Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta A nosa xente. O último bebé da illa de Cortegada. Don Juan de Borbón. Julio Iglesias.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa xente. O último bebé da illa de Cortegada. Don Juan de Borbón. Julio Iglesias.. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de junio de 2019

O derradeiro bebé da illa de Cortegada

Esta é Milucha. Rexenta a panadería Eugenio no Carril. Foi a última nena que naceu na illa onde o seu pai foi guardés. Os seus pais viviron alí sen luz nin auga corrente e cultivando un horto.
A illa foille "regalada" polos veciños, daquela maneira como o agasallo de Meirás a Franco, a Alfonso XIII, seica mediaron  os irmáns Deza e Poyán. Hai quen di que os propietarios que cobraron polos seus terreos gardaron os cartos na banca dos irmáns Deza que logo crebou e quedaron sen nada.
A intención dos carrilexos era que Alfonso XIII veranease na illa, cousa que nunca ocorreu.
Chegou D Juan de Borbón e vendeu a illa, a excusa que lle deu ó pai de Milucha foi que tiña que pagar un tratamento para a súa muller.
O pai de Milucha enfureceu e iso que se levaba moi ben co pai de Juan Carlos ó que visitaba en Estoril.
A illa tamén a quixo mercar Julio Iglesias, pero Eugenio, o pai de Milucha nunca o comentou con Don Juan porque pensou que a illa non se ía vender nunca. Tamén Eugenio tivo moito que ver en parar a superurbanización prevista para Cortegada que a querían converter nunha Toralla ou nunha Toxa.
E esta é a linda historia que me contou Milucha tomando un café na súa panadería do Carril, mentres despachaba empanadillas e " pistolas" de pan que en Vilagarcía son moi heavies e chámanlle "pistolas" ás baguettes.