapelas do polo, no pantalón e case case no chándal.
Pero é que ademais desde ese ano ese uniforme copiado dos cativos do Internado ( hai canto dano fai a televisión) só se pode adquirir no colexio. Viva a liberdade! En vez de pasa-lo modelo a varios establecementos téxtiles o centro OBRIGA ós pais a mercalo no colexio polo dobre de cartos que vale na rúa.
Mentres arrecende nas casas a forro transparente a libro novo ( pagados polos pais des que chegou Feijóo)moitos pais botan contas. E tíranse dos pelos en silencio. O polo valíame a terceira parte n Decathlón, o pantalón podíao comprar no Alcampo ou na feira pola metade. O xerséi haino en Zara pola cuarta parte ou podía herda-lo dun curmán...
Pero non hai alguén que seica ten un só fillo, ou moitos cartos ou moi pouca vergoña, para que en plena crise nun colexio de barrio de clase media, alguén decida onde debemos merca-los uniformes dos nosos fillos e canto debemos pagar por eles. Eu non sei se a esta xente lle sobran cartos, pero non vergoña. E que fai a Asociación de Pais? Cala e outorga.Se cadra nas ANPAS hai tamén un caldo de cultivo de carallo de lambecús da dirección do centro que nada fixeron por defende-los intereses dos pais, dos cativos e se cadra tamén nos establecementos téxtiles ós que esta xentalla lles fai competencia desleal.

domingo, 28 de agosto de 2011

Non me gustas

Non me gustan os silencios cando quedan tantas cousas por dicir. Non me gusta a xente que ensarilla, embrolla e lía e logo fai coma se nada.Non me gusta a xente que se cre superior.
Non me gusta a xente que usa calquera cousa, calquera persoa de peldaño, non me gustas ti.

jueves, 18 de agosto de 2011

Xente que non sabe sumar

Mon pasaba boa parte da súa xornada estudando, mentres no tempo libre facía sudokus. Sudokus para calcula-los puntos que precisaba para aprobar unha oposición.
Sumaba os puntos de experiencia cos de cada parte do exame e vendo as posibilidades que tiña de acadar por fin unha praza nas Bibliotecas da Universidade de Vigo entroutras. Así botaba o día.
Sempre botando contas, sempre quedando naquel posto, "no último da fila". No primeiro dos que quedaban sen praza.
E así un tras outro ata que un día por fin apareceu nunha listaa dos que acadaban praza. E así un tras outro ata que un día por fin apareceu nunha lista dos que acadaban praza.
Coa cautela que nos caracteriza a no-los galegos e o noso escepticismo endémico Mon quixo agardar a le-las listas definitivas. Aínda que no fondo, xa case no seu cerebro, amoblaba o seu novo piso de Ourense e gozaba da súa nova situación de funcionaria.
Por fin remataban as mañás de estudo e de academia. Era a fin da súa vida opositora de apuntamentos e lexilación. Pero velaí que os peores presaxios se cumpriron. Abriuse o prazo de reclamacións e alguén non fixera ben as contas. Esquecera cuantifica-la experiencia laboral doutra persoa.
Foi bonito ter unha praza de seu durante toda unha semana, foi bonito soñar; pero hai alguén na U de Vigo que nunca suma ben, porque non é a primeira vez que lle ocorre....

lunes, 15 de agosto de 2011

O vello verde

Parecía que xa non existían, pero si. O vello verde non dá feito. Pégalle a todo: á da limpeza,ata a da fiestra e ata a nós mesmas. Non respecta nada. Se non queredes topar co vello verde non vaiades os xoves ó Xancarajazz. O único lugar onde atopa profesionais que poden resolve-lo seu problema como el merece, pagando...

viernes, 12 de agosto de 2011

Fané K brava

Isto que conto disque seica ocorreu este verán na Praia de Figueiras nas Cíes, malchamada dos Alemáns .
Disque seica unha sereia pisou unha faneca e case morre como cando a Bela Durminte se picou coa "rueca" de fiar.
Contan que aquela serea ficou dorida de vez, mareouse e caeu no chan ante o abraio dos demais. Contan que o dedo apodreceu e houbo que aisla-la serea nun hospital vigués durante unha semana ou máis.
Houbo quen pensou que aquilo non fora unha faneca, senón o monstro do Lago Ness. O doutor House local decidiu que a doenza se debía a unha bacteria chamada Acinetobacter Baumanni que segundo vin medra moi ben sobre unha especie de alga ou xelatina que se chama agar MacConkey.
Invadidos por virus e bacterias a faneca quixo te-lo seu. O cogombro tenche o seu E-collie; a vaca tivo o seu mal, as galiñas viviron a gripe aviar, e o porco tamén tivo a súa. Por que a faneca ía ser menos? Tamén ten dereito, non si?
Como en tódolos contos a sereia sandou, pero non quixo facer declaracións.

lunes, 8 de agosto de 2011

Unha zorra no zoo

Dáballe noxo, moito noxo.O zoo cumpría corenta anos e o alcalde decidira mercar unha zorra para a gaiola máis grande.
Os nenos choraban de medo ó vela aí dentro; non lles gustaba. Pero a decisión estaba tomada. O alcalde decidírao sen consultar a ninguén, e a única que estaba contenta era a zorra.

sábado, 30 de julio de 2011

O segredo do deán

O Deán axustouse a sotana, e tamén aquela vella faltriqueira na que solía leva-las chaves da cámara acorazada.
O groso do traballo estaba feito.
Deus así llo pedira. Tralo fracaso da visita do Papa para revitaliza-lo camiño de Santiago e o poder catedralicio de Santiago algo había que facer.
O roubo do Códice leváraos a primeira plana de tódolos telexornais e tódolos breaking news do mundo.
Si aquilo fora unha boa idea, con ou sen inspiración divina.Se ata parecía que o profeta Daniel sorría máis desde a súa cadeira de pedra alá no pórtico, estaba na Gloria.
E si o libro podía durmir en paz, alí dentro do arcón do Apóstolo, do cadaleito de prata de Sant Iago onde por certo non atopara nada.
O vello Deán xa podía morrer en paz; ou non? Tiña tantas cousas que confesar...

lunes, 25 de julio de 2011

Pelocrecho

Pelocrecho é o mito erótico do meu verán; é velaí o tes, co seu bañador vermello, co seu pelo rizo ó vento, a carón da toalla do dobre praieiro de Aznar.
Parece que por Pelocrecho non pasaron os últimos vinte anos, nin tampouco polo seu bañador. Seguro que pasa o inverno en formol, e só sae no verán. A vida no taller conserva e conserva ben.
Aínda son as tres da tarde pero logo do baño Pelocrecho emulará a Nadal ou a Feliciano López, logo unha ducha e a perderse entre os doces outeiros de Beade e de Zamáns...

martes, 28 de junio de 2011

Entre putas e farlopa

Non, nós non queriamos cubrir Pontevedra, nin que pechasen a delegación. Pero se cadra a nova super-delegación Vigo-Pontevedra estanos dando posibilidade de coñecer outras historias, outros mundos a tan só vinte quilómetros da Porta do Sol. (A de Vigo of course).
Eu non quería funcionar con tópicos e non quería pensar que cada vez que vou á Arousa todo ten que ver con raias brancas ou con mediosgramos.
Eu non quería presupoñer que se hai un axuste de contas nun salón de peiteados de Cambados, non podería ser por calquera outra cousa distinta do narcotráfico. Pero a vida é así, e aquí todo parece que vai de guión. Iso si un guión entre Benny Hill, Os Ropper ou Míster Ben.
Estes días cubro de terceira man, porque xa non traballo de mañás, o xuízo da Operación Cormorán por lavado de cartos. O primeiro día que caeu nas miñas mans unha cinta do xuízo na deputación de Pontevedra, pensei. Mira ti estas mulleres, moreniñas, brasileiras, norteafricanas parecen formar parte do cadro de persoal do vello Paladín. E pensei para os meus adentros. Estáste facendo vella e xa funcionas con tópicos puerís. Cala a boca que pareces xa o escaletista do "Gato á auga". Como cada martes desde hai dous, hoxe volveu caer nas miñas mans outra cinta, outro "bruto" dicimos nós con imaxes e declaracións do macroxuízo da "Cormorán" que ten lugar en Pontevedra.
Fitaba para aquelas paisanas criollas, moreniñas, brasileiras tal vez. Amantes, excompañeiras e e mesmo mulleres dos fuxidos Pelopincho e Franco Argibay.
Con doce millóns de euros en vivendas, audis, conserveiras, pisos e chalés. Cos ollos abertos como todos na sala escoitei que todos aqueles cartos da Teresiña de Xesús e de Lidia Niele proceden da prostitución. Perdonádeme a grosería e o castelán: "Daqueles polvos, viñeron estes lodos".
E resulta que a Teresiña de Xesús ( Non a de Ávila claro) cobraba seis mil á hora, e mesmo doce mil, e se cadra o triplo se o servizo puxen era "extremo" por non poñer sadomaso que se di.
Tamén houbo lotería e mil fantasmadas máis. Pero os "Matalobos" do Cormorán abráiannos de vez. Dous en busca e captura. As mulleres que non saben nada e viven da prostitución de luxo no Grove?
E os tópicos que se repiten unha e outra vez. Pensa mal e acertarás.Ó final as nosas avoas tiñan razón.

domingo, 12 de junio de 2011

To be able o to be Abel, that is the question

Abel conseguiu a estraña fazaña política de recuncar na alcaldía de Vigo,un feito inédito desde os tempos de Manuel Soto.
Malia os seus delirios de grandeza, malia o seu afán de deixar pegada en todo; desde os bancos ata os maceteiros ou as pulseiras dos nenos na praia.
Usou estratexias indecentes e dictatoriais nestes últimos catro anos, como opaca-la xestión do seu socio nacionalista, nega-la entrada nos plenos ós disidentes, mentres colaba ós seus pola porta do garaxe diante do silencio cómplice e consentidor do BNG.
To be Abel tampouco deixou que medrara unha herba ou unha flor nos dominios da súa maior contrincante política, Corina Porro. Parándolle as obras do porto ata a paranoia e a extenuación, nunha obsesión absoluta.
Antipático e soberbio Abel mesmo ninguneou os seus e descabezou á Federación de Veciños creando unha á súa medida: acrítica e complaciente coa súa xestión; tamén diante do silencio colaborador do seu socio do BNG.
Abel afastouse como ninguén dos fracasos do seu goberno e arrimouse como el só sabe facer para capitaliza-los logros do seu tenente que permaneceu calado demasiado tempo.
O bloque, tocado tamén polos excesos do bipartito, o do hotel Glasgow, a Universiada, os pasodobres de Quintana, non foi capaz de remontar malia ter feito unha boa xestión en moitos casos rendabilizada polo rexedor. Ademais aínda queda na memoria colectiva dos votantes de esquerda de Vigo o shock que produciu a traizón ó goberno de progreso o equipo de Lois Castrillo que botou da alcaldía dun xeito indecente ó alcalde Ventura Pérez Mariño. Unha ferida que para moitos aínda non cicatrizou.Centos de votantes do BNG non esquecerán iso nunca, nin tampouco a política desarrollista do BNG cando estivo no goberno de Vigo e no PXOM desorbitado que os arquitectos e sociólogos do BNG redactaron para estragar Vigo e poñe-lo ó servizo dos especuladores e dos promotores. Un plan que só a crise logrou frear.
Isto é o que pasou en Vigo o 22 m e o 11 x.
Pero ademais Corina Porro nun posto de saída como favorita para alcaldesa tivo o inimigo dentro da casa. Núñez Feijóo protexeu os intereses financeiros de Caixagalicia,unha aposta política na que foi secundado polo desnortado BNG(eles saberán por que?) e isto foi a clave do cambio de tendencia.
Hai tambén que ve como a Xunta implementa unha sanidade low cost externalizada e privada para Vigo mentres duplica as Unidades de Transplantes na provincia da Coruña. Houbo quen tamén viu como a Xunta teimou en pecha-la tele de Vigo, Televigo, deixando na rúa medio cento de profesionais e calando un medio que dá unha cobertura única ós asuntos da cidade,só por quitarlle a voz ó alcalde no seu programa semanal.
Ós vigueses pedíasenos, sobre todo no asunto da caixa ser unha vez máis calados e xenerosos e perder nós polo ben de Galicia ou da Coruña e aquilo non nos gustou.
Núñez Feijóo chamou vellos e xubilables ós tres grandes piares socioeconómicos de Vigo: Gayoso, García Costas e Guillermo Alonso Jáudenes e egoísta e localista ó noso alcalde.
Agora o pobo de Vigo falou. Haberá xente que quira botar outras contas, pero os números están ben clariños e a interpretación é moi fácil.
Un presidente volcado na provincia da Coruña arrasa naqulas tres cidades mentres que no eixe sur, territorio social de Caixanova e do AVE sur campan os bipartitos de esquerdas.
Tamén hai quen busca os votos perdidos do BNG onde non están, en Esquerda Unida e na abstención, porque non aturan o que pode ser verdá ( porque ninguén ten unha webcam nas cabinas electorais). O PSOE sobe dous escanos, mentres que o BNG perde duas actas...
Igual,se cadra a rosa converteuse nunha estrela esta vez.

viernes, 3 de junio de 2011

As costuras do tempo en Vigo

Aínda permanece nos andeis das novidades e dos betsellers: "O tempo entre costuras". É unha agradable e cosmopolita novela ambientada entre Marrocos, Madrid e Bos Aires entroutros lugares...
"O tempo entre costuras" dacabalo entre a ficción e a realidade recupera unha figura da historia de España, no seu lado máis mundano e superficial.
Falamos de Juan Luis Beigbeder, ministro de Franco, cuxa filla María Beigbeder Febriani pasaba longas temporadas en Vigo, nun piso que tiña nas proximidades da rúa Areal e García Barbón.

martes, 17 de mayo de 2011

A musa de Lois

Todos falan do rechamante que é dedica-lo día das letras a un home novo, case, case contemporáneo de nós de non estar morto. Falan seus irmáns, fala a súa nai e case poderían facelo os seus sobriños. Pero a máis interesante do contorno de Lois é se cadra a súa musa Piedade Cabo. En segundo ou terceiro plano, estes días podemos en contadas ocasións escoita-lo eterno rouquén da súa voz.
Foi Piti Cabo, a noiva eterna, a compañeira constante e tamén a musa,de voz crebada e melodiosa.A Dulcinea, a Zenobia e as demais.
Piti Cabo vive e viviu con sinxeleza se-la musa dun xenio. Como na súa vida cotiá, nos malos tempos logo da excedencia na TVG, onde tanto lle custou recuperar un oco, non como a outros que entran e saen cada tres anos, protexidos polo seu vencello político e sindical. Tamén houbo bos tempos. Supoño que os primeiros anos ou a presentación de "Planeta Cine" co bipartito que por fin achegou ás nosas pantallas un rostro agradable e vivido, unha entonación autóctona e unha muller total; á marxe dos escotes e da dicción madrileño-andaluza doutras presentadoras da TVG.
Poucas veces téño Falado con Piedade Cabo, unha cando dirixía ou editaba os telexornais da fin de semana hai dezaseis anos e outra un par de anos despois nun sitio de menor proxección. Estaba contenta esta segunda vez, díxome en baixiño, "para que non me escoiten e me cambien". Piti Cabo é agradable no trato, é comprensiva cos que empezan. E eu que vou dicir, xa que non coñecín a Lois, faime moita ilusión ser contemporánea da súa musa.

domingo, 8 de mayo de 2011

Te jodes

Te jodes, díxome.Foi a súa comprensiva resposta. Aludía con esa socorrida frase a un hipotético dereito que outra persoa exercera e que lle prexudicaba. Non se quixo poñer en ningún momento na súa pel. Non era a primeira vez que ocorría algo así. Xa lle pedira a súa axuda noutras ocasións e a resposta sempre fora parecida. Un sorriso cínico, un silencio, unha actitude ambigua e mesmo hostil. Sempre había algo mellor que facer que escoitar ou intentar comprender.
Te jodes, repetía sen descanso. O mellor de todo foi que aquela frase pouco lle sorprendeu.Había ben de tempo que non agardaba nada del. Nin sequera aquela crueldade e aquela mala hostia.

domingo, 1 de mayo de 2011

Cousas que non saen en prensa II

A rúa aínda arrecendí a Ajax Pino ás doce da mañá cando os axentes da científica chegaron a coloca-las súas pirámides numeradas no lugar onde estivera o cadáver. Os axentes non daban creto, como podía haber xente que non vía CSI ou aínda que fose o Comisario ou no peor dos casos os informativos da galego.
A médica levara ó suicida ó box, aínda que non fora quen de reanimalo na rúa. Deulle pena ver aquel corpo sen vida alí nunha rúa tan céntrica, sobre todo cando deu en chover.Sabe Deus cando chegaría a xuíza, así que pobre home, imos ter compaixón e imos leva-lo cadáver a un box.
Aquel día parecía que estaban de garda Pepe Gotera e Otilio, porque alguén tamén decidiu mandar ás da limpeza a frega-los restos de sangue.Os axentes non sabían se detelos a todos ou clausurarlle-lo hospital.

"Cuando zarpa el amor"

Ocorre cada tres días nunha das bibliotecas máis senlleiras deste país.Alí entre pedras de máis de cincocentos anos e ante o abraio do Arcebispo Fonseca que se cadra un día resucita da impresión.
Pero disque o amor non ten idade e probablemente non haxa lugar onde non se poda desenvolver.
E abofé que si, que naquel claustro centenario rodeados de incunables, enciclopedias e poesía medieval é un lugar para querer, para quererse...
E así ocorre cada luns, cada mércores, cada xoves.Son se cadra os días que non hai feira na bisbarra do Sar.
Os seus bicos húmidos e sonoros espertan os lectores de xornais e investigadores. Debruzados sobre sillares centenarios, saloucan, brincan e enredan Carme e o seu o amor. E como os paxaros en primavera, cos seus bicos sonoros, ora palatais, ora fricativos abraian na sala de lectura.
Alí onde acode Diego Ameixeiras a se documentar, onde escribe o tradutor ó inglés de Manolo Rivas ou Paco Rodríguez ou Malores Villanueva; alí a mellor novela aínda está por escribir.
É este un bo lugar para se agochar. Hai xente que non te vai buscar/atopar nunca nunha biblioteca ou nun museo. Por iso a idea é tan boa.
Pena desta novela cun final tráxico digno de Saura:" Baño de sangre" ou "Divorcio xitano" ou "Amor caló".
E como esta idea se estenda se cadra é a fin do motel Caribe ou do Holiday que dan acubillo a tantas parellas mentres as súas mulleres e os seus homes agardan por eles na casa....

miércoles, 27 de abril de 2011

A tenda de Cris

Aínda non tedes nada que levar á voda de Kate Middleton? Estades fart@s das camisas brancas de Stradivarius, dos pantalóns culibaixos de Zara e das camisetas de Mango que non dan cuberto o embigo?
Hai anos que deixámo-lo colexio e aínda seguimos indo de uniforme. Vestimos como deciden os cool hunter de Zara ou de H & M. Por iso non tedes excusa para visitardes a tenda de Cris en Salvaterra. Roupa vivida de tódolos tempos, roupa de segunda man, allea á dictadura do mercado.Unha boa excusa para achegarse a Salvaterra, a vila das murallas.
REIVENTA, a tenda de Cris abre este venres ás 22.30 en Salvaterra, na rúa Príncipe de Viana no centro, cun concerto de jazz e barra libre de sangría.
Ademais de roupa, bisutería de autor e complementos hai instrumentos e produtos musicais. Todo busca unha segunda vida, todo é parte dunha filosofía de volver usar para non devora-lo pouco planeta que nos queda; xa sabedes o consumismo is out....

miércoles, 13 de abril de 2011

Millenium I en Luou

Pasaron moitos anos ata que alguén descubriu o que pasou con Harriet, tamén pasaron quince para sabermos ou intuirmos que pasou en agosto de 2006 entre o Faro de Corrubedo, Compostela, Cotobade e Luou.
Quen é o culpable de que un sicópata como es poda andar solto por Galicia durante tres lustros? Unha pistola cargada en cada cuarto, un sprai paralizante tamén, gardadas as facturas de cal viva na caixa de caudais.
Unha familia que sofre impotente e un cadáver ou tres que xacen onde quizáis só saiba deus. E que carallo fallou para que este tío andara pola rúa coma se nada, pisara as mellores alfombras do país e campara prepotente coma se nada.
Así o jicho sorprendido estaba na semana pasada cando o detiveron, pero "se non me cacharon as outras veces, por que me han de cachar agora?".
Claro que non o tío este con tres cadáveres ás súas costas se cadra, tan campante que aínda ha de ir o típico xurado popular que o deixe ceibe....
E ás veces dan ganas de que nalgúns casos se lle poida aplicar a algún "jicho" destes unha droga desas que chaman da "verdá". Porque e se estamos ante o asasino múltiple que parece e o deixamos correr...
Non este sistema xudicial non me gusta, nin a min nin ós que estamos máis preto das vítimas que dos supostos culpables.

jueves, 7 de abril de 2011

Un asasino? entre nós

Era un rumor reiterado e persistente. Mira o cámara ese que vén de Santiago, ese é o sospeitoso da desaparición de María José Arcos. Parecía tan raro e surrealista que non era. Entre os cámaras da Española en Galicia habíaos míticos O Yáñez(xubilado), o Xcenic adicto ós sucesos, o irmán de Corina Porro entoutros.
Din que en San Marcos na TVE había redactoras que non querían traballar con el, que acosou maquilladoras e é sospeitoso tamén dunha desaparición en Pontevedra.
Era tan abraiante que parecía non ser verdá* , como podemos estar aquí na Xunta de Vigo, nunha xuntanza do metal co tío este que disque seica matou a esta muller... era tan macabro e ocorría nun país como o noso que é aparentemente avanzado que non podía ser.
Coido que se nós convivísemos cun rumor así non seríamos quen de sorrir coma se nada. Cando vemos que os demais andan a cobadazos, dicindo: mira parece que este foi o que matou a María José.
A vida vai sei guión, pero ás veces vai deixando pistas e estas parecen moitas e macabras...
Ogallá non fora certo que ó mellor non é. Pero o mal momento, o mal trago dos veciños da súa vivenda, dos colegas de San Marcos que o viron canda a policía nunha hipotética reconstrución do crime non o esquecerán nunca. Moitas veces nós convivimos cos asasinos supostos ou non, nos corredores dos xulgados nas salas de vistas ou na traseira da rúa Lalín. Pero convivir con eles nun corro deses que facemos para coller declaracións éche moi forte. Termar do micro de quen supostamente matou a esta muller é bastante forte.Normalmente asasinos e contadores de historias non compartimos plano. A realidade esixe un cambio de eixe.E a vida xoga ás veces estas tremendas pasadas.
O último día que coincidimos con el quería quedar a tomar algo canda nós. O ruxe -ruxe era tan forte e a historia tan atroz que non quixemos saber nada del.
No caso de que sexa que a matou que apodreza no cárcere e que diga onde está o cadáver.
E se non é el que nos perdone a todos porque levamos quince anos falando disto.

viernes, 1 de abril de 2011

Retrinque II, ficción

O corpo de Retrinque permanecía no Hospital Nicolás Peña á espera da segunda fase dunha autopsia que se prevía complicada. Convidaran o decano dos forenses de Vigo Manuel Robles(pai do mítico Manolitorrobles), e a moitos outros expertos. Pero aquel corpo de malacalidá "cadaverizara" de xeito raro. Nunca tal se vira. Se estiveramos noutro tempo se cadra dirían que era un corpo incorrupto. Parecía un corpo dunha boneca inchable. Bo, unha boneca inchable digna de perversos con gustos revirichados.
Fixéranlle unha chea de probas, pero nada claro saía delas. Entre as substancias químicas que atoparan estaban os restos de laca de unllas do chinés do Calvario e resto de sulfato do de bota-las patacas e trata-las viñas adquirido nunha tenda-bar da Estrada.
Os da Garda Civil estaban tolos. O delegado do goberno Antón Louro deixou o cargo o 1 de abril, e non foi porque competise pola alcaldía de Pontevedra, nin polo de Sonia Iglesias, non. Antón Louro non quería deixa-la máxima xefatura das forzas e corpos de seguridade do estado sen resolve-lo caso da Retrinque.
No eido policial aquilo era un desastre,nin Leo Caldas, nin Nivardo Castro,nin Horacio Dopico,nin Alberte Cudeiro lograron resolve-lo caso. A piques estiveron de chamar a Dan Brown, pero estaba na Bretaña.
Aquel era un dos casos máis raros do último século. Finalmente a un mes escaso das eleccións locais. Os forenses e as forzas policiais conviñeron que Retrinque caera a rebolos polas escadas do portal. Axiña choutaran do bolso coma se foran saltóns media ducia de cortaúnllas de pilas e de corda que comezaron a magoa-lo corpo daquel fedello humano.
Non había volta atrás. Xa ninguén quixo saber máis. O caso quedou pechado. E por fin o corpo de Retrinque descansou en paz.
Tivo un funeral xeitoso no Tanatorio de Emorvisa. Un operario de Pompas Fúnebres chamado Torqui foi o encargado de leva-las coroas de flores. Entre elas había unha do despacho no que traballaba Retrinque. Na parte dianteira puña. "Os teus compañeiros non esqueceremos nunca..... no reverso,nesa cara onde non hai flores e que permanece oculta ós curiosos a cinta continuaba...as putadas que nos fixeches".
Seica a encargara a outra secretaria do despacho.
Ai, ogallá non nos precisaras nunca, pero conta connosco sempre...

jueves, 31 de marzo de 2011

Mariano e o Mercadona

Cousas extranas da vida, nos últimos días ZP reuníase cos empresarios máis importantes de España que lle pediron que non se vaia, ou que non diga que se vai. Alá estaban o do Corte Inglés, o de Ferrovial, o do Santander e penso que o do BBVA.
Parvadas da política, ó día seguinte Mariano facíase fan dos outros "do empresariado do creador do Mercadona ou de Zara. Do home feito a si mesmo, dos pequenos empresarios que comezan con catro pesos nun pequeno local.
Ó mundo ó revés, os de esquerdas no Corte Inglés e Mariano, o Corto? no Mercadona. A nós xa sabedes, quédano-lo GADIS...

miércoles, 23 de marzo de 2011

O último trimestre

Soñaba con deixar de vez esa eterna sensación de último trimestre. Como Hugo, como Marcos. De deixa-las pasantías dunha vez, de pasa-los exames, os xuízos e outros asoballamentos. Pero parece que nós, os que nacimos nos felices? 70 temos que vivir así.
Porque a vida é circular e repítese ad eternum.Non haberá logo a acougo para nós? Mentres outros tiveron un bo contrato desde o primeiro día, consolidaron o seu posto 6 meses despois porque a empresa acababa de nacer, cobraban os seus trienios, e as súas horas extra. E mesmo agora poderán optar ás prazas creadas polos demais no caso de que lles gusten máis. Non, eles non suspenden nunca.Eles non senten xamais esa eterna sensación nosa de estar sempre a piques de supera-la última proba que non é nunca a derradeira. Como esas noites de copas que nunca acaban porque detrás, da última séguelle a seguinte e a última e a do final de verdá...

domingo, 13 de marzo de 2011

Retrinque; ficción

O corpo apareceu deitado nas escaleiras do bufete onde traballaba. Estaba cuberto de sangue. Ninguén vira nada. Alguén lle chantara un cortaunllas en varias partes do corpo. Parecía un diaño vermello, así boludo, recuberto dunha película vermella.
Ninguén vira nada. A cercana consulta de Lema e Bandín fíxolle un ADN, pero non atopou marcadores de ADN distintos ó da vella toupa naquel cortaunllas que ademais era seu.
Retrinque, alcumábana. Era unha toupa menopáusica e zoupona, malencarada e desordenada, envexosa, mentirosa e lianta. Calquera podería ter ganas de rematar coa vida da rata aquela.
Aquel traballador de Vulcano, subcontratado por Chorro Naval que perdeu o xuízo porque Retrinque perdeu os papeis; aquel funcionario do INEM que estaba farto daquela carroucha que o presionaba día sí e día non.Aqueloutro cliente que tivo que pagar tres veces máis porque Retrinque fixo mal a conta. O operario da calefacción que estaba farto de arranxar aquel vello sistema de climatización que segundo dicía Retrinque sempre estragaba Ana. E a propia Ana que aturaba impasible tódolos sufocos de Retrinque e os seus ataques de mala hostia.
Axiña chegou un equipo de televisión, que vos dicir, estaban alí ó lado no seis da Gran Vía. Andaban coma carrouchas detrás de calquera suceso de mediopelo, pero cando cheiraba a sangue, empalmábanse de vez...
Entrevistaron a tódolos veciños e of course, ninguén sabía nada, dicían dela que era unha boa persoa que tiña bo trato con todos e que levaba anos traballando naquel portal.
A científica tíñao ben difícil, eles si tiñas abondo sospeitosos. Ninguén quería a Retrinque.Os seus xefes estaban fartos dela, nin sabía prende-lo ordenador, os seus clientes non a podían ver, esquecíase de tódolos trámites e de tódalas facturas. A pobre Ana aturaba a duras penas as arcadas cada vez que escoitaba aquel clic-clic rítmico, aburdo e noxento ,cando Retrinque aproveitando os cuartos minguantes da lúa sacaba o cortaunllas e facíase a manicura alí naquel despacho da rúa Lepanto entre cliente e cliente...
E o seu home e a súa filla? Fartos esaban de Retrinque, sempre unha mala palabra, sempre unha crítica sempre un rictus de amargor e unha mala palabra...
Non, non; nin Grissom sería quen de descubrir quen matou a Retrinque....

viernes, 11 de marzo de 2011

Cousas que non saen na prensa

Hoxe coincidín con Zelia García nun chollo. Moitos a coñecederes; é/era a xefa de prensa da CIG, agora está de baixa non sei se por estrés ou por depresión ou porque non é quen de aturar tódolos días o maltrato diario verbal de Antolín e outros camaradas da sindicato nacionalista.
Zelia foi a xuízo por mobbing e perdeu, agora agarda triste na súa casa a que a boten do sindicato dunha puta vez para tentar reorganiza-la súa vida.
A súa noticia non a publicou ninguén, parecía un tema saboroso para os medios de dereitas e mesmo para O País, pero non foi.
Zelia perdeu o xuízo e se cadra perdeu o tempo, percorrendo as rúas de Vigo nas manis do naval, con aqueles que a trataban coma un can, mesmo diante doutras persoas.
O seu xuízo debeu ser como unha peli de Berlanga, ou mellor das modernas: sexo, mentiras e cintas de vídeo. Bon, sobre todo mentiras, e a presenza dun exmozo, tamén do sindicato que declarou contra ela...

domingo, 27 de febrero de 2011

Gilipoyas polo mundo III, "Os gafaspasta"

Os "gafaspasta" son o máis cool e trendy do planeta terra. Eles escoitan música do Spoitify, eles están o día das novas tendenzas. Escoitan jazz ou música new age, eles captan as modas emerxentes. Eles visitan Londres ou Budapest como quen visita a rúa do Príncipe. O gafapasta le libros raros: filosofía ou metanovela, o gafapasta fuma porros ou actúa como se os fumase. Acode a concertos indie na Sala Mondo ou na Pecera, e mesmo pode ter un grupo musical.
O gf le O País ou O público e busca a verdade baixo as pedras. Ás veces os gf teñen o cerebro plano como os televisores de Bang & Oflusen. No caso de ser premium o gf le tamén "Le monde diplomatique" ou "Terra e tempo"
O gafapasta ten un uniforme básico camiseta de raias tipo mariñeiro, pantalón vaqueiro ou negro e chaquetón azul. O gafapasta estará pendente en datas como hoxe da alfombra vermella do Kodak Theatre

domingo, 20 de febrero de 2011

Gilipoyas polo mundo II, "As chonis"

Hoxe en Gilipoyas polo mundo: "As chonis".
Van de fashion, e quedan na metade. As chonis son un tremendo andazo deste país. Pendentes de aro que parecen hula-hops, bolsos de plástico rechamante, pantalóns de panteira e chaquetóns de coello son pezas básicos do seu estilismo.
A choni masca chicle, si ou si, sempre e sempre; a Choni vai a Blanco tódalas semanas e ponse mechas e carda o pelo cada sete días tamén. Choni sábese de memoria o Cuore e o Sálveme de Luxe. O seu hábital favorito é o mercadiño de Bouzas ou o de Coia. Aí pode aquelar unhas cintas; agora CDs de Camela ou de Junko( jjj).
Ai as Chonis ou as Juanis que teñen ata a súa propia película....
Hai chonis na Pana ( Panadería) e na Para( Parafarmacia).
As Chonis son malas de seu. A Choni da Pana o outro día quitounos a barra de pan das mans porque non levabamos solto ( quen di solto, Lomana diría cash),a Choni da Para bota as empregadas cada quince días.
Ai as Chonis, non precisan formación, gabean polos pantalóns dalgúns parvos e como siguen subindo para que van estudar?
Ai, Choni, Choni subida a eses tacóns imposibles con esa camiseta "prensa", cari, a onde vas? O cerne do abismo das Chonis con banda sonora de M-80 e de Cadena Dial...

domingo, 13 de febrero de 2011

Gilipoyas polo mundo I, "Os pijos"

Hoxe en Gilipoyas polo mundo, "os pijos", unha caste social inútil e con conciencia de si mesmos.
Os pijos non valen para nada; o chollo consígueno coas influencias de papá, e todo lles cansa. Ós pijos non lles gusta ir a Zara ou a Stradivarius, eles non baixan de Massimo Dutti e de aí para o Norte.
Gústalles o golf e a navegación ou a hípica, os zapatos Tods e os reloxios Rolex.Todo o día pendurados do i Phone, do i Pad ou do twitter contando as súas andanzas de peirao en peirao de Baiona a Sanxenxo.Nunca os veredes cun libro, de non ser o de Josemi ou o Millenium...
En verán non saben artellar duas frases seguidas sen dicir Praia América ou San Vicente. Os pijos non se mesturan e chaman ós demais gañáns.
Os dramas dos pijos son demenciais: teño que traballar o sábado, escurecéuseme o pelo, ou non me gusta o bacallau.Teñen a alma baleira como o seu cerebro.
Na súa teima por separárense ou diferenciárense acuden á sanidade privada aínda que sexa peor. Alá paren, sacan os seus primeiros dentes, ou van dar a vara e a que lles rendan pleitesía que é o que lles mola.Programan o día do parto o día de Noiteboa e non entenden por que os médicos e as enfermeiras lles poñen mala cara...
Os pijos teñen moitos cartos ou iso din, pero nunca os levan enriba.
O público é unha peste para os pijos, todo debe ser privado: os colexios,os médicos...
Ós pijos non lles gusta chollar, pero encántalles ver como o fan os demais. Ir de compras os domingos, ou saíren a xantar. Gústalles ter servizo para ter a quen dar ordes e sentirses superiores que disto vai...Os pijos considéranse mellores ós demais e son máis falsos ca unha moneda da república.
Ai, que ben viviríamos de non haber pijos...

domingo, 6 de febrero de 2011

Entre San Epi e San Blas

A semana 7-14 de f deixounos historias surrealistas de seu. Unha banda de sindicalistas, mazados como "pulpos" supónse, asisten ó xantar de nadal de ce,ce, ó como ben dixera aquel gran mestre da comunicación. Si, van de xantar un 23 d e rematan na popularmente coñecida T 4 de Vigo. Un bar de putas a carón do aeroporto. Queren cobrarlles dez euros por entrar e tomar unha copiña e a eles parécelles un exceso. Por iso un deles, saca a faca, suiza e multiusos parece e aséstalles varias picadas ós porteiros; a un deles déixano ás portas do ceo, e ós dous ó día seguinte no hospital...
Foxen e non din nada sen decatárense de que foron gravados ás portas do local polas cámaras de seguridade.
O resto da historia, xa a coñecedes, estes chiños sempre zafan, sempre lle saen as falcatruadas by the face....
A xuíza do Porriño considera que uns jichiños que acoitelan a dous porteiros dun puticlub o día de noiteboa poden estar na rúa o día seguinte de seren cachados...
LUME!!!! Non teño máis que dicir.

miércoles, 26 de enero de 2011

As duas españas

A da patronal, e a dos sindicatos; a do ibuprofeno e a do paracetamol; a dos fachas e a dos roxos, a do Barça e a do Madrid; a do monte, e a da praia. A da vila e a da aldea. Os da Cope e os da SER.
Ó mellor non son compatibles, pero poden convivir, non?

sábado, 22 de enero de 2011

A botica do Alba

Xa é case, case tan famosa como a Farmacia de Guardia da tele. A botica do Alba, alias parafarmacia da rúa Torrente Ballester é un deses establecementos imprescindibles, alomenos* para o Grupo López.
U-las valerianas? A herba Luisa, a crema Ponds? As tiritas, o betadine ( ai que sería do crómer tan riquiño co seu goteiro), a auga osixenada...
Que sería de nós sen as farmacias ou as parafarmacias? Que sería de nós sen a Pitu e a Marce?
Sí, sí houbo boticas importanes, a de Perfecto Feijóo co seu mítico Ravachol en Pontevedra,a de Charro, a de Rubira,a Bescansa de Compostela. Todas van quedar en anécdota logo da apertura da farmacia de Pitu.
Alá onde estaba Concha Cuetos, alí a Pitu; alá onde estaba Larrañaga, O Paquito...Alá onde a Gata con botas o Vigonoche.
Ai, Pitu, Pitu, con qué pócimas nos vas deleitar? Con esas composicións maxistrais dacabalo entre Elisabeth Arden e Nivea.
Xa estou desexando ir mercar unhas herbas alí onde a Pitu.

domingo, 16 de enero de 2011

A coartada dos fillos

Nunha sociedade aberta,respectuosa coa vida de cadaquén e coas novas familias, co fenómeno dos singles; parece que estar só, non ter fillos ou parella parece estar penalizado.
Paréceme moi ben que o goberno e as empresas favorezan a aqueles que teñen fillos, pero non a costa dos demais.
Ter ou non fillos é unha decisión persoal e responsable que debería asumir quen a tomou, non o resto das persoas.
Coa excusa dos fillos hai xente que arrasa cos mellores horarios e as mellores vacacións. Parece que só se é pai nunhas horas determinadas do día e nas outras ese cometido pódese delegar en garderías, avós ou traballadoras do fogar.
Coñezo a moita xente que grazas ós seus fillos vive coma deus; mira o pobre con tantos fillos non o imos deixar sen chollo...
Coñezo xente que ten un fillo e que ten unha gardería, unha señora que o coida e aínda así precisa parte da xornada laboral.
No mundo das empresas vinculadas á política coñezo xente que cando gobernaban os seus, tanto daba o seu horario e o lugar de Galicia onde tiñan que traballar; unha vez afastados do poder, esixen traballar sete horas e en determinadas quendas. Agora os nenos catro anos maiores, catro anos máis tarde, son importantes.Antes, cal era a prioridade? Como facían?
O gran xesto das empresas de favorecer a súa conciliación familiar, a costa de quén se fai?
Algunhas veces teño escoitado,é que eu teño vida persoal! Unha persoa sen fillos ou sen parella, non ten vida persoal? Tomou esa posición vital para dedicar o seu tempo libre a traballar nas quendas que non queren os que teñen fillos?
Paréceme realmente alucinante e perverso, pero real.
Semella que os que non temos fillos estamos no mundo para iso. Polas tardes teño que estar co neno,as fins de semana non quero traballar porque así cadro co meu home...
E os demais? Cando se supón que os que non teñen fillos desenvolven a súa vida social, están cos seus amigos, coas súas parellas ou seus pais. Ou é que a nosa vida cotiza menos?Non precisamos horarios? Disponibilidade para coincidir, para facer a nosa vida?
Parece que non, seica nós os que decidimos non asumir responsabilidades, nin vínculos, nin fillos somos os que temos que pagar o custo social dos fillos dos demais. Porque eles non organizan a súa vida renunciando a nada, alá están os demais, os que non asumiron cargas para seren castigados para que nós gocemos da vida.
Sei dunha muller que non deu de mamar ó seu fillo porque se lle estragaban os peitos, convencida estou de que se o estrago non revertise no seu corpo, o seu neno sería aleitado con leite de muller...

domingo, 9 de enero de 2011

Puta pija, puta maruja e puta puta

Aí as tedes: puta pija, o sea, qué tal. Todo fenomenal,doado, nunca hai problemas para ela e se os hai resólvense arrasando por diante ós demais. Puta Maruja, qué dicir. Ir de médicos, ir de compras e pouco máis. Absurdas mulleres do século XXI.
E puta-puta coñecedes mil como ela, nin pija, nin maruja, pero moi puta e moi profesional.
Non son raras de atopar e ás veces son amigas.

Tía Julia, prima Patricia, e Genoveva

Seguramente Tía Julia pensou mil veces que cando Vargas Llosa recollera o Nobel, ela non estaría alí, como tampouco estivo Rosario de Camilo J Cela e sí Marina Castaño. Supoño que contería a rabia e a ira pensándoo.Pero a historia, esa historia tozuda e coñeira que tanto recrea Vargas Llosa nas súas deliciosas novelas, tennos preparados sempre golpes baixos e reviravoltas imposibles.
Tía Julia, primeiro amor de Varguitas, finada hai pouco máis dun ano, durme sobre unha nube, sorrindo pícara o seu abandono.
Prima Patricia ocupou o seu lugar no corazón de Vargas Llosa, ( hai que ver o Vargas Llosa e as teimas familiares).Pero as fotos e os flashes foron para os abrigos de veludo ou de visón, que máis dá, de Genoveva Casanova.
Nin as bágoas de Patricia baixo as nubes, nin os risos de Tía Julia sobre elas estragaron o rictus fotográfico da parva de Genoveva, sempre atenta a cada foto, fruncindo os fuciños toda sexy allea o discurso conmovedor....

miércoles, 5 de enero de 2011

Cos de sempre peor que nunca

Gobérnannos aqueles que xa o facían hai cinco anos, e o fixeron desde vinte anos atrás. Volven os malos modos, as mentiras e o silencio. Temos ó lado ademais nas beiravías a aqueles que mandaron hai catro anos e o pobo deixou nas súas casas tralo paso polas urnas. Andan enrabechados tentando demostrar que eles o farían mellor, cousa que non é certa, porque xa se viu.
Din que eles xestionarían mellor as listas de espera, a política de benestar ou a "pléyade" de empresas e entes de ámbito autonómico,fundacións,chiringuitos, furanchos e demais establecementos político-hostaleiros-familiares.
E nós qué? Abraiados no medio da rúa? Demasiado de dereitas para os de esquerdas, demasiado de esquerdas para os de dereitas. Vaia banda ésta! Parece que hai que vivir posuíndo a pureza ideolóxica que algúns esixen.Tanto uns como outros. Ninguén deles se decata de que calquera de nós pode votalos ou non. Quén coño pensarán que os vota? Os esqueletes de ultratumba ou ultramar, os que van as súas conferencias e sorrin coma se os votaran, os que acadan as súas subvencións e logo lles fan cortes de manga na intimidade.
Eles non o saben ,esquéceno ou non o queren saber pero somos nós quen poñemos e quitamos gobernos cun simple papel metido nun sobre. Cando votamos e cando non.Se cadra o saben porque ás veces nos intentan enganar e nalgunhas ocasións mesmo o consiguen.
E qué pasou cándo buscaron os nosos votos en 2005 ou en 2009 e non os atoparon. E qué pasará cando os busquen na primavera de 2011? Entón seremos nós quen avaliemos a eses burócratas de pacotilla, a eses goebbels, ou Ben Laden que outorgan carnets imaxinarios, ou nos inscriben en listas que deseñan na intimidade ( este é dos nosos e este é dos outros).Cando non saben que nós somos na medida do posible de nós mesmos, aínda que teñamos simpatía por algún que ben se ve de pouco vale.

lunes, 3 de enero de 2011

Ladilla cotilla y ardilla veloz

"Ladilla Cotilla" e "Ardilla veloz" forman un binomio perfecto. Son simbióticos. Traballan xuntos arreo. Un esculca, outro pregunta, os dous escoitan. Nun biotopo de podremia e putrefacción "Ladilla Cotilla" e "Ardilla Veloz" terán unha vida lonxeva e feliz.
Comparten polo de agora a mesma fin.