Vistas de página en total

miércoles, 30 de octubre de 2013

Una mujer de mentira

Todo en ella es irreal. Los labios, los pómulos; su vida sentimental, la historia de su hijo, su tinte de pelo, sus historias de espionaje con Método Tres. ¿Por qué deberíamos de pensar que la acción política de Alicia Sánchez Camacho es de verdad?

martes, 29 de octubre de 2013

Antonio Salas El año que trafique con mujeres


De putas por Nigeria

Chamábase Uniti Obo, alias Gift John e tiña vinte e tres anos, como tantas outras, entre elas a súa irmá ,exercía a prostitución na zona de Beiramar. O seu corpo apareceu aboiando nas augas de Bouzas en novembro de 2006 unha fin de semana, e deuse por morte natural. Nixeriana,inmigrante, pobre, negra e puta. Ninguén mirou por ela. Ningunha muller cae soa ó mar. Daquela sempre pensei que un cliente a matara, pero na poli insistían no accidente, que caera á auga sen máis. Parecía interesante investigar quen foi o seu último cliente, pero as forzas da orde decidiron que había demasiado ADN no seu corpo e que podería ser de calquera cliente anterior. Agora case sete anos despois semella que todo encaixa. A Policía recoñece que na captación destas mulleres tivo que ve-lo vudú. Esa seudorrelixión africana chea de ritos atávicos e na que elas cren con fe cega. Agora parece que se entende por qué aquela fin de semana case ninguén quería falar. Quen estivo nas honras fúnebres lembra as bágoas da súa irmá, e os ollos asexantes dos homes que as controlaban e que lles ían recolle-los cartos cada vinte minutos. Daquela non importaba. Agora sí. Agora sete anos despois, porque semella que hai orde gubernamental de reduci-lo número de estranxeiros, agora si que importa. Agora se investiga a mafia, a trata e a venda de mulleres. Agora tamén se vai investiga-la norte de Uniti Obo, por se algún proxeneta a matou. Agora sete anos despois, se cadra é demasiado tarde; ou se cadra non, porque probablemente xa sabían daquela quen a matou.

lunes, 28 de octubre de 2013

Me gusta el cine español

No entiendo por qué no les gusta el cine español. Si Montoro parece Filemón, y todos juntos parecen Pepe Gotera y Otilio. Si su acción de gobierno parece un spaguetti western, las tropelías de Bárcenas simulan las de Curro Jiménez. Es el cine español el que nos ha llevado al MOMA y a Mónaco. Son Almodóvar, Amenábar o Fernando León los que nos hacen interesantes a ojos de los demás. Pero nuestro gobierno prefiere pagar a una empresa para que decidan qué es la marca España. Y ellos apuestan por la Casa Real, por los toros, la bandera, por empresas obsoletas, enfín por la caspa y por la grasa en general. La España de paella, de sangría y Manolo Escobar. Y la verdad así conmigo que no cuenten; si es así yo estoy más con Albert Pla que con ellos. Y les recomendaría unos títulos muy acaídos además: " El Rey pasmado", "La puta del Rey",o "Coge el dinero y corre" (Esta es de Woody Allen pero pero podría haberla grabado aquí); y sobre todo ¿Qué he hecho yo para merecer esto?

sábado, 26 de octubre de 2013

Paramundo noticioso

Da igual la realidad. Nosotros seguimos con nuestras vainas.Los perros sueltos, los baches, los jabalíes que se jalan las cosechas y así...

"O coro do cárcere" ou "Encarcerados"

Hai cárceres e cárceres! O vello de Vigo na avenida de Madrid onde a xente quedaba tolleita pola humidade, o vellísimo da rúa do Príncipe no que disque aínda hoxe hai pantasmas e o novo da Lama, chamémoslle "A Lama Spa Resort" comparado cos anteriores. Aínda que os hai mellores.Son os Relaix Chateaux dos "trullos" Cando alguén importante comete un delito e ten que ir á cadea ;no caso de ir, non vai a calquera lugar, non. Mario Conde, Blesa, Mariano Rubio ou Roldán non foron á Lama nin a Pereiro de Aguiar. Iso no caso de ir, porque hainos que deberían entrar e non dan entrado ou saen nun pispás como o Blesa. Feijóo 009 fala de "Tarifa plana" por matar, referíndose á supensión da Doutrina Parot; pero o de Blesa máis que tarifa plana, se cadra foi prepago. Pero volvamos ó de antes. Se ti es un delincuente con caché con vas a Almussafes ou a Can Brians. Mándanche a Brieva aínda que sexas un home, ou a Soto del Real cun preso riquiño que che faga compaña. Algúns cárceres españois téñenme resonancias universitarias como El Dueso que parece o Deusto das prisións, ou "Alcalá Meco" que ben podería ser Alcalá de Henares. Son cárceres con nivel, onde podes coincidir con xente importante, aínda que non toda a que debería estar alí. Dalgunhas podes saír con título universitario e de todas segundo acabo de ver saes cando estás licenciado. " Gaudemos Igitur".

martes, 22 de octubre de 2013

Chonilandia

O imperio das chonis xa non ten volta atrás. Aí están as monster high e as monsters en xeral. Malia a chegada da Carbonero ó mundo dos blogs e as lovelypepas que no mundo son. o fenómeno non recúa. Só cómpre ve-las baldas de Inditex: cheas de skay, de veludo barato e de "polipiel"( qué postfranquista "polipiel"). Claro que Cris Hipocrática en vez de postfranquista diría "vintage" ou tonecha mellor?. O caso é que esta é una viaxe sen retorno: a velocidade superchónica!!

lunes, 21 de octubre de 2013

Marisabidillas e gobernichas

Lévoo dicindo desde hai tempo, pero un día vouno facer. Haiche xente moi goberneira por aí, moi mandarica que se meten onde ninguén as chama e un día voulles dici-lo que merecen. E o día que lles dea o corte que merecen igual teñen que amputar. "Y yo más" "Y yo más" "Y yo más". " Yo lo sé" e a verdade téñenme chea e o día menos pensado,xa saben :vounas mandar ó carallo, ó quinto pino ou onde sexa que non as volva ver máis!!! Porque aínda que non o pareza, a verdade contéñome moito.

viernes, 18 de octubre de 2013

Ataque de cuernos!!!

Cuando te ponen los cuernos, por lo menos que lo hagan a lo grande; con una famosa o con un tío. Que así mola más! De perdidos al río! Ya que duele, que duela tanto, que ya no sientas dolor!

jueves, 17 de octubre de 2013

Calós, paios e cipaios!!!

Tanto ver "Palabra de gitano" estáme a afectar nas neuronas. E xa non distingo os paios dos calós. Este xoves apareceu no choio, sempre temos visitas insólitas un home de trinta anos cun bebé branco, loiro, roibo e ben guapo. A verdade é que fitamos para o bebé. Ó home case nin o vimos. Viña buscando á súa muller, pero non sabía a onde viña. As dúas "cipaias" saían xa para o café. O café é sagrado. Os parias tomámolo de cinco minutos, os semiparias de dez e a raza aria de vinte a corenta minutos. Saían ó café e non miraron máis. E alí estaba o home, "un miñaxoia" con aquel bebé no colo. Era una nena e chamábase "Chanel". Cousas do chollo no "mercadillo". Decatámonos de que era xitanos despois, pero tanto ten non.Eu non son racista, non demasiado e os demais tampouco o deberían ser. Dixémoslle: pasa e chama á túa muller, a ver onde está. Só sabía que estaba nun sitio a carón do Pull & Bear.Non sabía de memoria o móbil da súa muller e non tiña batería no móbil. Deixámoslle que o cargara para poder ve-lo número da súa muller. Chanel sorría como nos anuncios. Finalmente o mozo falou coa súa muller. Estaba en "Red Madre" una oenegué de axuda á nais con problemas. Está no número dous da Gran Vía.Mirámolo na internet. O home déuno-las grazas e a pequeña Chanel tamén, aínda que fose co sorriso. A mágoa foi a bronca que aturamos, só porque quixemos axudar. - Por qué deixas entrar un xitano na oficina e lle deixas chamar? Porque estabas vendo todo. "Pipeando" para roubar. Iso si, desde o móbil, que é o que mola. Estou no móbil!!! Sempre é así. -Pois se non querías que pasase terllo dito ti, que aínda estabas aquí. Pero tiña moita présa por ir toma-lo café...!!!!

Putillas & patatillas

Hai un establecemento mítico en Vigo no que se vende un dos productos máis clásicos da cidá*. A "churrería Casablanca".Calquera vigués que se prece de selo, ou calquera estudoso do fenómeno vigués pasou algún día por este templo do tubérculo. Semella que sendo patacas, debía de estar en Ourense, pero en "patatillas" a estes non hai quen lles tusa. A súa costa empinada, clásica tamén do noso "biotopo" ou "hábitat" é percorrida día e noite para subir ó Corte Inglés para ir ó Centro de Saúde da rúa Cuba (que agora parece un pub), para baixar a vella estación de tren e ata hai case un mes, para ir de putas. Seica á clásica freiduría viguesa, saíulle un duro competidor no primeiro ou segundo andar. Un "meublé" con actividade febril día e noite. Seica a actividade do segundo duplicou as vendas no local. Porque máis dun despistado, ou cliente ó que as chatis lle tardaban en abrir pasou por Casablanca a facer tempo. A mercar patatillas, a disimular e mesmo a que non o vise a alguna amiga da súa muller. Hainos que dicían que ían á una próxima academia. Mágoa que non abría polas mañás, cando moitos acudían... O caso é que desde o mostrador moita bolsa se vendeu grazas ó Chingui Club. E todo era para que ninguén os pillara "nas patacas".

domingo, 13 de octubre de 2013

Más que dos carretas

Ya nadie sabe qué hacer para llamar la atención. Ya todo está visto, los neones y los tweets nos saturan. Por eso, es tiempo de volver a lo clásico, a lo atávico, a lo que siempre da resultado desde que el mundo es mundo. A una "performance" que hasta a los rancios haga girar la mirada. Y me da igual por qué protesten, pero han sabido acaparar la atención visual de un mundo lleno de bits, de píxeles y de frames. Y es que la carne, ésta, siempre vende, aunque sean veganos...

A fin dunha época

Moitos dos que se coñeceron en Vanitas celebraron os seus convites de voda no Castillo do Castro; agora xa ningún deles existe.

sábado, 5 de octubre de 2013

De Goián a Antícoli: Antonio Fernández; in memoriam

Algo pasa en Goián cando está inzado de pintores, escritores e artistas. Se cadra é a súa doce paisaxe arraiana ou o espello do Miño que o separa da terra de Cerveira. Un dos seus máis insignes pintores recibe estes días homenaxe do concello e das asociación culturais do lugar. Ata o vinte de outubro pódese ver no delicioso Centro Goianés ( que en dous anos cumplirá un século de vida) unha escolma da obra deste pintor amante da paisaxe e mentor do tamén goianés, Xabier Pousa. Nado en 1882 na vila Tomiñesa e finado tamén alá no 1970, Fernández deixou como os grandes fonda pegada nese lugar en que naceu. Contemporáneo de Benlliure e Sotomayor; Antonio viviu en París, Brasil e Italia. Os museos de Castrelos, e Fundacións como a María José Jove e a Xabier Pousa cederon obra para que a mostra fose posible. A exposición remata o vinte, pouco tempo é; pero durante doce meses Goián renderálle homenaxe ó pintor que tan ben a soubo retratar.

martes, 1 de octubre de 2013

Luis Enrique espabila mi amol

Disque Luis Enrique ten unha fórmula aprendida no Barça que aquí non funciona o 4-3-3. Disque non aspira máis que a que o equipo non baixe, moi cutre parece ese propósito. Desfacernos do Luis Enrique e do seu equipo, psicólogo incluído pode valernos dous millóns de euros porque asinaron por dous anos. Disque agora tamén que a hipotética fichaxe de Luis Enrique foi un bulo ben movido e que o Barça nunca pensou nel. Na época de interné* e das redes sociais poner un ruxe-ruxe en circulación apenas custa un can. E aquí temos o noso galán de culebrón, coas súas gafas de pastilleiro ou de autobuseiro ibicenco que vén sendo o mesmo. O noso Luis Enrique que leva menos de media ducia de capítulos e non consigue remontar; cando pasa iso nas canles de t.v cambian a programación.

Peixes low cost: entre o panga e a tilapia

Hai quen non toma peixes de cultivo e hai quen non os para de comer. Os rodaballos de piscifactoría ou as robalizas cultívanse aquí, aínda que sexa en cubas e coman piensos. Menos de fiar son os pangas ou as percas que se cultivan en Asia en augas de dubidosa salubridade e con tratamentos hormonais que nonn pasarían o test dun país do primeiro mundo. Este verán coñecín a "tilapia" nunca tal escoitara, mireina nun autoservicio dun hotel, estaba en filetes coido, pareceume esbrancuxado e sen xeito. Aquí en Vigo non se atreven con el. No mundo cultívana os chineses, os exipcios e os brasileiros... e como todo o barato arrasa. A min, non me apetece! Din que ademais a súa pel vale para facer zapatos,mesmo os famosos Manolos hainos de pel de tilapia. E tamén son eses peixes de tratamento dos pés. Cada vez apetece menos levalos ó prato!!!