Vistas de página en total

martes, 16 de enero de 2024

Vigo confidencial

Sabiades que o un de decembro festivo en Portugal e superatacsco en Vigo os baños duns céntricos almacéns comerciais de Vigo colapsaron polo gran uso e houbo que pechar algúns ó uso para os traballadores e os grandes clientes? Sabiades que por fin esa gran área comercial vai ser reformada e o super vai estar á vista cunha cristaleira á rúa Ecuador? E por último sabíades que no sector dos salóns de peiteados de España están entrando as multinacionais?

lunes, 15 de enero de 2024

Todas as Galicias

-A que planta carballos e a que planta eucaliptos! -A que quere construir sobre as rochas e a que quere respetar a costa! - A que caza e a que ama os animais. - A que coida os animais e quen os ata, lles pon trampa ou pexas nos pés. - A que queima montes e a que os planta. - A que bota lixo ó mar e a que o recolle. - A que quere vivir de axudas e subvencións e a que quere autoxestionarse. - Os que constrúen onde e como lles peta e os que respetan a norma ou son máis meticulosos co ambiente. - Os que coidan a cultura ou os que pasan dela. - A que quere moito turismo e a que o quere bo. É o tempo de decidir quén queremos ser!!

sábado, 13 de enero de 2024

Galicia en pie

Cómpre elixir qué Galicia queremos! Se a das bestas ou q Galicia luminosa do futuro desa xente que é capaz de botarse ás praias para recoller pequenos anacos de plástico ou fuel. Mentres outros din que dá igual que do mesmo xeito que se comen, cáganse!