Vistas de página en total

jueves, 5 de junio de 2014

O home que "susurraba"ós viñedos

En Terras Gauda Emilio Rodríguez Canas, en Lagar de Fornelos Ángel Suárez, en tódalas adegas hai homes que falan baixo ós acios e tamén escoitan o que din.Viven colgados das predicións meteorolóxicas rogando que faga frío no inverno e calor no verán; contando cada gota de choiva cando cae fóra do tempo. Controlando a humidade, o vento e a calor...E nesta terra nosa que os termómetros semellan que andan coa menopausa, vivir pendente deles ten bo mérito abofé, e que aínda por riba consigan facer viños tan ricos que se venden a sesenta euros nos restaurantes de Dinamarca tamén o ten.Vivir colgado do vento e da choiva é o que ten!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario