A disolución dos Tonechos era unha boa nova. Era a desaparición dun humor cutre e patán que sacaba o peor de sí do rural galego.
Non o critico por rural.Hai un humor rural delicioso, enxebre e retranqueiro. Críticoo por básico e de barra de bar. Dese que só fai graza cunhas cuncas de máis considero que este humor cutre o chocalleiro fai moito dano ó noso país. Por poñer un exemplo:non teñen o mesmo nivel cantantes como Sabela ou María Montana (que desapareceron grazas a Deus) que fuxan os ventos. No meu modesto parecer unhas sacan o peor de nós, e outros pulan pola calidade da nosa música enxebre e polo mellor da nosa esencia galega.
Pero a noticia non é de todo boa. Disólvense sí, sepáranse, pero non se van;senón que actuarán por separado. É dicir, teremos o dobre de Tonechos que antes e eu non sei se o poderemos aturar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Hai quen pensa que a disolución dos Tonechos é unha metáfora do país.Agora en precampaña. É a separación do Milucho e do Quinocho, polo menos durante un tempo, mentres dure a pelexa polos votos e o seu afán por diferenciárense.
ResponderEliminar