Así se chama el mesmo. Vicente é un artista. Coñecino de casualidade na estrada principal do acceso a Arbo. Chamárome a atención os seus Gervasios. Agora sei como se chaman cando os vin por primeira vez non sabía se eran cataventos ou espantallos. Agora sei tamén que son espantallos e que ten polo menos tres.
Logo ensinoume todo o museo que ten na casa con reproducións de pesqueiras, ou de muíños, unha marabilla. Merecedores dun lugar nun museo etnográfico local, no Olimpio Liste ou no Museo do Pobo Galego. Polo momento están no baixo da súa casa. Terán que convencer a Vicente para velos.
Máis sorte terán os que queren ver os Gervasios. Se se fixa un e pon o zoom vense desde a estrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario