Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Prestige. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prestige. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de agosto de 2016

O lume, un fracaso colectivo

Hai quen di de broma, oxalá non sexa verdá; que agora toca o Baixo Miño e O Morrazo. Que sexan grandes superficies e que compense apagar; aínda que arrasen coas nosas vides e cebolas, iso dá igual. E segue sendo Galicia aquel país terceiro mundista onde parece que as forzas do mal e as catástrofes campan ás súas anchas.E ninguén fai nada, parece todo un castigo divino dun demiurgo superior. E que sós nos sentimos moitos galegos, e non se podía facer máis? Evitar, mimar o monte... sempre estamos sós!! Xa o estivemos cando o Prestige e agora volvemos estar sós. E para qué queremos un goberno así? Que só ve en nós unha fonte de financiación!