Vistas de página en total

miércoles, 25 de marzo de 2026

Os descendentes da Collona…

... falo demoradamente na radio con Fiz Axeitos da Asociación do barrio histórico. Do Vigo vello, da festa da Reconquista. Das cantadeiras do Berbés e da lea que se montou na internet por unha canción sobre o famoso incendio da Porta do Sol en que se mencionaba unha froitería e o quiosco do maricón, moi famoso en Vigo no tempo dos nosos pais e avós. E nunha páxina de facebook alguén se mosqueaba porque era o neto da froiteira ou do maricón non sei. E a rebufo disto dime Fiz . Sí, sí a xente protesta. Hai nada chamounos un descendente da Collona? Cómo descendente da Collona se a ela lle gustaban as mulleres? Pois non sei, sería sobriño ou sobriño neto pero nos chamou para dicirnos que non tomemos o seu nome en van!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario