Vistas de página en total

domingo, 8 de diciembre de 2013

As bromas macabras de Pepe Blanco

Hai moi pouco tempo Pepe Blanco ía de valedor de Vigo e de Galicia tamén;quería ser candidato e a sociatería de Vigotoda pulaba por facerse unha foto canda el. Era o home dos cartos e dos investimentos. Era o señor que penso algunha vez facer un aeródromo para Lugo nas Rozas. Foi o home que deixou a Vigo fóra do AVE, dese AVE de todoacén que se espetou en Angrois. Poden tamén, se queren ,botarlle a culpa do trazado ó maquinista, que máis dá! Pero agora o Pepe Blanco acaba de recoñecer que foi el quen apostou polo porto da Coruña como porto nodal. A verdade que con valedores como este en Vigo non precisamos inimigo ningún.

No hay comentarios:

Publicar un comentario