Vistas de página en total

jueves, 20 de diciembre de 2018

Telmo, o fillo bravo

Telmo é fillo de solteirO. Sí leron ben. O solteiro era o seu pai que nunca casou. A súa nai sí o fixo, pero bastante despois de nacer el e con outro home e noutro país.
A historia de Telmo é unha de tantas abraiantes que te contan por aí en cualquera aldea, en calquera peirao.
Toda a Vila sabía quen era o pai de Telmo que tiña moitos cartos e que se portou moi ben con el, malia non recoñecelo legalmente, nin casar coa nai; algo que naqueles tempos era un castigo social sobre todo para a súa nai, pola moral católica que impregnaba os usos sociais daqueles tempos en España hai case sesenta anos.

martes, 18 de diciembre de 2018

O electricista da Movida de Vigo

Rescata hoxe do esquecemento Fernando Franco na súa columna do Faro a Alfonso Comesaña, un dos propietarios do mítico Kremlim de Coruxo. A min nin me sonaba, tampouco ó terceiro dono:Ricardo Lobato. A quen sí coñecimos todos foi a Bibiano Morón.
As reviravoltas da vida devolveron a Alfonso Comesaña ó seu traballo inicial: a electricidade.Logo de ser un recoñecido empresario da noite viguesa que puxo a Vigo no mapa sonoro nacional agora volve a ser "chispas".
A Fermando regaloulle unha camiseta do " Para Vigo me voy". Cántas persoas anónimas andan por aí e fixeron de Vigo unha gran referencia musical, iso sí, naqueles tempos.

domingo, 16 de diciembre de 2018

Açeitar o namoro!

Hai hoxe un ano que açeitei o namoro con Portugal. As súas ruelas estreitas e empedradas, os seus vellos cafés, os seus baldosíns. As marabillosas librerías dun lugar onde se rende culto ó libro e a palabra. O seu falar meloso e de vagariño. O exquisito respeto pola arquitectura vetusta duplocentenaria. Tanto temos que aprender... polo menos como eles a respetar as nosas esenzas!

martes, 11 de diciembre de 2018

Hasta el coño me tenéis

No se dieron cuenta de que los oía. Y rajaban a gusto. Sobre todo ella. Hasta el coño me tenéis les decía, aunque no acabó de escuchar por qué.

lunes, 10 de diciembre de 2018

viernes, 7 de diciembre de 2018

As ostras e A Pedra, o Vigo dos nosos pais

Estamos estragando o legado dos nosos pais.
Toda España sabía que Vigo tiña un mercado de produtos que viñan do mar, fóra da norma legal, do estraperlo quizais
A Pedra, as ostras. Onde alí nos cincuenta as nosas avoas ían por café ou penicilina. Onde logo os nosos pais foron a por tabaco ou transistores. Nos últimos tempos todo iso se perdeu. A Pedra case pechou. Todo o que se vendía alí véndese agora nos mercados de Bouzas, de San Cosme ou Cerveira; un pouco máis lonxe, pero todo segue igual...

jueves, 6 de diciembre de 2018

Constitución endomorfa e endeble

Unha monarquía corrupta, con dous reis e tres raíñas: a emérita, a demérita, e noiva ocasional do Juancarlos. Unha monarquía legada e deseñada pola “ momia” que así lle chaman os seus netos tamén. Un estado coas costuras rotas en Cataluña e políticos nos cárceres e fuxidos. Un estado autista ó que non lle gusta que votemos: monarquía/república; español/catalán.
Uns partidos políticos que unha vez votados esquecen a quen os votou. España é así!