miércoles, 17 de septiembre de 2025
martes, 16 de septiembre de 2025
Tito Montoya; os nosos monstruos
Este é Tito Montoya. Un monstro en estado puro. En 2013 María saía as tres da mañá do vello hospital xeral cando esta besta inmunda lle pedíu un pitillo. Botouse enriba dela, violouna supostamente e non contento con iso obrigoulle a outras prácticas sexuais, quitoulle os cartos e as alfaias.
Fuxíu do lugar e estivo desaparecido do radar da xustiza dez anos.
Ata que un día roubou nun domicilio e deixou alí o seu ADN coincidente co da violación de anos antes.
Ladrón habitual, tamén parece que protagonizou outra agresión sexual brutal cunha muller secuestrada durante un mes coido que en Ponteareas. E aí o tedes!! Patalexando no xuízo porque non quere que lle saquen fotos. Canto medo pasei.
Mentres a súa vítima unha muller alegre e riquiña que tiña 51 anos cando ocorreron os feitos desenvolveu unha demencia temperá e tivo que ser internada nunha residencia.
Xulguen vostedes mesmos , eu non o deixaba saír do cárcere.
domingo, 14 de septiembre de 2025
Ni la más guapa, ni la que lo hacía mejor
Me dijeron que está rabiosa y que está acosando a su sucesora hasta casi desestabilizarla.
Eres lo puto peor chica, además de mala profesional,mala persona. A ti bien que te gustaba decir como Chimo Bayo: "esta sí, esta no" pues ahora chica alguien por encima de ti ha decidido que tú no. Y ahora te toca achantar.
Verán na Ulloa
É unha tenra peli de sobremesa das alemanas que puñan en TVE os domingos á tarde en que unha xornalista da Sexta e un empregado de banco loitan para que un fondo voitre portugués non poña unha celulosa altamente contaminante en Palas de Rei.
Manteñen unha loita sen cuartel para salvar o seu río e a súa forma de vida. Mentres os gobernantes non se sabe por qué estrana razón apostan por esta industria á que lle pretenden dar unha importante subvención.
Os nosos protagonistas consiguen implicar á Unión Europea e á UNESCO na salvación deste patrimonio único que estivo en grave perigo.
Como isto é unha peli de sobremesa o goberno e a pasteira recúan e onde ían poñer a empresa os nosos dous protagonistas montan unha granxa e un hoteliño rural.
Gustaríame que fose así unha peli de sobremesa e non unha peli de terror ou que fosen Os Pazos de Ulloa e non os de Altri!!
sábado, 13 de septiembre de 2025
Aprender a pasar página
Dejar de pensar en los viejos errores y olvidar algo que pasó hace veinte años. Porque hasta España ya es otra.
viernes, 12 de septiembre de 2025
miércoles, 10 de septiembre de 2025
Os últimos do wolframio…
Este é Antonio Penas naceu en Vila de Cruces e reside en Mos ten preto de oitenta anos . Con quince anos andou ó wolframio nas xa míticas minas de Fontao, o seu xefe aínda vive alí don Amable que se fixo cargo da electricidade das minas.
Convídanos a ir canda el a velas minas e o vello poboado. O seu pai morreu de silicose.
O Wolfram provocou en Galicia algo así como a febre do ouro.Os cartos abondaban e había xente que liaba os cigarros con billetes.
O contrabando era habitual neste mundo.
Antonio traballou tamén nas obras do Rebullón cando se converteu nun psiquiátrico.E tamén na construción do polígono de Coia.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


