viernes, 16 de agosto de 2024
In vino veritas
Pensan en Barro que grazas ó viño saberán a verdade. Sería pechar o círculo, certa xustiza poética. Alguén arrasou motoserra en man con case mil vides, algunhas moi vellas de gran valor.
Ás portas de setembro, a piques de recoller...
Estes temas vólvenme tola. Quén foi? Por qué? Un exsocio? Un extraballador?
Pois semella que non que aquí imos polo libro ou polo guión; ou os marcos ou os fitosanitarios; pásmense ben!! Sempre supostamente, sempre de quinta man, e sempre pendente de investigación... a verdade está aí fóra pendente de que alguén a confirme e a demostre, pero parece que vídeos hai... " que empiece la función"
Alí no lugar, no para min mítico Porráns, hai quen din que como eran varios é moi fácil que alguén fale logo de tomar varias cuncas que é o vicio deste o noso país. Xa saben: "era o viño miña nai"🎶🎼🎵
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario