Vistas de página en total

lunes, 13 de octubre de 2025

Misterio en San Martiño de Moaña

Filloputez, ritos atávicos esotéricos, candomblé? Unha elipse no adro do templo, unha elipse que semella un petróglifo e na que se usou unha mecha, pólvora e lume, un soprete? Se é unha broma é moi pesada!!!

viernes, 10 de octubre de 2025

O fillo da mestra

El era un neno dos anos trinta en varias localidades galegas en que todos os nenos falaban galego, e el con eles. Ata que lle rifaban por falar naquel idioma porque era o fillo da mestra.

Tódalas historias da nosa ría

Onte dei co bote Manuel. Botaron o mar de Cesantes unha réplica do barco que salvou a centos de xudeos das gadoupas dos nazis e tamén valeu de barco de apoio para os exploradores Potter e Sténuit cando viñeron buscar na nosa ría os tesouros de Rande. Foron aquelas noites longas en que as veces o pai de Faustino Otero os tiña que ir buscar ó cabaret Fontoria e case case collelos no colo cando ían con varias copas de máis. Tamén onte me contaron o susto que levou Potter cando arribou a Vigo e viu a ría chea de bateas. Pensou que eran plataformas de apoio para a busca do tesouro, e que se lles adiantaran.