A miña nai que naceu en Vigo en 1933 chamaba ó Mercado do Progreso a Praza de arriba e ó Berbés a Praza de Abaixo. Eu nunca souben por qué e agora xa non llo podo preguntar. Supoño que porque nesta cidade en costa unha estaba arriba e outra abaixo.
Nunca se imaxinou que todo aquel Progreso deveníu nun mercado cool. Froita preparada para sacar no instagram, e baretos moi guais como o Ecoadega ou o Barrabasada. O Progreso non sei se quixo ser o San Miguel. Pero ata agora é moi Vigo. Os seus bares, o Pereira conxelados, o Froitas Nieves, o seu peixe, a súa cafeta cool. As da froita a Viki que ten queixos e a bonaerense tamén. E saiban que están de tarde, que xa nin excusa hai!
E sobre as noites do Urban Market das que tanto se di eu non vou falar , porque dun tempo a esta parte eu levo unha vida entre viejuna e vintage!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario