jueves, 18 de junio de 2026
O salvaxe asañamento contra a directora do CGAC
Qué carallo pasa neste país? Non vos gusta a nova directora do CGAC? Coñecédela? Eu si.
Xao dixestes mil veces! Xa o sabemos, pero é preciso dicilo a berros, facer escraches, insultala, ninguneala?
A quén habería que nomear segundo vós? Por qué non a deixades traballar?
Era preciso que un dinosauro ou dinosaura dirixise o CGAC?
Deixade espazo á xente nova, que tampouco é tan nova.
Hai que ter sesenta ou setenta anos para dirixir o CGAC? O que se vai fixo tan bo traballo que hai anos que non se escoita falar?
Eva López Tarrío qué problema ten? É de Vigo? É muller? Foi unha solvente directora do IES de Valadares ó que encumiou, é artista e foi comisaria de exposicións e feiras artísticas; deixémola traballar!!!
Todos podemos opinar claro que sí, pero entre opinar, pisotear, ou acosar hai diferencia.
Por iso eu quero defender perfís como o de Eva, e condenar o salvaxe ataque que se está perpetrando contra ela e a institución. Xa nos queda claro que algúns non vos gusta; pois a min sí. E paréceme brutal o asañamento que estivo a recibir Eva estes días. Por iso xa é hora de calardes e deixala traballar.
EVA LÓPEZ TARRíO
Doutora en Belas Artes pola Universidade de Salamanca 2010, tese sobresaínte cum laude sobre a Illa das Esculturas de Pontevedra.
López Tarrío foi parte activa na posta en marcha deste proxecto gabado pola experta en arte e natureza Colette Garraud. Traballou directamente con Robert Morris, Richard Long, Ian Hamilton Finlay, Giovanni Anselmo, Jenny Holzer, José Pedro Croft, Anne e Patrick Poirier, Ulrich Rückriem,Francisco Leiro, Dan Graham e outros.
Traballou na Colección Laxeiro en Vigo desde 1995. Obtivo unha cátedra de Artes Plásticas en ensino de Ensino Secundario, creou un modelo de Bacharelato Artístico no IES Valadares multipremiado.
Dirixíu e creo VARCO feira de arte contemporánea de Vigo.
Ademáis é pintora e escultora; deixémola facer!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario