Te dicen: salgo a las siete y media. Propones quedar a y treinta y cinco. No, es que no llego hasta las ocho y media y cuando dices vale a las ocho y media , te dicen que no estarán hasta las nueve. Los hay buenos en el Ars Safandi. Pena que no fuese para tomar unas copas que estarían en el punto a las siete y treinta y cinco!
miércoles, 16 de noviembre de 2022
domingo, 13 de noviembre de 2022
O noso Prestige
Menos mal que esquecimos todo o mal que o pasamos no Prestige. Chimpando de peirao en peirao, de praia a coído con botas de goma; mareadas como cubas dos efluvios do combustible, pasando frío, aturando insultos e ordes moi marcianas.
Foi entón cando coñecimos a Letizia se cadra indo a pé coas katiuskas e o traxe de auga do exército. Claro que nós íamos andando con aquel “ outfit” á Cantareira mentres que a ela a levaban no motocultor de Parques Nacionais e moitos do exército a coñecían.
Daquela lembro traballar fins de semana e semanas enteiras sen parar , indo ás sete para embarcar no Galicia e saíndo outra vez de casa ás tres da tarde para que non se nos fose a luz do día; daquela non cobrabamos extras nin nos deixaban librar.
Lembro algún xefe que daquela foi a ver a estrea dunha das pelis de Harry Potter e outro que me dixo tras dicir nunha información a porcentaxe de Cíes que estaba danada: qué van pensar meus pais en Ourense? E eu estiven a punto de lle dicir moi malamente, se os teus pais son de Ourense non irán ás Cíes irán a Samil.
E así mil aventuras máis que grazas a Deus fomos esquecendo, ata hoxe 20 años pasaron xa!!!