Vistas de página en total

domingo, 26 de diciembre de 2010

O secuestro dos Bolechas

Imaxínense que no ano 2000 crean vostedes uns bonecos de banda deseñada, protagonistas duns libros dos que se chegaron a vender máis dun millón de exemplares.
Son bonecos riquiños que protagonizan obras de teatro e de monicreques.
Son os famosos "Bolechas".Creados polo xenial Pepe Carreiro, Loli,Pili, Carlos,Braulio, Sonia, Tatá e Chispa acadaron o fervor dos cativos coas súas fazulas boludas e os seus peiteados imposibles.
Os Bolechas leváronnos de paseo por Compostela, pola Reconquista de Vigo e por unha chea de vilas máis desde Redondela ata Ortigueira. Agora eles xa non van viaxar máis.Están secuestrados nas gadoupas de Promocións Culturais Galegas S.A, ou da Edicións A Nosa Terra que foi quen os rexistrou.
Como moitos bonecos convertíronse nunha máquina de facer cartos.Pero uns cartos que non chegan ó peto do Pai Creador, a quen a editorial lle adebeda unha suma considerable de diñeiro.
O burato creado en "A nosa terra" pola pésima política económica e estratéxica dos medios de comunicación nacionalistas está sendo tapado polos cartos xerados polos Bolechas.
O concurso de acreedores rematou coa edición en papel de A nosa terra, curiosamente, o grupo empresarial tamén se fixo co nome senlleiro dunha cabeceira histórica do país, á que están deixando polo chan; ai se Castelao ou Manuel Murguía ergueran a cabeza...morrerían co susto!
Mentres os Bolechas seguirán secuestrados polo grupo editorial, mentres seu pai recupera os Barbanzóns...

viernes, 17 de diciembre de 2010

Balada triste de trompeta

Hai dezaoito anos que non se convocan oposicións na CRTVG.Desde entón a compañía usou unha chea de contratacións fraudulentas. Desde os contratos artísticos, ata botar a xente ó paro no verán para recontratarla en setembro, ou o peor dos casos subcontratalos a través de duas ou tres empresas intermedias cobrando a terceira parte do que cobra un empregado con contrato CRTVG e con horarios esclavistas e abusivos.
Todo isto se fixo coa connivencia de tódalas direccións e coido tamén que de tódolos comités de empresa que houbo que só protexeron os dereitos dos fixos. A meirande parte da xente que entrou de hai 18 anos para acó non ten recoñecida a antigüidade de cara a unhas oposicións, nin tampouco para gozar de trienios,ou outros beneficios.
Con este escenario o bipartito deixou de contratar vía ETT en San Marcos, pero pasou das delegacións, ás que quixo sacar das sedes oficiais da compañía en Vigo e na Coruña para que esa xente que levaba traballando na CRTVG desde hai 18 ou 20 anos seguise facéndoo de xeito precario e subcontratado. Ademais marxinou a estes empregados nas listas de contratación sen punto algún cando funcional e legalmente eran da compañía como acabaron dicindo os tribunais de xustiza. Porque logo dunha media de dez anos de subcontratación e explotación case un cento de traballadores destas delegacións reivindicou os seus dereitos nos xulgados e gañou a indefinición vía sentenza,a adscripción á CRTVG e o recoñecemento da antigüidade. Todo este proceso comezou en maio do 2006.
Aínda quedaban 50 compañeiros por denunciar esa situación de cesión ilegal porque seguían contratados por produtoras e empresas alleas, aínda que grazas ás denuncias dos demais as súas condicións salariais e laborais melloraran nos últimos anos.
O actual goberno galego optou polo xeito máis duro de arranxa-lo problema? Os 50 están de xeito ilegal traballando nas instalacións da compañía. Podíanos contratar de xeito legal para recompensar tantos anos de servizo; pero non, a compañía tirou pola rúa do medio.
Doutrina Bush: para que non haxa incendios, cortarei as árbores.
A dirección da compañía prohibiu o acceso ás sedes da CRTVG dun día para outro deses 50 traballadores que aínda non denunciaran para ser da compañía.Un garda xurado só deixou que pasasen acompañados dalguén a recoller as súas pertenzas. Ocorreu o 30 de novembro de 2010. As empresas que os contrataban despedíronos por baixo rendemento, a todos, qué casualidade! Non foron reubicados nesas produtoras que fixeron os falsos contratos para a CRTVG.
Agora o proceso continúa. A dirección quere desfacerse dos demais dun xeito legal. Convocando unha oposición que bote fóra a tódolos indefinidos por sentenza, que só levan no mellor dos casos 4 anos gozando dos dereitos laborais da compañía.
Nesa viaxe a dirección está acompañada polo comité de empresa que despois de case 20 anos de ilegalidades non considera axeitado que os indefinidos por sentenza sexan consolidados ou admitidos na empresa para resarcir os longos anos de explotación que foron recoñecidos nos xulgados.
O comité e ceros compañeiros pulan porque esas prazas creadas por sentenza saian a concurso. Hai casos dramáticos, curiosos e chocantes dalgún fixo que logo de 10 anos vivindo como deus grazas a un contratado que traballaba na súa delegación quere agora facerse coa praza que ese pobre desgraciado xerou grazas a súa sentenza xudicial. Iso sí todo cun sorriso nos beizos e esgrimindo o cumprimento da lei.
Da perversión da maioría dos procesos selectivos que houbo na CRTVG, sabedes todos abondo. Do pase de preguntas, do reparto entre partidos e sindicatos nada teñen que envexar ás oposicións na deputación de Ourense.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Segredos do corazón

Non deberiamos fiarnos daqueles que teñen como base do seu oficio a mentira, díxome.E son moitos.
Unha vella estación de buses de aldea,o vello Raúl xa case non rexe.Tiñamos pendente unha revolución e a revolución non foi tal.Ocorre en Madrid, no PC ou en Nicaragua.
E sempre queda un oco grande, un baleiro. Porque a revolución remata cando o guerrilleiro acada o obxectivo que non é outro que conquerir o sillón do dictador.

martes, 7 de diciembre de 2010

Estado de alarma

Mentres o ceo se para porque hai privilexiados que pensan que aínda non gañan abondo. Outros quedan sen choio, un garda xurado impídelles dun día pra outro volver ó que foi o seu posto de traballo.
Un asalto en toda regra, con forzas de ocupación, soldado, xeneral en xefe e esbirro.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Retrinque

Érase unha vez unha localidade chamada Vila Retrinque do Fax onde vivía un sapoconcho túzaro e deforme. Bebía sopa de unllas e rañaba no ouvído coa patilla da gafa.
Os seus conveciños saúdabana de lonxe para non sentir as arcadas noxentas que producía a súa presenza.
Vivía na rúa do Noxo, chea de "sovacóns". Era fea e ciumenta. E andaba todo o día conspirando e agochando papeis e xerando desacougo e malestar ó seu paso.
Sapoconcho tiña un fillo ó que educaba nos seus valores esenciais."Mira que sorte tes que es fillo único e así non tes que repartir con ningún irmán".
Sapoconcho traballa ou mellor dito pasa as horas centrais do día nunha oficina de Vigo, aínda que non sabe prender un ordenador. Alí garda as facturas nunha caixa vella de puros, onde as revolve e as confunde, pero dá igual porque sempre haberá a quen botarlle a culpa.
Será o sapoconcho unha especie en extinción? Haberá moitos ou só este? Ou non haberá ningún? Porque sería terrible que houbera alguén así!

jueves, 11 de noviembre de 2010

Do Vigo 2.0 ó Vigo 200 years old

Vigo foi un día unha cidade "troglo". Onde vivían os devanceiros dos devanceiros dos nosos bisavós.
Era aquel un Vicus tranquilo onde o home Calvariense a penas se relacionaba co Alcabrepitecus ou co Naviensderthal. Eran homes ceibes que convivían coa natureza e a respectaban.
Agora nos din que Vigo ten tan só 200 anos. Pode ser. Douscentos anos como cidade.O reto noso segue sendo deixar de ser troglos e comezar a ser Homo Sapiens.

martes, 9 de noviembre de 2010

Teoría sobre os fillos de puta

Igual hai máis; pero nun principio imos dividir os fillos de puta en duas clases. Os clásicos, os transparentes, ós que se lles ve vir.E os outros ademais de fillos de puta son raposos, falsos e cínicos. Véndente cun sorriso nos beizos dicíndoche que aínda te fan un favor. Dan clases de ética e de profesionalidade e actúan por detrás.Ou negan a realidade con cara de cemento armado.
Coñecer un fillo de puta é unha experiencia vulgar por repetida, porque calquera de nós bateu cun feixe deles ó longo da súa vida. Xa dicían os nosos avós que se estes especimes voasen o ceo non se vería.
No duro contexto laboral no que nos movemos os fillos de puta agroman como cogumelos, mestúranse coa paisaxe cambiando de cor cando lles convén, ou non de cor pero sí de comportamento.
Os fillos de puta mesmo poden estar sindicados e pertencer ó gran sindicato galego de fillos de puta....

viernes, 5 de noviembre de 2010

O bluf do BNG

O BNG foi durante moitos anos en Galicia o símbolo de que outro país era posible. O respecto polo idioma, pola paisaxe, a ética e a nobleza.
Logo do seu paso polo goberno galego viuse que non era así. Moitos dos que votaban outras opcións políticas respectábano e aprezábano. O BNG esmagou esa ilusión colectiva co seu paso polo goberno. Políticas desarrollistas en Vigo da man do PXOM. Políticas caciquís de Quintana e grisura intelectual.
Enchufismo e nepotismo salvaxe nas áreas que gobernaron: consorcio do Benestar, Xacobeo, e concurso eólico.
Aberrante política de comunicación co lanzamento de xornal a través dun construtor-amigo.Das chamadas ás redaccións de Antón Losada prohibindo cubrir actos ós medios que non daban a información como eles querían.
O paso do BNG polo goberno galego ten un recordo lamentable. Con el na área de industria vendeuse FENOSA e FADESA e nunca se chegou a facer o centro de reparación naval na ría de Vigo que tanto se anunciou. A súa política agraria a prol da pataca ou do leite dos que tanto falaban na oposición non se mirou. A política forestal ídem.
O cátering para os vellos, e as festas amenizadas por Piñeiro ó ritmo de pasodobre completaron a astracanada. Houbo ademais vellos secuestrados en plena campaña, obrigados e enganados a asistir a un mitin de Quintana nun coñecido hostal de Oia.
A gran clave da non reedición do bipartito foi a nefasta política do BNG que obtivo a súa recompensa nas urnas.
E así vai en caída libre. Co apoio do seu brazo sindical que só defende ós posuídores do carnet da estrela.
Mataron ó gran mentor, a Beiras. E o partido esfarélase: Movemento pola base, Irmandiños, Máis BNG, BNG auténtico e mil grupúsculos máis. Longa vida ó BNG, alí na oposición!

sábado, 30 de octubre de 2010

Louzán e Benidorm

O PP de Galicia en como referente ético o concello de Benidorm. O camabalache político desa vila desarrollista chea de estranxeiros prestos a beber cervexa, gústalles a Feijóo e Louzán.
Esa vila de vellos facendo taichi na praia.
Salvados por Benidorm. Hai anos que Feijóo e Louzán buscaban unha excusa barata para acoller no seu seo os falsos disidentes de Mos ou Gondomar. E velaí que a nai de Pajín fíxolles o favor.
Como os nenos pequenos que esgrimen a excusa de : todos o fan, a todos lles deixan... Cando eles nunca pensaron deixar de facelo.
Feijóo e Louzán están como Martínez Soria e Alfredo Landa,fascinados por Benidorm. A ver qué país nos deixan? Unhas praias sen dunas nin area nas que as toallas quedan á sombra dos edificios a partir das seis do serán.

viernes, 29 de octubre de 2010

Un cura coma Deus manda

Xesús Gago é un cura como deberían ser todos. Un home de Barro, sí de Porráns. Un tipo sinxelo e tímido que foxe de todo boato e de todo pote. Un home que foi querido en Lavadores e no Sagrado Corazón. Un cura de barrio que nunca buscou unha parroquia céntrica e o azar quixo que rematase nela. Un home que asumiu a reitoría do Seminario cando ninguén a quería.
Un cura que pelexou polos veciños de Guixar en xaneiro do 68 cando o barrio era pobre e estaba cheo de ratas. ( Sí Vigo tamén tivo o seu 68). Un home que se enfrontou co Alcalde Portanet que o chamou á súa cara: "mira el curita este"; que chegou a estar detido pola policía franquista por defender uns realoxos dignos cando RENFE se asentou en Guixar. Un home que fala galego porque é o idioma que escoitou desde o berce.
Un tipo tocado pola sorte, porque malia fuxir da apariencia, da sotana e da alta política rematou sendo o Vicario Xeral da Diocese.Un home que caeu polo oco dun ascensor e salvouse. Un crego que cando se foi do seu último destino parroquial lle regalaron un coche.
Un cura que como outros representa a unha Igrexa que existe lonxe da púrpura, e se cadra tamén lonxe do 6 N.

domingo, 10 de octubre de 2010

Belén Esteban, a vida en directo.

Aí a tedes: sabemos cada paso que dá. Se come polo ou hamburguesa, seguimos en directo a súa mudanza, a súa voda e as súas pelexas conxugais. É un boneco, un debuxo animado televisado en directo.
Estamos diante dun Gran Irmán ou máis ben dun Show de Truman no que o protagonista inocente non se decata ata o final que a súa vida está "on the air".
Nos últimos días, case case estivemos a piques de votar vía SMS se debía volver co seu home ou non.
Vímola discutir na parada do bus,lavarse os pés nas praias de Benidorm e escoitar cómo compra no chino ás lambetadas prá súa filla.
Sabemos que ten sillóns de masaxe deses que se ven nas feiras e mostras para estomballarse mentres se ve na tele. Sabemos se o zucre lle sube ou lle baixa, se se recurta o nariz ou as pálpebras.
Leváronnos ó tanatorio cando morreu seu pai, case,case ós pés da súa cama cando seu home lle puxo os cornos. Sabemos que votou ó PSOE e votará ó PP.
Sabémolo case todo dela. A súa vida é un show. Pero non deixa de ser unha vida baleira. Non hai nada mellor do que falar na televisión?
Non hai un tope, un límite na utilización das personaxes do papel couché? (Aínda que teñan contratos coas cadeas).
Pero aquí non, aquí non hai límite. O personaxe é usado e enaltenido ata o paroxismo. Antes cando un destes fichaba por unha cadea, a outra nin o mencionaba condenábao a un ostracismno feroz.
Pero non así con B.E , a galiña dos ovos de ouro, que os pon en directo, off course é criticada por A3 e contesta en T5. Realmente estomagante.

sábado, 2 de octubre de 2010

Empresas de duas velocidades

Dun tempo acó case tódalas grandes empresas teñen empregados clase A ou Bussiness Class e empregados Patulea Class. Falamos de Telefónica, Telecinco, TVG, o SERGAS, Antena 3 e mesmo ás veces a administración; seguro que máis.
Os empregados clase A gozan dunha chea de privilexios: tiques de comedor, horas-extra, quinquenios e días libres. Teñen horarios inamobibles e poden dicir que non, e a maioría deles son fixos. Gozan ademais da proteción do comité de empresa que protexe os seus dereitos ata a extenuación e a paranoia; pra que non se despeinen, pra que non sofran, pra que nunca queden sen café, pra que non padezan lesións musculares encárganlles repousapés ou repousapulsos.
Canda eles, compartindo nave, plató ou oficina están os desclasados os clase B. Sen apenas dereitos, sen tiquet de comedor, nin dereito a parquing. Roldando os 1.000 euros, sen horas extra, ni pagas extra.O seu horario é como un chicle que se pode estirar por atrás e por diante. "Vén ás sete, hoxe sairás contra ás once"
Os Patulea Class son necesarios pra que os Bussines Class vivan coma Deus. Por iso os comités non se preocupan por eles. Ten que haber comemerdas que fagan o que non queremos nós, e que saian baratiños. Miremos cara outro lado, mentres estes nos fan o chollo suxo.
Claro Telefónica, A3 ou as demais non poden pagar a todos o que eles cobran....
Por iso sempre haberá Sintels, Lavinias, ou Produtoras F ou X.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Leccións

Hai xa ben de anos que non estou nin na escola, nin na Universidade, que nin sequera estudo, e porén non deixo de recibir leccións. Sen as pedir: leccións de ética, leccións de vida ( de xente incluso que ten menos anos ca min).
O caso é que o nivel de soberbia e de falsa superioridade desas persoas que andan pola vida dando leccións dáme moito noxo.
O que deberían é de dar exemplo: exemplo de humildade, de solidariedade, de categoría humana,saber poñerse no lugar dos demais e recoñecer os seus múltiples erros.
Non esixir ós demais o que eles non fan, e non falar dunha falsa ética que só lles vale para conqueri-los seus obxectivos laborais e políticos e que unha vez conqueridos desaparece de vez.
Para todos aqueles que cren que o saben todo e que teñen razón sempre, só lles pido unha cousa, que a min non mo conten que non me importa. Que eu tamén teño unha verdade, que tamén considero inamobible e absoluta e que non quero sabe-la súa. Eu pola contra non vou darlles a miña lección.

martes, 14 de septiembre de 2010

O sofá, clave das relacións de parella

O sofá é unha das pezas esenciais dun fogar que se precie de selo. É un dos primeiros mobles que se adquiren para unha casa,se cadra logo da cama. Aínda que un sofá tamén serve para durmir e derivados.
Nos sofás desenvólvense as mellores escenas da vida cotiá do relax das parellas; tamén as discusións sobre o espazo ocupado ou polo o mando.
Hainos con forro pra que non se estraguen, con manta por se vai frío, con chaise longe por se presta estarricarse ou botar unha soneca.
O mito dos homes enviados a durmir ó sofá non parece ser tal. A maior parte deles van pró sofá motu propio pra non escoitar ó neno que chora, pra mazarse a ver a tele ata altas horas da madrugada ou pra non aturar a unha muller demasiado intensa que lle coma a cabeza horas antes de durmir. o sofá tamén agocha unha fuxida da comunicación, un aillamento.
O último caso que coñecín de home que durmía nun sofá porque lle prestaba, porque traballaba a quendas e non se afacía a durmir acompañado ou por qué sabe Deus qué,foi abandonado pola súa compañeira, farta desa non conversa, desa non relación, desa falta de agarimo antes de pecha-los ollos.
E el foise abofé que sí. Apenas levou nada da casa,nin a tele, nin a cámara, nin o ordenador. Pero aquel sofá preside agora a súa nova casa, onde outra compañeira o escoita roncar desde o cuarto de a lado do salón.

viernes, 27 de agosto de 2010

Imaxe de marca

As marcas invádeno todo. Cos seus logotipos, cos seus xeitos e deseños especiais. As marcas gabean polos plotters instalados nas salas de prensa polos micros e polas camisetas dos xogadores, as viseiras das súas mozas ou dos seus pais.Anagramas que campan nos photocalls e nas moscas das pantallas de televisión. A vida é unha marca cada vez máis grande. Fíxadevos senón como medraron os logos dos polos de Lacoste, Burberrys ou Lamartina, La Adolfina....
Sáturannos de vez. Lembrades as camisetas de amarras que inzaron Vigo nos oitenta? Son sustituidas agora polos Quechua do Decathlon nas lonas de praia ou nos polos e xerséis.
A imaxe de marca tamén é unha liña de deseño como o estilo Ikea. A imaxe de marca confúndese; ás veces hai quen pensou algunha vez que un bar se chamaba Keller ou Sprite ou Estrella Galicia, ou un quiosco Faro de Vigo.
Tamén hai quen pensou en Vigo nunha nova liña de mobiliario urbano: "Alcaldía": papeleiras, cinseiros, pulseiras pra non perder o neno na praia, camisetas pra ir á procesión, lonas de adorno, carpas de inauguración, cromas prás rodas de prensa e valos de obra.
Aquí todo é de Alcaldía; agora entendo a creba de Baygar, a mítica empresa vilagarciá de valos de obra...

miércoles, 25 de agosto de 2010

Le petit prince

"Le petit prince" é un pequeno príncipe soberbio. O pequeno Príncipe do Calvario. Desde cativo en Escolas Nieto xa era un pequeno cabrón. Capaz de aprenderse leccións aínda non explicadas para putear ou vacilar ó profesor.
O petit prince foi quen de vender ó seu mentor Manuel Soto e sacrificalo coa axuda do BNG. Maquiavélico e manipulador "Petit Prince" depurou censos, borrou afiliados e quixo estar sempre aí...
Pero non foi; podrido pola rabia, engreído pola súa capacidade. Petit prince busca sobre todo amolar, e tamén réditos políticos e supoño que económicos.
Coñecedor das cloacas da política, nelas nada e navega aproveitando ás fedorentas augas que as percorren.
Agora Petit Prince busca o seu último chollo, a caixa de Pandora.E levará por diante a quen sexa para conquerilo, enchido de dor, de soberbia e de rabia.

lunes, 23 de agosto de 2010

A vixencia de Machado

Roubado de "Campos de Castilla" ,redactado hai case 100 anos e vixente como se fose hoxe:


"El hombre de estos campos que incendia los pinares
y su despojo aguarda como botín de guerra,
antaño hubo raído los negros encinares,
talado los robustos robledos de la sierra.
Hoy ve a sus pobres hijos huyendo de sus lares;
la tempestad llevarse los limos de la tierra
por los sagrados ríos hacia los anchos mares;
y en páramos malditos trabaja, sufre y yerra.
Es hijo de una estirpe de rudos caminantes,
pastores que conducen sus hordas de merinos
a Extremadura fértil, rebaños trashumantes
que mancha el polvo y dora el sol de los caminos.
Pequeño,ágil,sufrido, los ojos de hombre astuto,
hundidos,recelosos,movibles; y trazadas
cual arco de ballesta, en el semblante enjuto
de pómulos salientes, las cejas muy pobladas.
Abunda el hombre malo del campo y de la aldea,
capaz de insanos vicios y crímenes bestiales,
que bajo el pardo sayo esconde un alma fea,
esclava de los sietes pecados capitales.
Los ojos siempre turbios de envidia o de tristeza,
guarda su presa y llora la que el vecino alcanza;
ni para su infortunio ni goza su riqueza;
le hieren y acongojan fortuna y maladanza.
El numen de estos campos es sanguinario y fiero:
al declinar la tarde,sobre el remoto alcor,
veréis agigantarse la forma de un arquero,
la forma de un inmenso centauro flechador.
Veréis llanuras bélicas y páramos de asceta
-no fue por estos campos el bíblico jardín-:
son tierras para el águila, un trozo de planeta
por donde cruza errane la sombra de Caín."


Verdades como puños, vixentes 100 anos despois.

A quinta do Peke

O Peke foi carne de canón desque naceu no Lavadores dos anos 70. O Peke creceu ó coidado dunha avoa e cun irmán maior que frecuentaba o establecemento hoteleiro estatal da marxe dereita da avenida de Madrid da cadea IP ( Institucións Penitenciarias).
O Peke medrou á caloriña do lumpen vigués da Brea, de Penís e do Calvario. Colega da Maradona, do Pulpo de dunha xeración perdida que se agochaba na casa da Ja na Brea Muiñeira. Ós trece anos xa coñeceu a vida de internado: O Avelino Montero de Ourense.
O pequeno dos Martíns Mendoza ten apelido de vello conde portugués, pero a súa vida decorreu entre atracos a bancos e a gasolineiras. Sempre en fuga, polo barrio vello, por Cabral, a tiros na Ruada, na vella fábrica de Regojo ou en Cedeira agochándose no Lemos.
Hai quen di que nacendo alí con aquel irmán, aquela avoa e case sen pais, o Peke pouco puido facer por endereitar a súa vida.

domingo, 15 de agosto de 2010

Le petit Napoléon

Le Petit Napoléon vive nunha pequena cidade-estado. No Sur do Norte. Petit Napoléon sempre lembra que foi ministro, aínda que o que lle acae é ser deus ou emperador. O Franquito de Ponteareas( terra esta de xíneas de caciques e déspotas inilustrados, gran berce do caudillismo comarcal)actúa como se estivese investido de autoridade divina, coma se só el estivese no mundo.
El inspirado por deus? actúa, decide, goberna; insta á Xunta, o Goberno Central,ó Europeo e ó mesmo Obama que quixo copiar a súa idea do AVE cando el o inventou...
Litlle Franco de Ponteareas non necesita interlocutores, nin compañeiros de goberno, só quere extras que o acompañen no seu NODO particular, na ficción na que vive.
Todos os demais somos figuración. O home-estado compara Teis co barrio de Salamanca. A praza do Rei con Xénova ou Milán e así ad eternum.
Ten sorte este home que ademais de Cidade-Estado ten océano e arquipélago ó seu dispor. Conta agora con exército propio: a policía local á que envía a loitar contra as "huestes" enemigas da Xunta. Alí ás portas da ETEA, símbolo da presenza en Vigo da Armada Española. Non ó deste home non ten parangón.
A mágoa é que el coa súa síndrome do emperador é se cadra o que mellor defende o tecido económico, social e industrial do noso Vigo.

miércoles, 14 de julio de 2010

Unha teoría das duas "rivieras" da ría de Vigo

Fácedeme un favor: situádevos mentalmente nas Illas Cíes mirando a San Simón.
Rive gauche: O Morrazo; rive droite: Val Miñor.
Duas línguas de area ben distintas. Polo sur:paseos marítimos, duchas, lavapés, cadeiras baixas, parasois e pareos. No norte: praias salvaxes,topless e toallas.
E na política qué? Rive gauche é moi gauche, bien sur e rive droie é bastante droite tamén... tópicos a parte. Bueno, é só unha teoría de verán.

martes, 13 de julio de 2010

Tirar da cadea

Cousas que disque ocorreron en Telecinco cando se contratou a Carbonero como se fose unha estrela, con cheque en man( en sentido figurado) para supera-lo que lle pagaban na Sexta. Disque pra que a redacción non se alporizara porque unha simple redactora cobrara tantos cartos se lle nomeou subdirectora de deportes da vella cadea amiga.
Disque cando ela se asustou porque lle parecía demasiado con 25? anos ser subdirectora de deportes.Algún dos dirixentes da canle lle dixo: -Non te preocupes, es tan guapa que aínda que te trabuques a audiencia cho vai perdonar.
O resto vímolo todos. Amais dos triunfos de España, a canle amiga colleitou uns escandalosos índices de audiencia, grazas a cebar a relación e o morbo de ver a Sara Carbonero e ó seu mozo a escasos metros ou a escasos centímetros.Aínda que o posto o puxese a FIFA, Telecinco poderíallo ter ofrecido a calquera outro redactor. TVE non explotaría dese xeito unha relación persoal e penso que outras canles tampouco.
Pode contar Sara con información privilexiada por ser o seu mozo da selección? Pode ter máis doadas as entrevistas porque é a moza dun compañeiro?
A polémica beneficiou á canle, que a explotou ata facer estourar os audímetros, tirou da cadea. Puxo en difíciles tesituras ós dous implicados. Estirou ata paranoia a tensión sexual, clave de tódalas narrativas audiovisuais sobre todo das de ficción. Desde o día un, día no que a cadea amiga deunos o plano compartido que tódolos paparazzi españois buscaban, houbo quen comentou, estes o que tiñan que facer é darse un bico aí, que é o que todos agardamos. Pero a crueldade da canle amiga deixounos á valga, facendo como que entrevistas a un descoñecido ou respostas a unha da CNN.
Para min ese sí que é o mérito destes dous. Aturar aí todo o mundial facendo como que non se coñecen, contendo a emoción, os nervios, a rabia ou as ganas de chantarse un bico. Con gran profesionalidade porque é difícil, outros evitarían facer un chollo así con grandes implicacións persoais. Pero a cadea favoreceu, guionizou e explotou o espectáculo. Ata que rematou como rematan as películas de grande taquillaxe cun bico.
Fano tamén outras cadeas, ceban o telelixo, pagan a personaxes basura para que conten a súa vida, a dos demais ou calquera ficcióm morbosa. Logo póñenos a parir en directo, como se estivesen revestidos dunha autoridade ética que non teñen. Porque eles favorecen e alimentan eses enxendros.
Que tiran das audiencias, tiran da cadea, coma calquera lixo...
Todo é xa espectáculo, e o espectáculo debe continuar....

viernes, 9 de julio de 2010

Cómo tratar un egoísta?

Non contar nunca con el. Facer cómo se non estivera. Os egoístas non existen. Só cando hai algo do que gozar, nunca cando fan falta. Os egoístas son como carrachas. Sempre vendo qué poden trincar, nunca ofrecendo nada. Puff, os egoístas habería que ter forzas dunha vez e tiralos ó lixo.

domingo, 4 de julio de 2010

As hamacas de Barra

Invaden a nosa area coas hamacas, os pedales e os parasoles de aluguer.
Non teñen límite, nin medida. Teñen alma de madrileños dos que non aturan a area. Se os deixamos actuar porán alfombras en Samil e fará un carreiro de cemento na praia de Rodas.

viernes, 2 de julio de 2010

Mal de altura

Hai xente que cre que naceu nun berce especial, que está tocado pola man de Deus e que hai cousas que nunca lle pasarán. Tamén consideran que polo seu pedigree, pola súa nacencia son superiores ós demais.Sempre teñen que quedar por enriba dos demais: ser máis listos, máis guapos e máis ricos.
O mal de altura é unha grave doenza psicolóxica que algún día se tratará. Provoca obsesións e dramas, a manía por aparentar e ás veces ruina...
Aburren. As súas posesións, os seus cargos, as persoas que coñecen.... non saben falar doutra cousa.
E a vida é máis sinxela e a humildade debería estar en alza.A apariencia e o alarde non levan a nada. A altura é algo do que se pode caer.Ogallá moitos non rematen esnafrados.

domingo, 27 de junio de 2010

Alma pirata, alma ilegal

Acaban de pillalos coas mans na dinamita. E parecían boas xentes do Berbés. Nun país como o noso que se move no gume do ilegal, xa nada nos estraña. O raro é que os deteñan.
En Galicia, tamén en España está moi interiorizado o comportamento ilegal e "destroyer" que nós os urbanitas de oficina non somos quen de entender. Pero todos estes comportamentos ilegais e destructivos teñen unha lóxica e unha razón.
Nunca se perseguiron en exceso e son hábito común. Por qué queimamos o bosque? Para non limpar? Para poder vender a madeira? Para recualificar, cambiar os usos do solo?
Cómo seguimos facendo o augardente e a matanza? Quen emite facturas aquí? Cómo se constrúe e cómo se vende o que se constrúe?
Non sei se as nosas leis son duras de máis, pero o claro e que aquí moitos non as cumpren ou as rodean.
Todo empeza por un: "mira isto vai así" "isto faino todo o mundo", "isto é o habitual". E aquí non pasa nada se ninguén te denuncia ( patrón de Baiona dixit).
Zafar impostos, comer xoubas ou luras máis pequenas do permitido. Xantar percebe ou centola en tempo de veda. Pagar en negro, currar sen casco, sen cofia ou sen mandil, vender de estraperlo ou traballar sen contrato,vender sen factura... quen de nós non fixo algo así..
Cómo poden convivir nas rías galegas cerqueiros con dinamita e sen?
Se aquí ata os snobs queren consumir discos e libros pola cara, onde os alcaldes son quen de asfaltar calzadas romanas ou botar abaixo murallas con dous séculos de historia ás súas costas.
Coido que isto era sabido que era práctica habitual e consentida. Entón por qué agora? Por qué a estes? Ogallá a resposta sexa que alguén decidiu matar a nosa ialma pirata de vez....

viernes, 25 de junio de 2010

Leti, Chinny e Sara

Tentar non ser nunca parte da noticia. Tentar ser ecuánime, independente. Rexeitar o traballo se ten implicacións persoais.Tentar non recibir regalos,non ter relación de amizade, non comer, non durmir? coas fontes. Tentar non facer unha entrevista a teu pai, ó teu mozo ou a un amigo.
Son vellas condutas éticas que se aprendían no vello xornalismo, na facultade de pedra na que eu estudiei.Alí gababan ó fillo do presidente dun equipo de fútbol que rexeitaba traballar no Marca seguindo ó equipo de seu pai, porque non lles parecía ético.
Pero agora,non; a festa comezou.
Carbonero, guapísima, profesional en pantalla,entrevista e sigue ó equipo do seu mozo. Nin empresa,nin a xornalista parecen ter reparo ético.
Non sei por qué outras cadeas ou outros medios nos furtaron espectáculos marabillosos: a entrevista de Letizia Ortiz ó Príncipe Felipe,a entrevista de Chinny Gámir a Núñez Feijóo, a entrevista de Gloria Lomana a Josep Piqué,a entrevista de Rodrigo Rato feita pola súa nova muller, xornalista económica...
Veña, a festa comezou!!! Benvidos ó novo xornalismo!!!
Un novo xornalismo que fai posible que os amantes da prensa deportiva e da prensa rosa pasen esta tarde xuntos no sofá...

domingo, 13 de junio de 2010

Xornalistas na trincheira.... política

Non me gustan os xornalistas con carnet, non me prestan.Repiten o discurso dos seus políticos de cabeceira, móvense ó son do himno do seu partido, levan a ascua á súa sardiña.Miran todo da cor do seu carnet. Gozan e sofren cos seus candidatos, gaban os seus logros e deslucen os dos demais.
Pero están moi de moda e son moi útiles para o poder. Agora os políticos xa non van ós debates, mandan ó seu avatar xornalístico e xa está. Eles falan mellor, son máis entretidos, máis áxiles e máis dinámicos, nótase que non pisan alfombra nin coche oficial. Toman café ó noso carón, fan a compra e siguen bañándose en praias masificadas, coñecen o mundo que nos rodea a todos.
Pero os avatares xornalísticos están en alza: nos almorzos de TVE, na Noria, nas mañás de Telecinco ou no Hai debate ou Foro aberto. Unhas veces predican- predicando e outras predican contestando, usurpando a voz política que nós deberiamos escoitar. Xa van sen caretas. Nos programas colócanse os de dereitas dunha banda e os de esquerdas enfronte.Tamén hai debates no que só levan a un de esquerdas para que sexa abaneado sen control polos dummies do PP. E mesmo xa na última escala da degradación. Hai debates, sen debate, nos que todos pensan igual.
Moito lles gustan ós políticos estes vasalos da palabra, que oh casualidade comparten toda a ideoloxía dos seus mentores e os pasos políticos que van dando. Qué casualidade, qué sinerxia, qué simbiose....!
Son políticos ou son xornalistas? Teñen un cerebro propio? Venden a súa voz, a súa pluma e a súa opinión?
Se cadra é por iso que nalgún medio da órbita pública cadaquén quere meter ós seus, miran con lupa o ano no que entran, o ano no que saen. Se é dos teus ou é dos meus, e mesmo queren a toda costa reparti-la tarta dunhas oposicións para seguir tendo soldados empotrados en tódalas trincheiras.
O de menos é quen quede nas gavias....

O meu colexio

O meu colexio, o colexio do meu barrio; alí aprendín moitas cousas. Pero hai duas que non esquezo. No meu colexio ensináronme a non mentir, pero ademais na miña escola os profes castigaban máis ó que se chivaba que ó que cometía a falcatruada.
Mágoa que logo estas cousas de pouco sirvan na vida.

domingo, 6 de junio de 2010

Gondomar III

E así estragan a nosa paisaxe e enchen os seus petos nun eterno retorno. Agora di o avogado do Álex que accións como esta da fiscalía son a causa da parálise da construción. (Manda carallo).
A punta do iceberg que puidemos ver no caso Gondomar é só a cabeza do gran xeo que ten uns inmensos alicerces que non vemos pero intuímos. Por qué non se lexisla cárcere para esta xentalla, por qué non se prohíben as recualificacións. Por qué o planeamento non é claro, contundente, diáfano, invariable durante anos. Por qué non se lexisla para que os cartos revirtan no propietario da terra aquel que herdou o terreo onde seu pai prantou pereiras e o seu avó vides? Por qué se beneficia a quen paga, ás persoas próximas ós políticos ou os "olleadores de solo".
Esta é a "Cousa Nosa". O noso territorio xestiónase desde a lei do silencio, os pagos baixo corda, e os planeamentos aberrantes a cambio de cartos.
Ás veces as bromas do destino ou as "putadas políticas" fan que un promotor pague ou faga unha contraprestación a cambio dunha edificabilidade e logo non chegue nunca a construir o que lle prometeron. Pasa iso no endiañado urbanismo vigués, onde o PXOM de Toba, Castrillo e o PP tirou ó monte a Pérez Mariño. Isto pasoulle a Karpin que pagou o novo Cluny e quedou cun vello colexio de uso escolar. Isto pasa en Madrid cando Esperanza Aguirre gabea a ata a presidencia da comunidade subida nun ladrillo que financiou a Tamayo e a Sáez.
Longa Vida ó fiscal Aladro!!!

Gondomar II

Un promotor próximo á Esquerda Galega, man dereita do exconcelleiro de Urbanismo de Vigo, Suso Costas acude cun micro de garavata e cámara botón á cafetería do Hotel Galicia cun sobre cheo de billetes seriados.
É o primeiro pagamento para que saia adiante unha urbanización gondomareña chamada "A Pousa". É un suborno esixido con reiteración polo concelleiro de cultura, coa conformidade do de urbanismo e coa ignorancia? do alcalde do PP Carlos Silva.
Son as cousas que pasan en moitos concellos de Galicia. A investigación da fiscalía paralizou en Gondomar unha urbanización na que se ía instalar un Mercadona e un Lidl. Un parque comercial.
Por fin temos constancia sonora de cómo se moven os fíos.
-Álex me dixo que te pedira 60, que ti me ías dar 40, así que o deixamos en 35 para que eu non quede mal. 10 para aprobación inicial co PXOM, 10 coa provisional e 15 coa definitiva. ( Manda carallo!).
Así se moven as engranaxes na sombra, así esán os promotores fartos, aburridos e quebrados. Así tardan tantos anos e ir para adiante os proxectos que ata cambian de nome varias veces: Continente, Carrefour.
Así as empresas teñen que introducir nos seus plans de viabilidade os cartos para o concelleiro... Así nos vai, sen Ikea, cos proxectos retrasados mil anos mentres os chalets, os barcos, ou as propiedades dos exalcaldes medran e medran. Hai que tiña un aparamento en Patos e agora ten un chalet no alto de Baiona.
Son como a mafia ou a camorra que estrangulan a economía do sur de Italia, porque as empresas lles daría para fabricar e para pagar empregados, pero creban porque teñen que pagar tamén á camorra e eses son cartos improdutivos.
Eles debuxan o solo con secretismo, eles comunican ós seus amigos que leiras hai que mercar porque van ser recualificadas,eles obterán os cartos para que eses proxectos cheguen á súa fin. Eles mercarán ó do PSOE, ó independente, ó escindido ou á nai que os pariu. Aquí hai cartos para todos, "aquí todos mollan". Mesmo para mercar o voto estranxeiro que garanta o noso "status quo" que sigamos sendo nós os que controlemos o bisnes, os que xestionemos a pedra angular e tódalas pedras, tódolos ladrillos.
Sinto noxo, danme arcadas. O alcalde non sabía nada, o partido non sabía nada?

Gondomar

- Ola Borja; son Mosquera.Temos que falar, temos que quedar axiña, hai que falar de cómo concretar iso....

-Estou con xente non podo falar.

-Ola Borja, son Mosquera; hai que falar. Nós non imos levar iso a pleno que lles beneficia a eles así sen máis. E ter que agardar ata o próximo pleno.

- Se hai que pagar se paga e xa está (Tucho).

- Penséi que me rebaixaran a edificabilidade para pedirme máis (Tucho).

- Manteno fóra (Alex).

-Vale tanto pagamos e punto...

- Imos ver se extendemos ó acordo ó PSOE e ós escindidos do PSOE.

- Penso que non é boa idea. Ó mellor por meter ó PSOE perdemos ós outros que son os que realmente nos apoian.

- Aquí de mollar, mollamos todos....

- Quere trinta e xa está.

Son algunhas das perlas escoitadas no xuizo do caso Gondomar. Un promotor provisto

lunes, 17 de mayo de 2010

A montaña máxica do Caurel

Soubou Uxío recrear as montañas no papel,
soubo Uxío darlle vida as fervenzas, as rochas e os regatos con sinestesias
e aliteracións.
Soubo Uxío facer literatura coa música do vento, o son das árbores, o silencio dos fiunchos e dos fentos.
Soubo Uxío facer da nosa natureza un bosque animista onde medran os libros. Un bosque que como todos en Galicia, moitos galegos están prestos a queimar.

lunes, 19 de abril de 2010

Dereitos de autor na U. de Vigo

Vou case tres veces á semana a un pequeno e coqueto establecemnento do centro de Vigo onde me atende case sempre unha atenta dependenta, que non sei por qué un día me dixo que era case doutora ou doutora, non lembro ben dunha carreira de ciencias.
Pasou case tres anos subindo ó CUVI ás catro da mañá, sorteando a néboa no inverno e os cabalos en verán, coido que ata tiña chave propia porque desas horas non hai bedel que che abra a facultade.
Anos de estudo, avance e laboratorio, anos de madrugóns de de vivir dos cartos de teus pais; e para qué ?para acabar nunha tenda ( ben coqueta e ben chic) pero de dependenta e para que parte dos datos da túa tese ou dos apuntamentos que ti tiñas para facela os empregue unha profesora da túa facultade para facer un traballo.Sen citarte sequera, claro! Co ben que lle viría ademais da tese, ter unha publicación científica de cara a obter puntos nunha oposición. Pero para que deslucir a súa investigación (pensa a catedrática) citando a todos os autores dos datos que roubou?
Isto é moi común, repítese no tempo, repítese en universidades, empresas e traballos. Pero isto non debería ser así pensa a miña amiga, mentres pasa a úlima fregona, antes de pechar o local.

jueves, 15 de abril de 2010

Colexios e colexios

Hoxe estiven no Colexio Público de Panxón por un problema de acoso por internet, a través do messenger.
O extorsionador esixíalles cartos ós cativos, e amenazábaos de morte aínda que eles non pensaron que ían ser asasinados.
O titor e a dirección do colexio avisaron ós pais e recomendáronlles vivamente que denunciaran o caso para tentar descubrfi-lo autor, penalizalo e atalla-la situación. Os resultados foron rápidos: hai dous días o acosador que enviaba correos desde antes de Semana Santa quedou neutralizado. Axiña se saberá quen foi. Disque puido ser un cativo porque manexaba fotos e información de dentro do colexio.
Detéñome no caso porque a dirección do cole en vez de ocultaro ou negalo:informa ós pais, animalos a actuar e PENSA EN PRIMEIRO LUGAR NOS DEREITOS E NO BENESTAR DOS CATIVOS.
É un comportamento que se me fai raro e extrano, a maioría dos colexios que foron noticia nos últimos tempos cando xorde un caso destas características agochano, e pechan filas coa persoa que o ocasiona para que non trascenda. Son os terribles casos de pederastia nas Calasancias, nos Maristas ou o do cura de Baredo hai anos.
Antes que tapar,negar, ou protexer o nome d colexio, está a protección dos nenos.
Un caso como estes pode ocorrer en calquera centro: un tolo, un psicópata un pederasta pode xurdir en calquera entorno. O que varía son as actitudes das direccións dos centros.Uns agochan, pechan filas e crean altos muros que desprotexen ós indefensos para preserva-la fama dos colexios. Outros como o CEIP de Panxón dan a cara, defenden ós nenos e animan ó pais a emprender accións legais para que remate a situación aínda que iso poda menoscabar a imaxe do colexio.
Se eu tivera un fillo gustaríame que tivese a sorte de estudar nun sitio así: onde a prioridade son eles, os feitos investíganse desde o día un, e me animasen a emprender accións que evitaran que o suceso se repetise e propiciaran o seu remate.
E é un sinxelo colexio público de Panxón, construido por Palacios e herdeiro da vella tradición do Colexio dos Orfos do Mar do Instituto Social da Mariña. Un centro no que dan clase entroutros Alfonso Álvarez Cáccamo e dirixe Alejandro Rouco.
Eles danlle mil voltas a moitos colexios privados que campan da boa educación que ofrecen e só tapan,"ningunean" e esquecen ás vítimas para protexer o nome do colexio, do cura ou do profe de mates.

domingo, 4 de abril de 2010

Allways Vigo

Poderían ter elixido calquer outra praia do mundo, pero elixiron a nosa: Rodas nas Illas Cíes.
Tiña a tiro fotográfico calquera lugar do mundo e boa parte do universo, pero elixiu fotografar a nosa ría. Por algo será, non?

jueves, 1 de abril de 2010

O noso amigo invisible

Todos temos un; é un ser eminentemente práctico, versátil. El nos informa de primeira man, el fai todas esas cousas que nós nunca fariamos.El cóntanos todas esas anécdotas inconfesables para que sigan "rulando" iso sí sempre con protagonista anónimo.
El entrou coa tarxeta do SERGAS en tódolos museos de Europa, el deixoulle a pagar ó avogado 600 ou 3.000 euros porque lle parecía excesivo o que lle cobraba.El pasou polo seu irmán pequeno, ou dixo que era o da limpeza cando non lle interesaba respostar a unha chamada.El cambiou o seu nome na internet. El asiste abraiado a capítulos reais de Sex in the city ou in the Falperra. Oh, o noso amigo invisible, qué faríamos nós sen el?

lunes, 29 de marzo de 2010

Cómo falan os fachas?

Os fachas trátanse de Don entre eles aínda que sexan amigos da infancia. Ola Don Pepe, Ola Don Ramón. Así expresan o importantes que son e a caste que teñen. Os fachas chaman gañán a calquera que se teña que gañar a vida dun xeito, manual, a alguén que non teña estudos, ou cartos, ou simplemente pedigree.
Os fachas din que os outros son os progres, porque os fachas están moi, moi desfasados. Pensan que vivimos aínda en maio do 68, que horror, non? Os fachas levan pantalón granate ou verde rechamante e gomina.
Os fachas dun tempo a esta parte teiman en chamarse liberais, que non o son abofé, son carcas, rancios e dictadores. Liberal na fala cotiá desde os anos oitenta usábase para todo o contrario que a ideoloxía troglo que aniña no cerebro dos fachas.
os fachas están felices coa TDT: zapean da Popular a Intereconomía, e a Veo TV, e a COPE, atopan o corpus ideolóxico para raiar todo o día no bar, no taxi e na rúa...
Ai, que linda sería a vida sen fachas....

domingo, 14 de marzo de 2010

Un goberno travesti

Todo comezou cando Feijóo foi ó entroido de Verín e vestiuse de: "guayabo", de "guajiro", de "chamaco", eu que sei; el abriu a espita, prendeu a mecha, marcou o camiño, a folla de ruta que din agora os horteras....
E a gran festa da camuflaxe comenzou, no día da muller Javier Guerra vístese como para ir na caravana do orgullo e a compañeira de Feijóo disfrázase de beata para ir ve-lo Papa, mágoa que non lle pedira a peineta a Aznar...
Se facemos un flash back perderon varias ocasións: vestirse de peliqueiros en Laza ou de Cigarróns en Verín,Pantallas en Xinzo, Madamas en Aldán, de Colón na Arribada, e de Pastorciños en Nadal. Que non se preocupen aínda quedan oportunidades de travestirse: a Reconquista de Vigo, os capirotes da Semana Santa ou de Pantasmas na próxima secuela de Ghost...
O caso é que hai quen di que os disfraces só serven para despistarnos do guión que segue este goberno que non acaba de coller o timón.

sábado, 13 de marzo de 2010

A maldición de FITUR

Non sei qué pasa en FITUR, qué estrano poder devastador exerce sobre os políticos galegos que perden o siso alá.
Primeiro foi don Manuel que case cae redondo no IFEMA, logo de percorrer stands coa súa velocidade febril. E agora é Roberto Varela, a gran fichaxe, o home de mundo, o diplomático que le unha aberración e non se decata, e mesmo o nega ata que aparece a cinta.
É incrible,pero se cadra certo que alguén redacta un discurso,outro pásalle o corrector ou tradutor e outro imprime, todos sin mirar; ninguén le o discurso ata que o fai o conselleiro, xa a micro aberto e cunha cámara indiscreta enfronte.
A anécdota incrible ocorre mentres o goberno galego pula por darlle ó idioma o perfil máis baixo que se poida, seguindo a ideoloxía de Gloria Lago,e agora xa o sabemos de Rosa Díez.
Dáme mágoa que a nosa xeración sexa a que mate ó galego, a que ó suba ó "Desván de los monjes".
Pero qué pasa en FITUR? Toman un "mojito" na de Cuba, un "margarita" no de México, e un vodka no Russian´s bar?
Porque nin Fraga, nin Varela viaxan no vóo de Louzanair, cero euros, fly by the face!con todos os alcaldes da bisbarra, que ese tamén sería un bo motivo para perde-lo sentido nada máis chegar a Baraxas.

domingo, 7 de marzo de 2010

Máis sobre Rosa Díez

Sempre respectei e defendín a Rosa Díez. Só porque admiro, respecto e podo comprender as derivas ideolóxicas das persoas que logo de almorzar baixan á rúa e antes de prende-lo coche agáchanse discretamente para ver se hai unha bomba nos baixos.
O medo produce evolucións políticas insospeitadas: heroísmos inútiles, ou abandonos comprensibles. Moitas veces pensei cántos galegos serían do PP se a súa vida estivese en perigo como ocorre no País Vasco. Sempre penséi que Rosa Díez estaba errada, segundo o meu criterio, pero que merecía respecto. Sempre, ata que nolo perdeu a nós.
Dixéranme hai tempo que a súa saída do PSOE fóra indecente que seguía sendo eurodeputada no partido de Pablo Iglesias ( un galego, no único sentido da palabra)mentres comezaba a liderar UPyD.Que sentaba nun queixo mentres trababa outro e que non abandonou o PSOE ata que conseguiu vivir do seu outro proxecto político; unha ética política(se isto existe na realidade, claro) máis que reprobable.
Agora utiliza o noso país, a nosa identidade para insultar, usando un vello tópico que xa ninguén manexa.
Non sei se no pobo onde naceu: Sodupe con catro mil habitantes, había tamén un barrio obreiro con casas de pobres que habitaran os galegos; non sei qué absurdos criterios de caste manexa, e se hai gradación de galegos: nefastos, pésimos, pobres e regulares. E se pode permitirse o luxo de cando quere dicir nefasto pode empregar galego como sinónimo.
Só sei que nos insultou e que ten que pedirnos perdón. Aquí está morta. A Galicia non terá a ousadía de volver.
Hai preto de dous anos tivo o morro de vir aquí a darnos leccións de cómo relacionarnos co noso idioma, un dos máis cultos de España e nos que máis produción literaria e máis elevada se fixo. Veu aquí sen coñecer a realidade lingüística nosa, moi distinta á de Euskadi, ou a de Catalunya, a azuzar un problema que para moitos de nós non existía. Naquela manifa foi do braceiro de destacados políticos do PP locais. Eu daquela tamén a defendín. Vivimos nun país libre e cadaquén que
exprese o que queira aínda que daba por feito que ela non coñecía a fondo a nosa realidade lingüística, de non ser pola peneira deformante do Mundo e da Cope.
Agora xa sabemos que pensa de nós, que somos o peor, o máis deningrante de España, que merecemos a desaparición como país que con políticos coma nós todo se vai ó carallo. O mellor para exterminarnos como país é deixarnos sen idioma.Eu non sei se os que foron de manifa con ela teñen as súas mesmas intencións porque para eles son máis galegos os cartos que as palabras.

sábado, 6 de febrero de 2010

Pousa, paisa, non me toques aquela caixa.

-E ti Caixanova ves aquí, libre, consciente e queres casar con Caixaga?
-Non quero dixo Caixanova.

Pero o cura era xordo.

-Hai alguén que queira expresar algo que evite este matrimonio: e falaron Gayoso, Abel, García Costas, Fernández Alvariño, Borrás, Otero Novas, ás veces Rajoy e soto voce o Banco de España e moitas xentes do común que son opinión pública tamén, inda que non se publiquen.

Pero o crego era xordo.


E o crego só miraba que as terras estaban próximas que ía ter máis tractores, máis vacas e máis cartos.... e o crego tirou para adiante....

Ata que alguén dixo que aquilo era un matrimonio nulo; e o crego que xa non era tan xordo se alporizou.

domingo, 24 de enero de 2010

O bluff do Xacobeo

Vai ser o Xacobeo a pedra angular que nos saque da crise? Coido que o Xacobeo non é máis que un evento para adentro. Ogallá que non; pero a publicidade é sobre todo en Galicia.
O investimento e gasto para acubillar DE BALDE a milleiros de peregrinos con escaso poder adquisitivo vai ser brutal.
Dáme a sensación que o turismo Xacobeo é sobre todo de pensionistas de Toledo, senderistas, estudantes, mochileiros, monxas e cregos. Paréceme que non vai ser a panacea que o presidente galego cree. Ogallá que non.
Tamén porán a producir eventos a xente que non ten nin idea que estragará o mercado e que perdera moitos cartos de Deus, e de tódolos galegos. Non, penso que non que o Xacobeo non nos compensa, igual son unha herexe....

Busco banco e aldea.

Nós os vilegos temos certa teima de rirnos da xente da aldea: os marulos, os paletos,oa pailáns....
Vémoos con certo aquel de superioridade, e cada día que pasa dámonos conta de canta razón teñen. Coas súas cautelas: respectando o ritmo do tempo: a choivas, a sementeira, as matanzas. Amoldándose e gozan do sol cando o hai,e comendo castañas cando hai frío. Aproveitando os residuos para abonar,aproveitando o somier para o peche; gardando os cartos baixo o colchón que non te pide explicacións cando os sacas de ahí, nin te cobra comisións.Desconfiando sempre, porque a nosa gran duda metódica librounos de moitos erros. Por iso e por todo o que está pasando no mundo financeiro galego cada vez entendo máis ós nosos labregos: os que votan ó cacique para telo de man, para que te arranxe a pista ( porque igual o outro non fai nada ou tira para el). Por iso e polo gran respecto que xa sinto por eles busco aldea e busco banco, pero mentres tanto vou plantar na miña ciberleira ó xeito deles: sobre todo patacas e viño...

domingo, 17 de enero de 2010

Vigo, teoría do caos.

Oh Vigo! Esa cidade sen historia, gris, dura e difícil; pero é a cidade de Galicia na que máis galegos, españois e estranxeiros deciden vivir.
Mal mirada, con óptica cutre, Vigo é a mellor cidade de Galicia, a que todos elixen, a máis aberta e cosmopolita.Na que case todo se pode facer sen que ninguén te mire mal.
Vigo a cidade co mellor clima, menos provinciana e máis aberta. Vigo que se ve no Atlántico cada mañá, que se ergue ás cinco e é quen de deitarse a esa hora tamén.
Vigo, deliciosa Nova Iorque galega na que todo nace. Co noso propio arquipélago p, co xornal veterano de España. Vigo, o lugar onde todo pode pasar.
Só os miopes, xordos, e autistas ven aquí o caos necesario para medraren eles.

sábado, 9 de enero de 2010

Tu quoque Brute fili mi

Antía Cal fundou a Escola Rosalía Castro, infundiulle o seu espírito e investiu alí os seus cartos cando tiña ben poucos. Isaac Díaz Pardo rescatou do esquecemento e recuperou a vella Sargadelos e deulle pulo ó IGI. Quén son Santiago Sineiro ou Segismundo García? Ninguén os coñece. Non lles dá vergoña quererse facer con empresas e institucións saídas do corazón e de certas personalidades irrepetibles.
Pasou o mesmo co BNG de Beiras, ós que el criou, educou ou mimou, afastárono da dirección do partido.
Non se decatan de que botan ó lixo a persoas que forman parte da esencia das empresas que fundaron. Son pobres mediocres que tentan facerse co control das obras inxentes que o xenio creador de outros soubo dar á luz....
Conspiran e traizoan ás persoas que lles deron acubillo e que apostaron por eles, ós seus pais culturais ou empresariais ou políticos.
Ante o abraio de quen os tivo no berce: "tu quoque Brute fili mi"

Sabichóns.

Sábeno todo. Eles teñen a resposta. Eles estiveron alí naquel momento preciso. Rexeitan e menosprezan a opinión dos demais, eles manexan a verdade absoluta, crense os gurús.
Hainos en tódolos campos: na universidade, no super ou no salón de peiteados. Dominan tendencias, fan predicións, e erran tantas veces como falan. Pontifican e nós abraiados non nos atrevemos a levarlle-la contraria por non aturalos. Deixámolos falar, difundir o seu saber, e facémonos os parvos, porque eles necesian o seu público, o seu auditorio, e pra iso estamos nós: os extras, a figuración dese soño delirante de grandeza no que viven eles.

domingo, 3 de enero de 2010

Vigo precisa un lobby

Ata agora nunca nos preocupou. Vigo carece dun lobby, dun establihsment forte e potente. Hai pequenos grupos de poder empresariais, sociais, xornalísticos e veciñais pero non son quen de actuar conxuntamente ou previr catástrofes, frear agresións ou evitar que os políticos ousen sequera verbaliza-la desaparición dos poucos servizos e institucións que Vigo ten.
Vigo moderna e cosmopolita carece de Casino e case case de Club de Golf no que conspirar; dicía Karina Fálagan que nos 70 e 80 os grandes acordos políticos callaban no seu local: O Lady Hamilton, e se cadra era verdade.
Á marxe de Clubes Financeiros almorzos empresariais organizados por empresas de pago, a maior gloria de quen patrocina económicamente os eventos, o diálogo social das forzas vivas de Vigo non existe ou é cada vez máis un diálogo de xordos.Unha situación que se agravou desde a chegada á alcadía do home máis egocéntrico, personalista, antidemocrático e soberbio que por alí pasou.
Nestas estamos érguendonos coa primeira luz, traballando e permanecendo alleos as leas de salón que cada 3 anos organizan en Pontevedra para pedir que non se nos conceda unha sala da audiencia, un xulgado do mercantil, ou unha mísera delegación da xunta que ó final conseguiron desvirtuar.
Na Galicia dos baltares e os louzáns, a nosa postura existencial está errada, nesta nosa vella Galicia cómpre que nós teñamos un lobby, inda que só sexa pra defendernos. Vigo sempre pensou que o goberno galego primaría ós mellores xestores, os que máis emprego, máis nacementos, máis cartos ou máis poboación atraen e non seguiría tendo en conta os vellos poderes fácticos herculinos ou composteláns.
Vigo necesita pedir de máis pra que nos dean o xusto, pra que non nos furten unha vez máis o que é noso e nos corresponde. Vigo precisa unha masa social que obrigue ó goberno galego a respectarnos e a non ter agallas sequera de verbalizar unha nova agresión.
Varios exemplos: Vigo quere unha catedral, unha escola de arquitectura e varias salas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ou é que non as merece?