Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta historias que te contan por aí. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historias que te contan por aí. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de diciembre de 2018

Telmo, o fillo bravo

Telmo é fillo de solteirO. Sí leron ben. O solteiro era o seu pai que nunca casou. A súa nai sí o fixo, pero bastante despois de nacer el e con outro home e noutro país.
A historia de Telmo é unha de tantas abraiantes que te contan por aí en cualquera aldea, en calquera peirao.
Toda a Vila sabía quen era o pai de Telmo que tiña moitos cartos e que se portou moi ben con el, malia non recoñecelo legalmente, nin casar coa nai; algo que naqueles tempos era un castigo social sobre todo para a súa nai, pola moral católica que impregnaba os usos sociais daqueles tempos en España hai case sesenta anos.