miércoles, 14 de febrero de 2024
Ventura Pérez Mariño, o alcalde que non deixaron ser…
Ventura Pérez Mariño morreu no peor momento político.
Xuíz da audiencia nacional, xuíz a secas, e avogado. Porén no puido ser alcalde durante máis de seis meses. Houbo xente que non o deixou. Lembro aquelas datas con terror. A pinza mediática que o poñía podre, queréndolle explicar quen manda aquí. O estrano pacto que o afastou da alcaldía que tanto custou electoralmente ós que o asinaron.
Botárono da alcaldía con malas artes, hai quen falou de mafia, pero saíu case en volandas e entre bicos de xente que non o votara.
Para moitos aquilo foi un roubo que se cadra se converteu en xustiza poética coa chegada de Abel durante tantos anos.
Hoxe como sempre todos o poñen nun pedestal, mesmo os que lle fixeron a vida imposible.
Qué raros somos!! Para min a súa morte tráeme o recordo un dos peores capítulos da política viguesa que case tiña esquecido, case, agora volveu agromar con toda a forza...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario