domingo, 14 de septiembre de 2025
Verán na Ulloa
É unha tenra peli de sobremesa das alemanas que puñan en TVE os domingos á tarde en que unha xornalista da Sexta e un empregado de banco loitan para que un fondo voitre portugués non poña unha celulosa altamente contaminante en Palas de Rei.
Manteñen unha loita sen cuartel para salvar o seu río e a súa forma de vida. Mentres os gobernantes non se sabe por qué estrana razón apostan por esta industria á que lle pretenden dar unha importante subvención.
Os nosos protagonistas consiguen implicar á Unión Europea e á UNESCO na salvación deste patrimonio único que estivo en grave perigo.
Como isto é unha peli de sobremesa o goberno e a pasteira recúan e onde ían poñer a empresa os nosos dous protagonistas montan unha granxa e un hoteliño rural.
Gustaríame que fose así unha peli de sobremesa e non unha peli de terror ou que fosen Os Pazos de Ulloa e non os de Altri!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Que os teus soños se volvan realidade; e así os Pazos e mailo río sigan sendo da Ulloa e de toda Galiza, e non da pasteira cheirenta!
ResponderEliminarHabería que producir a peli!!🤣
ResponderEliminar