Vistas de página en total

domingo, 12 de julio de 2026

Crise en Microsoft A Coruña

A empresa que traballa para eles na cidade herculina: Concentrix ten un cadro de persoal de 400 persoas. Agora queren botar a 80 a través dun despedimento colectivo nun ERE que notificaron vía email. Semella que é unha esixencia de Microsoft, único cliente. Desde o inicio da Facultade de Informática na Coruña en 1993 xerouse na cidade un interesante tecido deste tipo de empresas das que pouco se fala pero que son tan importantes nestes os nosos días. Todos dependemos delas. Sería unha mágoa que desaparecesen porque non as sabemos defender. Moito se fala do téxtil e da empresa da cebada pero pouco destoutro gran sector. Supoño que algo poderemos facer por el. Mañá luns haberá concentración desde as 13.30 ás 14.00 ás portas da empresa. E o día 15 ás once trinta en Delegación de Goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario