Mostrando entradas con la etiqueta peixe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peixe. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de octubre de 2013
Peixes low cost: entre o panga e a tilapia
Hai quen non toma peixes de cultivo e hai quen non os para de comer.
Os rodaballos de piscifactoría ou as robalizas cultívanse aquí, aínda que sexa en cubas e coman piensos. Menos de fiar son os pangas ou as percas que se cultivan en Asia en augas de dubidosa salubridade e con tratamentos hormonais que nonn pasarían o test dun país do primeiro mundo.
Este verán coñecín a "tilapia" nunca tal escoitara, mireina nun autoservicio dun hotel, estaba en filetes coido, pareceume esbrancuxado e sen xeito. Aquí en Vigo non se atreven con el.
No mundo cultívana os chineses, os exipcios e os brasileiros... e como todo o barato arrasa.
A min, non me apetece!
Din que ademais a súa pel vale para facer zapatos,mesmo os famosos Manolos hainos de pel de tilapia. E tamén son eses peixes de tratamento dos pés. Cada vez apetece menos levalos ó prato!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)