Vistas de página en total

domingo, 22 de junio de 2025

O noso Marienbad. Mondariz Balneario

Hai lugares inxustamente esquecidos. Un deles é o Santuario da Peneda no monte do Viso en Redondela, unha xoia solitaria cunhas marabillosas vistas. E a outra e Mondariz Balneario que acolleu a principios do século pasado consellos de ministros e case,case unha corte de verán. Todo xorde grazas á auga, esa auga milagreira e curativa que segundo algúns xa descubriron os romanos. Dime o arqueólogo e experto local, Alberte Reboreda que as primeiras noticias do primeiro manancial: o de Troncoso, hoxe fonte en ruinas son de 1772 A primeira persoa de ciencia que se ocupa destas salutíferas augas foi o médico cacereño: Pedro Gómez de Bedoya(atención Bedoya non Bezoya) foi el quen fixo un cobizoso estudo sobre a hidroloxía galega. Foron os irmáns Peinador quen foron artífices da construción dunha vila termal cun gran hotel dúas fontes monumentais. Hoxe ocupámonos da de Troncoso que é a que precisa axuda urxente.
Cómpre lembrar ademais para min o enigmático incendio que asolou o gran hotel en 1973 cando o balneario xa estaba de capa caída... unha historia sobre a que escoitei unha ou dúas teorías conspirativas e nas que habería que afondar. E agora recupero aquí imaxes que saquei do libro: " A vida nos balnearios de Galicia" de María A. Leboreiro editado por Ir indo. Moi interesante e que fala dos outros grandes balnearios galegos,aínda que para nós os de Vigo este é o máis especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario