martes, 22 de julio de 2025
Sucedeu na raia
Todo o que ocorría naquel espazo de lindes difusos (raro en Galicia inzada de marcos) estaba rodeado dunha estrana nebulosa.
Se cadra eran as néboas, brétemas, borraxeiras dicían agora que emanaban do Miño.
Alí todos os límites estaban desdibuxados e calquera cousa podía pasar sen apenas consecuencias.O que non se podía facer dun lado facíase do outro.
O que non se podía mercar aquí mercábase alá. Xerando a sensación dun lugar libérrimo en que calquera cousa podía ocorrer. E así comezaron os contos da raia. De todas as raias.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario