Vistas de página en total

jueves, 10 de septiembre de 2026

Cousas doutro tempo

A pasada fin de semana na SER ó mediodía necrolóxicas de Santiago, quedei abraiada, pensei que xa non existían. Dixéronme que eran un hit en moitas vilas, que daban moita audiencia por exemplo en Onda Cero Monforte. Impresionante eh? Hai un par de semanas falaba cunha coñecida de alguén que pertencía a unha organización relixiosa, e a miña interlocutora retrucoume. Non tal. Iso correuse por toda a empresa porque esa persoa vai por todo Santiago percorrendo todas as misas para ver se cadra co xefe para facerlle a pelotilla. Que vendo nos dicionarios do noso idioma vexo que se di mellor: "andar ó pucho" ou ser un lambecús.

No hay comentarios:

Publicar un comentario