viernes, 1 de noviembre de 2024
Historias de Compay
Foi aquí onde empezou todo, ou se cadra rematou. Porque aquí descansa o teu avó. Agora din que é o camposanto máis bonito de España pero ti e máis eu sabemos que non.Que son máis lindos Pereiró ou Cambados.
Nestas datas gustábache ir por alí. Algo que eu che botaba en cara cando me dicías que non había que sacar ós mortos das gabias. Eu arrepoñíache que a ti ben che gustaba ir a ver ó teu avó aínda que coido que case non o coñeceses.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)