Vistas de página en total

viernes, 10 de octubre de 2025

Tódalas historias da nosa ría

Onte dei co bote Manuel. Botaron o mar de Cesantes unha réplica do barco que salvou a centos de xudeos das gadoupas dos nazis e tamén valeu de barco de apoio para os exploradores Potter e Sténuit cando viñeron buscar na nosa ría os tesouros de Rande. Foron aquelas noites longas en que as veces o pai de Faustino Otero os tiña que ir buscar ó cabaret Fontoria e case case collelos no colo cando ían con varias copas de máis. Tamén onte me contaron o susto que levou Potter cando arribou a Vigo e viu a ría chea de bateas. Pensou que eran plataformas de apoio para a busca do tesouro, e que se lles adiantaran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario