Vistas de página en total

jueves, 23 de abril de 2026

A difusa liña entre a vida e a morte…

Para os que non somos médicos o límite entre a vida e a morte é moi difuso. Os médicos din telo moi claeo mesmo os ultraconservadores coa vida. Hoxe traballando na radio entrevistei ó irmán dun mariñeiro dos que quedou no fondo do Pitanxo. A nai do finado foi atropelada en Vigo e estaba na UCI moi grave, os médicos queríana desconectar hai quince días; dicían que non viviría. Pero a súa familia no Perú non quixo; estaban xa preparando o seu enterro, e de súpeto reaccionou, hoxe está en planta; reacciona e sorri cando o seu fillo lle fala... non sei qué cara porán os médicos que dicían que non tiña solución. Ben sei que a ciencia médica non é infalible pero... Outra historia ocorreume case un mes antes de morrer miña nai; subín con ela ó Cunqueiro e metérona en Reanimación. Falou comigo unha médica moi amable que me preguntou: qué vida fai a túa nai? Malia ter ELA vía a televisión comigo, lía o Faro, falaba a súa maneira; lía o Hola ou o Lecturas... ía a un par de logopedas... E díxome a tipa toda seria; vale imos intentar reanimala!! Quedei de pedra!! Estaba calibrando comigo se pagaba a pena reanimala ou non, e decidíu que sí. Quedei en shock cos seus pendentes e aneis na man, ás portas daquela sala de REA da que conseguíu saír con vida... A vida é moi rara e a morte tamén , sobre todo para os que somos de letras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario