Mostrando entradas con la etiqueta Alta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alta literatura. Mostrar todas las entradas
sábado, 28 de septiembre de 2013
Ardicia Editorial, un soño de papel
Rescatar do esquecemento os clásicos literarios europeos e volcalos por vez primeira ó castelán é a épica aventura na que se acaban de embarcar un grupo de amigos entre os que hai un xornalista,e un matemático pontevedrés.Así nace ARDICIA EDITORIAL.
Un proxecto que aínda é un bebé e que se bautizará este mércores dous de outubro ás oito do serán na Librería "LA CENTRAL DE CALLAO" na rúa Postigo de Madrid.
Ten mérito montar unha editorial en papel agora que case ninguén compra libros. Oxalá teñan sorte. Ardicia é un proxecto literario exquisito. Non sei quen será o crego deste bautizo, pero o padriño vai ser Luis Antonio de Villena.
Ardicia significa devezo,desexo... e é unha editorial independente acabada de nacer. Polo de agora só ten dous títulos.
MONSTRUOS PARISINOS de CATULLE MENDÈS e EL LIBRO DE JADE de Judith Gautier. Dito así Gautier soa a outra cousa pero malia estar casada, Gautier foi amante de Vítor Hugo e Richard Wagner e colega de Mallarmé, Flaubert e Sargent.
Pero ademáis ARDICIA é un pouco galega tamén. Porque un dos seus tradutores é de Pontevedra.Chámase José Manuel Ramos González e é profesor de mates no Instituto Xunqueira I da vila do Lérez.
Amante dos números e das palabras tamén Ramos González traduce nos seus ratos de lecer. El é parte vital deste novo proxecto literario que debería ter toda a sorte que merece.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)