Moitos de vós coñeceredes a Tita, esa doce e sorrinte funcionaria que estivo moitísimos anos na antesala da alcaldía de Vigo. Con Manuel Pérez, con Lois Pérez Castrillo, nós os da prensa de Vigo pasamos horas canda ela, agardando que saísen de comisións de seguemento de obras como o cinto de circunvalamento co concelleiro Pablo Comesaña ou aquelas míticas xuntanzas do CES: Consello Económico Social de Vigo: a prol de Álvarez, do AVE ou de seguemento do Prestige.
Daquela pasábamos horas alí naqueles sillón de skai agardando a que saísen os participantes. E alí estaba Tita que nos deixaba o teléfono para chamar ós nosos medios cando case non había móbiles nos primeiros noventa.
Os sillón de skai e Tita desapareceron con Abel.
Non sei por qué. Pero esta semana Tita volveu a aquel seu posto de hai vinte anos ás portas da alcaldía. Fíxome moita ilusión vela alí.
- Olá, qué tal?
- Substituía a unha compañeira con permiso de quince días por voda.
- E díxome Tita: non demasiado ben.
Hoxe veu un cidadán que quería falar co alcalde xa , e eu non lle deixei pasar.Díxenlle que había que pedir cita. Estaba fóra de sí.
Empurroume, desprazoume varios metros,debeume ocasionar unha luxación no pescozo. Nunca tal me pasou; bueno, nunca non. Hai anos cando tamén estaba aquí na antesala da alcaldía embarazada de moitos meses un tolo de Cabral quíxome dar unha patada no ventre pero non foi quen,
daquela unha compañeira conseguiu “ placalo” e acabou ela cunha patada nas costas.
Isto que conto aconteceu o pasado xoves vinte de setembro no concello vigués.
Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos menores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sucesos menores. Mostrar todas las entradas
sábado, 22 de septiembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)