Vistas de página en total

jueves, 16 de julio de 2015

Últimos días en Almirante Vierna Spa Resort

Qué xeito máis lindo de despedirse do noso mítico hospital que pasar uns días nel, antes de que peche. Antes de que a cafrada se consume.Estará toda triste Esperanza Aguirre porque a ela non se lle ocorreu pechar La Paz nin o 12 de Octubre para substituilos por esa rede de hospitais de pichiglás que ela creou na Comunidad de Madrid. Terá ousadía Feijóo de pechar o Juan Canalejo que tamén é moi vello,e o resto de hospitais da Coruña para substituílo por un gran hospital de atención pública e capital privado en Penamoa ou Arteixo? Non tal, son cousas que só pasan aquí en Vigo. O desastre avecíñase. As resonancias vanse facer nunha unidade móbil, nun camión en Beade como se fose o camión-escenario da Panorama. Por qué non as deixan no Meixoeiro? canda o laboratorio? Cómo lles gusta o " pendellismo" e o feísmo e a estética de cortello á xente esta!!! E qué vai pasar cando che fagan unha análise en Beade e a teñan que revisar en Bembrive ( Meixoeiro) e haxa atasco ou accidente? Iso tanto dá! " Despedida y cierre", eso es lo que les va! Oxalá nós tamén podamos despedir a alguén e pecharlle o negocio en outubro do ano que vén. Mentres tanto pasamos os últimos días no Almirante Vierna Spa Resort con permiso de Manuela Carmena.

domingo, 12 de julio de 2015

Noticias gastronómicas de Vigo

La reapertura de Maruja Limón en As Avenidas, la próxima nueva implantación de 100 montaditos en Plaza Compostela, y la nueva gerencia de La Taberna del Náutico por los dueños del Bar Decó de García Barbón son las noticias gastro del verano en Vigo. Un verano triste? en el que los turistas no podrán ya seguir la ruta gastronómica de Leo Caldas porque el Eligio cerró y creo que espera traspaso y el Bar Puerto está cerrado en Areal, pendiente de nueva ubicaciónen República Argentina. Qué nos queda pues? Ir a tomar una caña o un gin tonic a Marina Cíes, ex Karina Fálagan, un proyecto hiperarriesgado en un lugar con público de masas que no pide hamacas balinesas ni masajes tailandeses. O pagar dos euros por un café con hielo en barra en el Breadouro!!!!

lunes, 6 de julio de 2015

Cabalos e lobos, Fran P.Lorenzo

Segredos inconfesables, amores prohibidos, nazis, espías ingleses, consignatarias e ese Vigo inmenso como pano de fondo.O Vigo dos nosos pais e dos nosos avós. Cos seus cabarets: o Fontoira e o Brasil; os seus bailes: o Riomar Club Os vellos cinemas como o Cinema Radio ou o Rosalía de Castro. A Estación de RENFE e o Corte Inglés. A incipiente Gran Vía. E ese Vigo febril en que todo pode pasar, ese pequeno Nova York, marabilloso e cosmopolita.As relacións entre dous homes que se queren na época de Franco e na de Rajoy.Orixinal e moi ben escrita, a novela de Fran fai tamén un gran estudo psicolóxico das personaxes. A burguesa que vive unha vida-ficción, sempre ocultando as súas feblezas,e os seus problemas; a influencia do medo no franquismo.As mentiras de familia, os negocios turbios. E ese Vigo dos vellos apelidos, dos edificios de autor.Os Albo, os Santodomingo, os Barreras e os seus arquitectos sobre todo Castro Represas. A relación de Vigo co Cap Arcona, o vello Derby e mil cousas máis das que nos falaron os nosos pais e os nosos avós. Unha novela que paga a pena ler.