Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Oubiña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oubiña. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de noviembre de 2018

A lenda da morte da muller de Oubiña

Logo de ver en Discovery Max o documental de Oubiña e a tese daquel taxista de que o accidente en que Esther Lago morreu puido ser provocado, lembrei unha vella historia, unha vella especulación.
Hai uns cantos anos unha persoa relacionada indirectamente co mundo do narcotráfico me dixo que estaba convencida de que Esther estaba viva e qué o accidente aquel fóra un paripé. Que era o único xeito de entender o ben asesoradas que estaban as súas fillas, que estaban intentando recuperar Baión coas mesmas “ mañas” e xeitos que o podería facer a súa nai. Que o accidente fora moi raro e qué ela saíra polo seu pé do coche é que mesmo entrara nun inmoble cercano...
Unha teoría moi estrana, pero eu que sei...