martes, 20 de febrero de 2024
A Galicia que pensa…
... había grandes expectativas de cambio que non se cumpriron. Cómo pode gañar as eleccións un señor que nin sequera vai ós debates?
As eternas preguntas de Galicia.
domingo, 18 de febrero de 2024
Tóxicos
Son los que más gritan, los que pisan a los demás, los que quieren imponer su verdad, los que hablan desde un plano de superioridad que nadie les ha otorgado. Los que tratan a los demás como figurantes.
Los que tienen envidia, los que se alegran de las desgracias de los demás. Los que critican a todos incluso a ti. Y es triste porque hay muchos más de los que parece.
sábado, 17 de febrero de 2024
viernes, 16 de febrero de 2024
Queremos que siga a campaña
Queremos bonos tódolos días. Queremos risos,queremos vídeos queremos hits musicais tódolos días!! Queremos seguir tendo a ilusión que outra Galicia é posible.
Queremos que toda España siga pendente de nós!!!
jueves, 15 de febrero de 2024
Somos xente
Por fin Galicia é tema. O noso país ocupa titulares e portadas.Somos importantes.Pero hai quen se empeña en falar de Euskadi ou Cataluña. É unha falta de respeto. Penso que unhas eleccións como estas con Galicia no punto de mira non se van repetir en moito tempo. Por iso é unha mágoa non falar das nosas cousas, dos nosos problemas, de sermos quen, de non ser sempre o cu do mundo ou simplemente de España. Gocemos do noso momento...
miércoles, 14 de febrero de 2024
Ventura Pérez Mariño, o alcalde que non deixaron ser…
Ventura Pérez Mariño morreu no peor momento político.
Xuíz da audiencia nacional, xuíz a secas, e avogado. Porén no puido ser alcalde durante máis de seis meses. Houbo xente que non o deixou. Lembro aquelas datas con terror. A pinza mediática que o poñía podre, queréndolle explicar quen manda aquí. O estrano pacto que o afastou da alcaldía que tanto custou electoralmente ós que o asinaron.
Botárono da alcaldía con malas artes, hai quen falou de mafia, pero saíu case en volandas e entre bicos de xente que non o votara.
Para moitos aquilo foi un roubo que se cadra se converteu en xustiza poética coa chegada de Abel durante tantos anos.
Hoxe como sempre todos o poñen nun pedestal, mesmo os que lle fixeron a vida imposible.
Qué raros somos!! Para min a súa morte tráeme o recordo un dos peores capítulos da política viguesa que case tiña esquecido, case, agora volveu agromar con toda a forza...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)