Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Marín.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marín.. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de enero de 2020

Chamábanlle Cambiamarcos

Coidado co teu pasado, sempre pode aparecer. Podes converterte nun dos máis importantes armadores de Galicia con barcos en todo o mundo. Ser un señor que pasa da asociación agraria o club de iates. Pero todos lembrarán que cando eras mozo andabas a mover as lindes. Por iso sesenta anos despois, hoxe séguenche chamando Cambiamarcos. Non sí? Manuel Nores?

lunes, 13 de febrero de 2017

Colexios con protocolo de naufraxio

Hai colexios en que non se enteran de nada, agochan os problemas e non saben cómo reaccionar. Outros como o vetusto colexio dos Praceres de Marín noutrora berce do "señoritismo" e da fidalguía galega e española teñen un protocolo de naufraxios. Porque moitos dos seus alumnos perden os pais na mar. Sábeno e están preparados. Por iso se cadra están aplacando a dor que estes días sente a familia de Vicente Pazos que se perdeu no mar de Senegal.