Hai tempo que a vida do Bahía naufragara. Enganchado á droga , facía pequenos e dedicábase ó furtivismo.
Roubaba polbo da lonxa e andaba coa mochila cun gancho para coller percebe, dixéronme que o fixera co mango dun rodillo de pintar.
E alá ía a Punta Chenlo polas noites a mariscar, alí gabeaba entre penedos e furnas na procura de percebe. E alí entre as rochas quedou, ata que o atopou un amigo.
Foi a fin dunha vida costa abaixo dun home que non fóra mal rapaz!!