Vistas de página en total

domingo, 28 de junio de 2020

Ezequiel de Barra

Este é Ezequiel de Barra; eu debía ser a única persoa de Galicia que non o coñecía; xa que estes días dixéronme de norte a sur: Ezequiel ? Ezequiel o de Barra? Ah ha ha!! Sentínme unha marciana ou unha astronauta. E hoxe foi o día que quedei con Ezquiel. Nado en Moaña hai preto de medio século, hai corenta anos Ezequiel foi un dos pioneiros de Barra. Cando chegou alí hai corenta anos aquilo estaba cheo se viñas e de leiras. Na praia podía haber nunha fin de semana unhas cincuenta persoas, aínda non había ponte de Rande; a silueta que o cambiou todo na bisbarra. Só uns elixidos coñecían e gozaban daquela praia. Contra os 70 a xente comezou a bañarse núa naquela praia ante o abraio dos paisanos, o daquela Goberno Civil da provincia de Pontevedra atendeu unha petición da Coordenadora Naturista de Galicia. Nos oitenta a moda estendeuse e houbo vivas polémicas entre paisanos, acampados, nudistas e o crego de Viñó. O crítico cultural de Faro de Vigo, Salva Rodríguez díxome hai anos que estando de prácticas na tele galega por aquel tempo case lle cae unha boa " marimba" dos veciños por dar voz ós naturistas. Hoxe todo iso é historia; cunha autoestrada percorrendo o litoral galego, unha autovía que nos une a Ourense e a Madrid; cun corredor que une aínda máis as dúas bandas da ría a amenaza é outra; a COVID 19 facilitou que o concello de Cangas quera restrinxir o acceso rodado ás súas praias máis rurais. Unha idea moi ben valorada en Cangas polos que non viven do turismo. Pero con ela van alá a actividade dos chiringuitos e dos máis de vinte e cinco leiraparquings que hai na localidade; e aí está Ezequiel, outra vez na loita! Aí o tedes por se aínda queda por aquí alguén tan paleto coma min que non o coñecese aínda...

2 comentarios:

  1. Xa somos dúas. Claro, teño a excusa de ser da Coruña e levar 15 anos fóra de Galicia, pero tampouco me sona dos 80 ou 90...

    Encantado, Ezequiel de Barra!

    ;)

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Eu non teño moita excusa, a verdá*

    ResponderEliminar