Tal día como hoxe de hai corenta anos fedellaba eu nos armarios da miña avoa Gela, a nai do meu pai cando atopei unha caixa marrón, de cartón, atada con cordel ( adival?). Tiña un rótulo que puña: “ Misterio”. 😳
Eu non sei se daquela estaría chea de ler libros de Enyd Blyton ou qué, pero pensei que a miña avoa tiña un segredo inconfesable, penso que nin sequera fun quen de abrir a caixa. Deilla a alguén, non sei se foi á miña irmá ou a meu pai.
O Misterio esfarelouse en segundos, o Misterio segundo a tradición cristiá é “ todo o pack familiar do portal de Belén” . A Virxe, o San Xosé e o Neno Xesús; Misterio Resolto!
Mostrando entradas con la etiqueta Misterios familiares. Historias da miña familia.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Misterios familiares. Historias da miña familia.. Mostrar todas las entradas
domingo, 23 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)