domingo, 16 de julio de 2017
Atuado na braña, Xabier Quiroga
Logo de ler "Izan o da saca" agora en castelán: " La casa del nazi" de Xabier Quiroga arrasei en Andel de Vigo con todo o que había deste autor.
Así dei con "Atuado na braña" que acabo de rematar. Unha magnífica novela,moi ben escrita, en que Xabier Quiroga enceta unha nova búsqueda desta vez da man dun empresario do formigón. Unha historia inzada de intriga, de segredos de familia e de bo facer literario.
Cunhas magníficas descricións de paisaxes e dun lugar imaxinario? Ou mítico,ou polo menos que eu non atopei en ningures: o brañal de Bouzuás.Un lugar misterioso rexido por un estrano matriarcado e onde parece estar o cerne, o miolo do gran segredo da novela.
De apaixoante lectura, a confrontación entre dous mundos: o rural ancorado na posguerra e o urbano de capital de provincia e política caciquil e de influencias conviven nestas deliciosas páxinas que rematan cunha gran sorpresa ou traca final.
A forza do sangue, o poder das convencións sociais e do medo fan un explosivo combinado que será de gozoso consumo para os máis exquisitos padais literarios.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Se basaria en el presidente del Real Madrid?
ResponderEliminarSaludos
No creo Chaly!
ResponderEliminar