Un presidente de autonomía que vai a Madrid, unha xefa de prensa muller para todo que manipula á prensa a pracer, que solta bombas controladas para desactivar ás críticas e os escándalos máis graves.
Unha irmá do presidente que é xefa dunha empresa de seguridade e que afronta encargas de sangue.
Un lobby de poder integrado polo presidente dun banco, o presidente dun club náutico, e varios caciques.
Un estaleiro medio crebado, contratas hinchadas para unha visita do Papa, para a creación dun hospital semiprivado.
Estranas mortes, accidentes moi acaídos de persoas que ían contar certas verdades. Esta é a estarrecedora historia que narra Pedro Feijóo e que tem algúns aspectos que se parecen demasiado á realidade galega. Será todo verdá*?🤔